-
-
Fundado o 5 de xaneiro de 1919 no hotel Fürstenfelder Hof de Múnic por Anton Drexler, o DAP identificábase coa corrente nacionalista popular e racista coñecida como völkisch. Durante eses anos de posguerra apareceron moitos grupos deste tipo como resultado da impotencia xerada pola derrota na Primeira Guerra Mundial, sendo o DAP un máis deles, un grupo político pequeno e descoñecido que se reunía en cervexarías da cidade de Múnic.
-
O 24 de febreiro de 1920 celebrouse, a pedimento de Hitler, o primeiro mitin multitudinario do partido en Múnic, onde o mesmo Hitler leu os 25 puntos do Programa Nacionalsocialista, escritos por el e Anton Drexler e que pretendían, mesturando anticomunismo, pangermanismo e antisemitismo, gañarse ao proletariado para a causa nacionalista. Nesta mesma asemblea decidiuse o cambio de nome do movemento, pasando a denominarse «Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán».
-
Nunha reunión do Partido en Múnich, Hitler sale elexido Líder e Secretario Xeneral do NSDAP por votación interna, substituíndo a Anton Drexler, un dos seus fundadores.
-
Creadas por Hitler e Ermst Röhm, as Sturmabteilung, ou SA (Seccións de Asalto) naceron como unha milicia urbana dependente do Partido Nazi, que se encargaba de reventar folgas e de "manter o orde" nas rúas, combatendo aos comunistas e obreiros contarios á ideoloxía do NSDAP.
-
Ante o descontento xeneral dalgúns sectores da poboación co Goberno da República de Weimar, a crise económica, o aumento da hiperinflacción e a ocupación franco-belga do Ruhr, Hitler e os membros do NSDAP -basándose na Marcha sobre Roma de Mussolini- intentaron dar un Golpe de Estado en Múnich, que ao xestarse nunha cervecería recibiu o nome de "Putsch da Cervecería". O golpe foi un fracaso e Hitler foi arrestado e encarcerado.
-
Mentres se atopaba no cárcere, Hitler escribiu a "Biblia" do Nacionalsocialismo, a obra de ensaio Mein Kampf (A miña loita), escrito no que Hitler sentou as bases da teoría de Goberno que levaría a cabo anos despois -antisemitismo, racismo, rearme, conquistas en Europa- ao mesmo tempo que narraba con tintes autobiagráficos a súa vida, o seu papel na Gran Guerra de 1914-1918 e o seu ascenso á presidencia do NSDAP.
-
As eleccións federais de Alemaña de xullo de 1932 celebráronse co propósito de elixir os membros do sétimo Reichstag republicano. Aínda que non conseguiu gañar, o Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán liderado por Adolf Hitler, logrou posicionarse por primeira vez como a primeira forza política de Alemaña ao obter o 37.27% dos votos e unha primeira minoría de 230 escanos. Con todo, achouse lonxe de obter maioría absoluta, para a que eran necesarios 305 escanos de 608 posibles.
-
Franz von Papen, Canciller da República e líder do Partido de Centro Católico Alemán, buscou pactar con Hitler tras as eleccións de xullo para formar goberno, xa que a maioría simple do Partido de Centro non lle permitía formar o Executivo. Hitler negouse e celebrou unha moción de censura contra Papen, que falto de aopios viuse obrigado a disolver o Parlamento e convocar eleccións. Nas eleccións de novembro o NSAP, pese a perder preto de 2 millóns de votos, consolidouse como forza política.
-