-
O austríaco Adolf Hitler foi o creador da ideoloxía fascista; tras combater na I GM co exército alemán e sentir fortes resentimentos coa súa derrota, comezou a formar parte do Partido Obreiro Alemán, o cal tiña unha ideoloxía de ultra dereita.
-
O antigo partido cambiou a súa denominación e tamén o seu programa; este, redactado por Hitler estaba formado polos 25 puntos, nos que se anticipan obxectivos da súa política entre os cales destacan a derrogación do tratado de Versalles (considérao un diktat) e o antisemitismo (forma racista dirixida ós xudeus).
-
A estas alturas Hitler xa era o xefe indicutible do partido, exaltando a nación alemá coa cruz gammada e as súas Seccións de Asalto (SA) que perseguían de forma violenta os inimigos políticos e a oposición.
-
Hitler organizou un golpe de Estado apoiado polos demáis dirixentes nazis aproveitando a inestable situación alemá: debilidade dos gobernos da República, entrada das tropas franco-belgas, paro, hiperinflación... Todos eles foron encarceados.
Durante a súa condena, Hitler escribiu o libro onde plasmou toda a súa ideoloxía e o seu proxecto político. -
Ata este momento, os nazis contaban con malos resultados electorais e escaso apoio das masas. Pero a medida que aumentaba o paro e a situación de desesperación, os votos aos nazis foron crecendo xa que lles prometían aos cidadáns un traballo.
Tras as eleccións do ano 1932 convertéronse na maior forza política do país co apoio da burguesía, dos obreiros, terratenentes e clases medias. -
O presidente da república nomea ao líder nazi como chanceler de Alemaña e comeza a construír Estado totalitario alemán.
-
Tras a morte do presidente, Hitler faise co papel de xefe de goberno e de xefe de Estado: Führer. O Terceiro Reich Alemán caracterízase, entre outras, polo adoutrinamento, o racismo e antisemitismo, e a recuperación económica.
-
Unha das primeiras leis centradas en contra dos xudeus foron as Leis de Nuremberg, mediante as cales se establecía que os xudeus non poderían ser considerados cidadáns alemás e prohibían os matrimonios mixtos.
-
Dende 1938 as persecucións ós xudeus aumentaron; esta noite, os nazis destruíron negocios, casas, sinagogas...