A evolución da xenética: de Méndel ao século XXI

  • Mendel e as leis da herdanza

    Mendel e as leis da herdanza
    Gregor Mendel publica os resultados dos seus experimentos con chícharos, establecendo as leis da herdanza. Este traballo realizouse en Brno, República Checa.
  • Redescubrimento das leis de Mendel

    Redescubrimento das leis de Mendel
    Hugo de Vries, Carl Correns e Erich von Tschermak redescobren independentemente os traballos de Mendel, consolidando as bases da xenética.
  • Herdanza ligada ao sexo

    Herdanza ligada ao sexo
    Thomas Hunt Morgan identifica xenes ligados ao sexo estudando moscas da froita (Drosophila melanogaster). Traballo realizado en Columbia University, Nova York, EUA.
  • Transformación bacteriana

    Transformación bacteriana
    Frederick Griffith descobre que as bacterias poden adquirir material xenético doutros organismos, suxerindo que hai unha "substancia transformadora". Este experimento foi realizado no Reino Unido.
  • ADN como material xenético

    ADN como material xenético
    Oswaldo Avery, Colin MacLeod e Maclyn McCarty confirman que o ADN, e non as proteínas, é a substancia transformadora. Este descubrimento realizouse no Rockefeller Institute, Nova York, EUA
  • Estrutura do ADN

    Estrutura do ADN
    James Watson e Francis Crick propoñen o modelo de dobre hélice do ADN baseado nos datos de difracción de raios X de Rosalind Franklin e Maurice Wilkins. Este traballo tivo lugar en Cambridge, Reino Unido.
  • Secuenciación do ADN

    Secuenciación do ADN
    Frederick Sanger desenvolve un método eficaz para determinar a secuencia de bases do ADN, marcando un avance clave na xenética molecular. Traballo realizado en Cambridge, Reino Unido.
  • Proxecto Xenoma Humano

    Proxecto Xenoma Humano
    Finalízase o Proxecto Xenoma Humano, desvelando a secuencia completa do ADN humano. Esta colaboración internacional foi liderada por científicos de varios países, incluídos EUA, Reino Unido e Xapón.