-
Causas da revolución de 1905
-Crise económica.
-Redución dos salarios.
-Represión policial.
-Derrota na guerra contra os xaponeses.
-Descontento que fixo aumentar as folgas e as protestas.
-En San Petersburgo, o 9 de xaneiro, unha manifestación pacífica dirixiuse cara o palacio de inverno para presentar o tsar unha serie de peticións sociais, laboriais e políticas. A manifestación, por orde do tsar, foi duramente reprimida polo exército causando un elevado número de mortos. foi o domingo sanguento ou vermello. -
Period: to
A Revolución rusa de 1905
A Revolución rusa de 1905 foi unha onda de axitación política de masas ao longo de grandes zonas do Imperio ruso ocorrida ao longo do ano 1905. Déronse casos de terrorismo, folgas de traballadores, disturbios campesiños e motíns militares, tendo todos en común unha insatisfacción popular xeneralizada cara ao réxime do tsar Nicolás II de Rusia. A revolución conduciu ao establecemento dunha monarquía constitucional limitada e á Duma Imperial. -
Entrada de Rusia na 1ª Guerra Mundial
Isto tivo fatais consecuencias para o réxime tsarista. Motivos:
-A inferioridade do armamento do exercito ruso e a incapacidade dos seus mandos fixeron que as derrotas se sucedesen unha tras outra.
-As perdas foron moi cuantiosas, tanto humanas -millóns de mortos e feridos- como territoriais, polo que o malestar contra o sistema tsarista creceu -
Period: to
A Revolución de febreiro de 1917
A Revolución de Febreiro de 1917 no Imperio ruso marcou a primeira etapa da Revolución rusa de 1917. Causou a abdicación do tsar Nicolás II, puxo fin á monarquía rusa e levou á formación dun Goberno provisional. Esta revolución naceu como reacción á política realizada polo tsar, a súa negación para outorgar reformas políticas liberalizadoras e á participación de Rusia na Primeira Guerra Mundial, que inflixira grandes penurias á poboación.