-
Edward Jenner inocula cowpox de Sarah Nelmes ao neno James Phipps en Berkeley (Inglaterra), evitando que colla varíola. -
Jenner publica "An Inquiry into the Causes and Effects of the Variolae Vaccinae", consolidando a vacinación. -
Isabel Zendal (de Ordes) converteuse na primeira enfermeira en misión humanitaria internacional da historia ao acompañar a Balmis e aos 22 nenos que levaban o virus vaccinia vivo cara América e Filipinas. -
A coroa española envía unha expedición (Balmis e Salvany) para levar a vacina de Jenner a América e Filipinas usando nenos como “portadores vivos” do virus.
-
A variolación queda prohibida por ser perigosa; recoméndase a vacinación con cowpox como método seguro. -
Louis Pasteur obtén unha cepa atenuada da bacteria e demostra a protección en aves, inaugurando as vacinas vivas atenuadas de laboratorio. -
Pasteur presenta a vacina contra o ántraxe nun experimento público en Francia. -
Pasteur e Roux administran a primeira vacina contra a raiva ao neno Joseph Meister en París, salvándolle a vida. -
O Instituto Pasteur (París) fúndase para investigar enfermidades infecciosas e desenvolver vacinas e tratamentos, seguindo o legado de Louis Pasteur. -
Emil von Behring desenvolve o soro antitetánico (e logo antidiftérico), base de terapias de anticorpos. -
Almroth Wright e colaboradores crean unha vacina contra o tifus intestinal, usada en militares e civís. -
Calmette e Guérin introducen a vacina BCG contra a tuberculose no Instituto Pasteur de París. -
Gaston Ramon desenrolou a primeira vacina baseada en toxina inactivada contra a difteria. -
Max Theiler crea a vacina viva atenuada 17D contra a febre amarela. -
Os EE.UU. aproban unha vacina inactivada contra a gripe, inicialmente para militares, desenrolada por Thomas Francis Jr. e Jonas Salk. -
Jonas Salk presenta a vacina inactivada para a poliomielite, que reduce moito os casos graves. -
Albert Sabin desenvolve a vacina oral viva, fundamental nas campañas de erradicación da polio. -
Desenrólanse as vacinas contra o sarampelo (1963, John Enders), as paperas (1967, Maurice Hilleman) e a rubéola (1969, Maurice Hillem), que no ano 1971, se xuntarán na triple vírica (MMR), vacina fundamental na pediatría.
-
A OMS inicia o programa global de erradicación da varíola, un programa intensivo baseado en vacinación masiva e vixilancia activa. -
Maurice Hilleman combina nunha soa dose as vacinas contra sarampelo (1963, John Enders), paperas (1967) e rubéola (1969), estas dúas últimas desenroladas por él mesmo, converténdose nun dos maiores avances da pediatría moderna. -
Programa Ampliado de Inmunización -
A OMS declara a erradicación da varíola.
Na imaxe, os directores do Programa de Erradicación Global da Varíola: J. Donald Millar, William H. Foege e J. Michael Lane (de esquerda a dereita). -
Maurice Hilleman, xunto con Rutter e Valenzuela, desenvolven Recombivax-HB, a primeira vacina humana obtida mediante enxeñaría xenética. -
John B. Robbins, Rachel Schneerson, Porter Anderson e David H. Smith desenvolven as primeiras vacinas conxugadas contra Haemophilus influenzae tipo b, que reducen de forma drástica as meninxites infantís.
-
Créase GAVI (Alianza para as Vacinas) para facilitar o acceso ás vacinas en países pobres. -
Merck lanza Gardasil, a primeira vacina fronte ao VPH, baseada en VLPs desenvolvidas por Jian Zhou e Ian Frazer, que prevén a maioría dos cancros de cérvix e outros cancros relacionados. -
RTS,S (GSK) é en 2021 a primeira vacina contra a malaria aprobada pola OMS. En 2023, o Jenner Institute e o Serum Institute lanzan R21, a segunda vacina avalada pola OMS.
-
A OMS recomenda oficialmente o uso da vacina RTS,S/AS01 (Mosquirix) como primeira vacina contra a malaria do mundo.