-
10,000 BCE
Neolítico (Nova Idade de Pedra) 10,000 a.C
Co inicio do Neolítico o ser humano pasou dun estilo de vida nómade a un sedentario. Con este proceso apareceron novas actitudes como a acumulación de excesos, a división de traballo, a exclusión de xénero, o control de territorios, a aparición de conflitos e polo tanto xurdiron as primeiras comunidades organizadas e con elas as xerarquías sociais. Esta nova situación foi o caldo de cultivo perfecto para o nacemento das primeiras desigualdades sociais. -
5000 BCE
Idade Antiga 5,000 a.C
A desigualdade social estaba profundamente asentada nesta época xa que se trataba do piar fundamental da estrutura social a cal dividía á poboación en xerarquías onde se diferenciaba aos privilexiados (con dereitos e propiedades) dos non privilexiados (traballadores, escravos e sen dereitos). -
400
Idade Media s. V
A desigualdade continúa sendo un elemento crave na organización da sociedade dado que a súa estrutura constrúese en base ás xerarquías xa establecidas anteriormente ademais da influencia do novo sistema feudal e da relixión, por tanto os teus dereitos e privilexios dependían totalmente da túa posición na escala social sendo o rey, cleros e nobres os máis privilegiados e o campesiñado os maltratados. -
1492
Idade Moderna s. XV
As desigualdades continúan sendo un factor importante na estrutura tanto política como económica, malia que empezaron a xurdir cambios importantes grazas a acontecementos como a creación de novas comunidades, a expansión do comercio e a aparición de movementos ideolóxicos contra as xerarquías. Estes son o Humanismo, Renacentismo, Revolución científica e Ilustración, a maiores das revolucións campesiñas e da revolución inglesa. -
Idade Contemporánea s. XVIII
Neste etapa comezan as revolucións sociais as cales buscaban acabar con algunhas desigualdades xa que continuaban sendo unha preocupación central, aínda que tiñan unhas manifestacións distintas ás anteriores épocas. As revolucións máis influentes foron a Revolución Francesa (1789) e a Revolución industrial. Esta última cambiou radicalmente a estrutura social provocando máis desigualdade entre a burguesía dona das industrias e a clase obreira. -
Movementos sufraxistas s XIV
Dentro da Idade Contemporánea estánse levando a cabo múltiples loitas buscando acabar coas desigualdades sociais e esta tratase dunha delas. Coa entrada do séculos XIV comezou o movemento sufraxista: levantamentos de mulleres que perseguían o seu dereito a voto. Estes movementos destacaron en Reino Unido e Estados Unidos e posteriormente fóronse estendendo polo resto de Europa. Estes finalmente conseguiron o devandito dereito no ano 1928 e 1920 respectivamente.