-
Conflicto no que España loitou contra a ocupación napoleónica francesa. Foi un movemento clave para a resistencia nacional e a independencia do país.
-
Asamblea constituinte reunida en Cádiz durante a guerra contra Francia. Declarou que a soberanía reside nas Cortes e elaborou a Constitución de 1812.
-
Constitución elaborada polas Cortes de Cádiz. Era liberal, cunha división de poderes, sufragio indirecto e garantías para os cidadáns. Ó longo da historia foi abolida e restaurada en varias ocasións.
-
Congreso internacional onde as grandes potencias restauraron o antigo orde europeo tras as guerras napoleónicas. Reaxustouse o mapa de Europa tentando reprimir as ideas revolucionarias.
-
Movementos revolucionarios en Europa (especialmente Francia, Bélxica, Polonia) que puxeron en cuestión o absolutismo e abriron camiño ao liberalismo e ao nacionalismo. -
Raíña de España durante un período convulso de guerras civís (Guerras Carlistas) e inestabilidade política. O seu reinado estivo marcado pola alternancia de gobernos moderados e progresistas. Foi destronada en 1868 polo movemento chamado “La Gloriosa”.
-
Serie de revolucións que sacudiron moitos estados europeos: reivindicaban reformas políticas, sociais e nacionais, e forzaron cambios importantes en varios países. -
Obra fundamental do pensamento socialista que analiza a loita de clases e chama ao proletariado a derrubar o sistema capitalista. -
Proceso que unificou os múltiples reinos e estados italianos nun único Reino de Italia. Liderado por figuras como Garibaldi, Cavour e o rei Vítor Manuel II. Marcou a consolidación do nacionalismo e o fin da fragmentación territorial italiana.
-
Conflito entre os estados do Norte (industriais e contrarios á expansión da escravitude) e os estados do Sur (agrarios e escravistas). Rematou coa vitoria do Norte e a abolición da escravitude no país.
-
Primeira organización internacional de movementos obreiros, que buscaba coordinar a loita dos traballadores por mellores condicións laborais e polo cambio social.
-
Período político en España que comezou coa revolución que depuxo a Isabel II. Caracterizouse por experimentos democráticos, un intento de monarquía democrática e a proclamación da I República. Finalizou coa restauración da monarquía borbónica.
-
Proceso no que Prusia liderou a unión dos estados alemáns, creando o Imperio Alemán. Foi o resultado de guerras e alianzas, especialmente baixo o canciller Otto von Bismarck. A proclamación tivo lugar no Palacio de Versalles tras a guerra contra Francia.
-
Primeiro réxime republicano en España, instaurado tras a abdicación de Amadeo I. Durou pouco debido a problemas internos, guerras carlistas e conflitos políticos. Rematou coa restauración da monarquía borbónica en 1874.
-
Rei da Restauración borbónica. O seu goberno caracterizouse pola estabilidade política logo do Sexenio Democrático e do fin da Primeira República.
-
Carta Magna que estableceu o sistema político da Restauración borbónica en España, cunha monarquía constitucional e alternancia bipartidista. -
Reunión das potencias europeas para repartir África e establecer normas coloniais. Consolidou o imperialismo e a dominación europea sobre o continente africano.
-
Rei desde o seu nacemento, con rexencia da súa nai María Cristina ata 1902. O seu reinado incluíu crises políticas, a ditadura de Primo de Rivera e rematou coa proclamación da Segunda República.
-
Organización dos partidos socialistas europeos, centrada na defensa dos dereitos laborais e na loita polo internacionalismo obreiro.
-
Manifestación pacífica de obreiros rusos diante do Palacio de Inverno para pedir melloras laborais e políticas. O exército disparou contra a multitude, provocando centos de mortos. Este feito marcou o inicio da Revolución de 1905 en Rusia. -
Dous conflitos armados nos Balcáns nos que Serbia, Bulgaria, Grecia e Montenegro loitaron contra o Imperio Otomán. Aumentaron a tensión en Europa e foron unha das causas da Primeira Guerra Mundial.
-
Gran conflito internacional que enfrontou ás Potencias Centrais (Alemaña, Austria-Hungría…) contra os Aliados (Francia, Reino Unido, Rusia, EE.UU…). Rematou coa derrota alemá e grandes cambios políticos en Europa.
-
Revolta popular en Rusia debido á fame, á guerra e á crise económica. O tsar Nicolao II abdicou e instaurouse un goberno provisional. -
Tratado que puxo fin oficialmente á Primeira Guerra Mundial. Impuxo duras condicións a Alemaña, como perdas territoriais, limitación do exército e fortes indemnizacións económicas.
-
Os bolxeviques, dirixidos por Lenin, tomaron o poder en Rusia. Este feito deu inicio ao primeiro Estado comunista da historia: a URSS.
-
Acordo entre a Rusia revolucionaria e as Potencias Centrais polo que Rusia saíu da Primeira Guerra Mundial, perdendo importantes territorios. -
Organización internacional creada tras a Primeira Guerra Mundial para manter a paz e resolver conflitos entre países. Foi antecedente da ONU, pero non conseguiu evitar a Segunda Guerra Mundial. -
Miguel Primo de Rivera tomou o poder mediante un golpe de Estado co apoio do rei Alfonso XIII. Suspendeuse a Constitución e gobernouse como unha ditadura militar ata a súa dimisión en 1930.
-
Proclamouse a república tras a saída do rei Alfonso XIII. Foi un período de reformas políticas, sociais e educativas, pero tamén de fortes conflitos políticos e sociais.
-
Foi a constitución da II República. Establecía un sistema democrático, recoñecía dereitos e liberdades e permitía, por exemplo, o voto feminino. -
Levantamento obreiro e social, especialmente forte en Asturias e Cataluña, contra o goberno da República. Foi reprimido polo exército dirixido por Francisco Franco. -
Conflito entre o bando republicano e o bando sublevado tras un golpe militar. Rematou coa vitoria dos sublevados dirixidos por Francisco Franco.
-
Alemaña nazi, dirixida por Adolf Hitler, anexionou Austria ao Terceiro Reich sen oposición militar importante. Foi un paso clave na expansión alemá antes da guerra. -
Tras a guerra civil, Francisco Franco gobernou España como ditador durante case 40 anos. Foi un réxime autoritario sen eleccións democráticas ata a súa morte en 1975.
-
Alemaña invadiu Polonia, provocando que Reino Unido e Francia declarasen a guerra. Comeza oficialmente a II Guerra Mundial. -
Conflito mundial entre as Potencias do Eixo (Alemaña, Italia, Xapón) e os Aliados (EEUU, URSS, Reino Unido, Francia…). Foi a guerra máis devastadora da historia.
-
: Invasión alemá da Unión Soviética. Abriuse o fronte oriental, un dos máis duros e decisivos da guerra. -
Xapón atacou por sorpresa a base naval de EEUU en Hawai. Isto provocou a entrada oficial dos Estados Unidos na guerra. -
As tropas aliadas desembarcaron en Francia para liberar Europa occidental do dominio nazi. Foi clave para a derrota de Alemaña. -
Os líderes aliados decidiron como organizar Alemaña e Europa tras a guerra.
-
Créase a ONU para manter a paz mundial e evitar novos conflitos internacionais. -
EEUU lanzou dúas bombas atómicas sobre Xapón. Poucos días despois, Xapón rendeuse e a guerra terminou.