Liña do tempo Xeografía e Historia

  • Guerra de independencia Española

    Guerra de independencia Española

    A Guerra de Independencia Española foi un conflito no que España loitou contra a invasión francesa de Napoleón. A guerra foi especialmente importante pola resistencia popular, as guerrillas, e o impacto que tivo na política e na sociedade española. A derrota das tropas napoleónicas marcou o fin da súa ocupación en España, pero tamén deixaron unha nación profundamente afectada pola guerra.
  • Cortes de Cádiz

    Cortes de Cádiz

    Foron unha Asamblea Constituínte reunida na cidade de Cádiz dende 1810 ata 1814 na Guerra de Independencia. O principal obxectivo foi a primeira redación da primeira Constitución der España, coñecida como ''A Pepa''(1812). Se fixeron varios axustes no liberalismo como a soberanía nacional, a liberdade de imprenta e a reforma da Institución.
  • Constitución 1812

    Constitución 1812

    A Constitución de 1812, tamén chamada “A Pepa”, foi a primeira constitución liberal de España. Aprobouse nas Cortes de Cádiz o 19 de marzo de 1812, mentres o país estaba invadido polas tropas de Napoleón. Establecía que a soberanía pertencía á nación, non ao rei, e defendía a igualdade ante a lei, a liberdade de imprenta e a separación de poderes (lexislativo, executivo e xudicial). Tamén recoñecía o sufraxio masculino e fixaba que a relixión católica era a única permitida.
  • Congreso de Viena

    Congreso de Viena

    O Congreso de Viena foi unha reunión clave para reorganizar Europa despois das Guerras Napoleónicas. Os seus principais obxectivos foron restaurar a orde monárquica, evitar a expansión das ideas liberais e lograr un equilibrio de poder entre as grandes potencias. Aínda que o Congreso logrou manter a paz en Europa durante un tempo, tamén fixo que xurdiran movementos revolucionarios que buscaban reformas políticas e sociais.
  • Revolucións 1830

    Revolucións 1830

    Foron un conxunto de movementos liberais e nacionalistas en Europa que buscaron frear o absolutismo monárquico e conseguir maiores dereitos e liberdade para o pobo. A maior parte das revoltas foron provocadas polas ideoloxías da Revolución Francesa, o descontento coa situación política e as aspiracións nacionalistas. Aínda que algúns dos movementos foron derrotados, como en Polonia e Italia, en Francia e Bélxica as revoltas foron exitosas e marcaron un cambio importante na historia de Europa.
  • Isabel II

    Isabel II

    Isabel II foi raíña de España entre 1833 e 1868. Chegou ao trono cando era unha nena, despois da morte do seu pai Fernando VII. O seu reinado estivo cheo de problemas políticos e loitas entre liberais e conservadores. En 1868, unha revolución fixoa perder o trono e marchar ao exilio a Francia.
  • Manifesto Comunista

    Manifesto Comunista

    O Manifesto Comunista, é un texto fundamental do movemento obreiro e do socialismo.
    As ideas principais son:
    A historia está marcada pola loita de clases entre explotadores e explotados.
    No século XIX esa loita dáse entre a burguesía e o proletariado.
    Marx e Engels defendían que os traballadores debían unirse, facer a revolución e crear unha sociedade sen clases e sen propiedade privada dos medios de produción.
    O seu lema máis coñecido é: “Proletarios de todos os países, unídevos!”
  • Revolucións 1848

    Revolucións 1848

    As Revolucións de 1848 foron unha serie de levantes e revoltas que ocorreron en moitos países europeos durante ese ano, e foron unha das ondas de cambios sociais e políticos máis importantes do século XIX. Foron motivadas principalmente polo descontento popular fronte ás monarquías absolutistas, as dificultades económicas e as desigualdades sociais.
  • Guerra secesión USA

    Guerra secesión USA

    A Guerra de Secesión foi un conflito entre os estados do Norte e os do Sur.
    A principal causa foi o debate sobre a escravitude: o Norte quería abolila e o Sur quería mantela porque dependía dela para a súa economía agrícola.
    En 1861 varios estados do Sur decidiron separarse dos EUA, e isto provocou a guerra.
    Finalmente, en 1865 o Norte gañou, a escravitude foi abolida e os Estados Unidos mantivéronse como un único país. Tras a guerra comezou un período de reconstru­ción do Sur.
  • Unificación Italiana

    Unificación Italiana

    A unificación italiana foi un proceso histórico que tivo lugar no século XIX e que levou á creación do Estado italiano moderno. Este proceso implicou a unificación de diversos territorios e estados que existían na península itálica, os cales estaban fragmentados en pequenos reinos e estados independentes.
  • I AIT

    I AIT

    A Primeira Asociación Internacional de Traballadores, creada en 1864 en Londres, foi a primeira organización que uniu a obreiros de distintos países para defender os seus dereitos.
    Os seus obxectivos principais eran:
    Mellorar as condicións laborais.
    Loitar por xornadas máis curtas, salarios dignos e o dereito de asociación.
    Apoiar a solidariedade internacional entre traballadores.
    A A.I.T. desapareceu cara a 1876, pero deixou unha forte influencia no movemento obreiro e no futuro sindicalismo.
  • Sexenio democrático

    Sexenio democrático

    O Sexenio Democrático foi o período da historia de España que foi desde 1868 ata 1874. Comezou coa revolución de 1868, que botou do trono a Isabel II, e foi unha etapa de moitos cambios políticos. Durante estes anos houbo unha monarquía con Amadeo I, despois a Primeira República, e finalmente moita inestabilidade e conflitos. O Sexenio rematou en 1874, cando se restaurou a monarquía con Alfonso XII, fillo de Isabel II.
  • Unificación Alemaña

    Unificación Alemaña

    Foi un proceso polo cal varios estados e reinos alemanes (independentes)uníronse para formar un só país: Alemaña, no siglo XIX. Foi liderado polo reino de Prusia que era o máis forte. Rematou no ano 1871
  • I República Española

    I República Española

    A Primeira República Española proclamouse en 1873, despois da marcha do rei Amadeo I. Foi un intento de crear un goberno sen rei, baseado na liberdade e igualdade. Pero durou moi pouco tempo (ata 1874) porque houbo moitos problemas políticos, revoltas e divisións internas. Finalmente, o exército puxo fin á República e comezou a Restauración monárquica con Alfonso XII.
  • Alfonso XII

    Alfonso XII

    Alfonso XII foi rei de España desde 1874 ata a súa morte en 1885. Chegou ao trono tras a Primeira República e iniciou a Restauración borbónica, un período de maior estabilidade política. Durante o seu reinado logrou a pacificación do país, poñendo fin á Terceira Guerra Carlista e reducindo a inestabilidade en Cuba. Morreu moi novo, aos 27 anos, a causa da tuberculose.
  • Constitución1876

    Constitución1876

    A Constitución de 1876, aprobada durante o reinado de Alfonso XII, establecía unha monarquía constitucional na que o rei tiña moitos poderes. As Cortes estaban formadas polo Congreso e o Senado. Recoñecía algúns dereitos, pero moitos podían ser limitados. Formou parte do sistema da Restaura­ción, baseado no turno dos dous partidos e no caciquismo. Foi unha constitución duradeira que buscaba estabilidade, pero non aseguraba unha verdadeira democracia.
  • Conferencia de Berlín

    Conferencia de Berlín

    Foi unha reunión de países europeos organizada por Bismarck para regular o reparto colonial de África. Alí estableceron normas como a ocupación efectiva, a liberdade de comercio no Congo e a navegación libre polo Congo e polo Níxer. As súas consecuencias foron a partición artificial do continente, a expansión do colonialismo europeo e graves procesos de explotación, especialmente no Congo baixo Leopoldo II.
  • Alfonso XIII

    Alfonso XIII

    Foi rei de España desde o seu nacemento. O seu reinado estivo marcado por conflitos políticos e sociais, así como pola Guerra de Marrocos e o desastre de Annual. En 1923 apoiou a ditadura de Primo de Rivera e, tras o avance do republicanismo, marchou ao exilio en 1931, ano no que se proclamou a Segunda República.
  • II AIT

    II AIT

    A Segunda Internacional creouse en 1889 para continuar o movemento obreiro despois da desaparición da primeira A.I.T. Estaba formada principalmente por partidos socialistas e por sindicatos de moitos países europeos.
    Os seus obxectivos eran:
    Defender os dereitos dos traballadores.
    Apoiar o sufraxio universal.
    Impulsar reformas sociais como xornadas laborais máis curtas e mellores condicións de vida. Un logro importante foi declarar o 1 de maio como Día Internacional do Traballo.
  • Domingo sanguento

    Domingo sanguento

    O Domingo Sangrento pasou en San Petersburgo, cando traballadores foron protestar pacificamente pedindo mellores condicións.
    O tsar non estaba alí, pero o exército disparou contra a xente, causando mortos e feridos.
    A poboación sentiu traizón e rabia contra o tsar.
    Aquilo provocou revoltas, folgas e motíns por todo o país.
    Foi o inicio da Revolución de 1905, que obrigou a facer algún cambio político.
  • Guerras Balcánicas

    Guerras Balcánicas

    As Guerras Balcánicas foron dous conflitos entre países dos Balcáns querendo expulsar ao Imperio Otomán de Europa.
    No primeiro conflito Serbia, Grecia, Bulgaria e Montenegro atacaron xuntos aos otomanos e gañaron moitos territorios.
    Logo pelexaron entre eles polo reparto, que provocou a segunda guerra.
    O mapa balcánico quedou cambiado, con Serbia máis forte e os otomanos case fóra de Europa.
    Este aumento de tensión axudou a crear o clima que levou á I Guerra Mundial.
  • I Guerra Mundial

    I Guerra Mundial

    A Primeira Guerra Mundial foi un conflito enorme entre países europeos por rivalidades e alianzas.
    Estoupou por culpa do asasinato de Francisco Fernando en Serbia.
    Pelexouse sobre todo en trincheiras, con armas novas supermortais como gases e metralladoras.
    Gañou a Triple Entente e Alemaña tivo que aceptar a culpa e pagar moito.
    O mal rollo que quedou axudou a que empezase a Segunda Guerra Mundial despois.
  • Revolución de Febreiro

    Revolución de Febreiro

    A Revolución de Febreiro pasou en Rusia porque a xente estaba farta da fame, da guerra e do tsar Nicolás II.
    Houbo manifestacións e folgas, e o exército acabou apoiando ao pobo.
    O tsar tivo que abdicar, acabando coa monarquía.
    Formouse un goberno provisional, que prometeu cambios pero decidiu seguir na Primeira Guerra Mundial.
    Ese desgusto e a falta de solucións abriron o camiño para a Revolución de Outubro dos bolxeviques.
  • Revolución de Outubro

    Revolución de Outubro

    A Revolución de Outubro foi cando os bolxeviques de Lenin tomaron o poder en Rusia.
    O pobo estaba farto do goberno provisional por manter a guerra e non resolver fame nin desigualdades.
    Os bolxeviques asaltaron puntos clave de Petrogrado, como o Palacio de Inverno.
    Caíu o goberno provisional e instalouse un goberno comunista.
    Isto levou a Rusia a saír da guerra e a comezar unha guerra civil entre vermellos e brancos.
  • Tratado de Brest-Litovsk

    Tratado de Brest-Litovsk

    O Tratado de Brest-Litovsk foi o acordo polo que Rusia saíu da Primeira Guerra Mundial despois da Revolución rusa.
    Rusia tivo que ceder moitos territorios aos alemáns.
    A idea era parar a guerra e centrarse na guerra civil rusa.
    Alemaña saíu moi beneficiada a curto prazo porque conseguiu terras e recursos.
    Pero todo ese acordo desapareceu cando Alemaña perdeu a guerra meses despois.
  • Tratado de Versalles

    Tratado de Versalles

    O Tratado de Versalles foi o acordo que puxo fin á Primeira Guerra Mundial.
    Obrigou Alemaña a aceptar a culpa, pagar indemnizacións e perder territorios.
    Tamén limitou moito o seu exército para que non puidera volver facer unha guerra grande.
    Creouse a Sociedade de Nacións para intentar manter a paz no mundo.
  • Sociedade de Nacións

    Sociedade de Nacións

    A Sociedade de Nacións creouse despois da Primeira Guerra Mundial para manter a paz mundial.
    A súa idea era que os países falasen os conflitos antes de loitar.
    Estados Unidos, que a propuxera, nin sequera entrou, e iso debilitouna moito.
    Non tiña exército propio, así que non podía obrigar ninguén a cumprir.
    Foi un fracaso e acabou substituída pola ONU despois da Segunda Guerra Mundial.