Linea Cronológica

By Brasas
  • DOMINGO SANGUENTO

    DOMINGO SANGUENTO
    O Domingo Sanguento ou Domingo Vermello foi unha matanza realizada pola Garda Imperial rusa contra manifestantes pacíficos, conducidos polo pai Gapon. Sucedeu en San Petersburgo o 22 de xaneiro de 1905 , día no que 200 000 traballadores se reuniron ás portas do Palacio de Inverno, residencia do Zar Nicolas II.
  • GUERRAS BALCÁNICAS

    GUERRAS BALCÁNICAS
    As Guerras dos Balcáns foron dúas guerras que ocorreron no sueste de Europa desde 1912 ata 1913. A primeira enfrontou ao Imperio Otomán coa chamada Liga dos Balcáns formada por Bulgaria, Montenegro, Grecia e Serbia. As pequenas nacións balcánicas conseguiron expulsar aos otománs de case todo o territorio peninsular, pero non puideron evitar loitar entre elas pola distribución das terras que lles foron arrebatadas, o que deu lugar á Segunda Guerra dos Balcáns.
  • Period: to

    1ª Guerra Mundial

    A primeira guerra mundial, tamén coñecida como a Gran Guerra, foi un conflito bélico de inicios do século XX. Desenvolveuse entre o verán do 1914 e o outono de 1918 e involucrou trinta países, polo que se considera o primeiro conflito belico mundial da historia, malia estar centrado, o total do número de mobilizados e sesenta e cinco millóns de soldados houbo vinte millóns de persoas entre soldados e civís, é o segundo maior enfrontamento armado, só por detrás da Segunda guerra mundial
  • REVOLUCIÓN DE FEBREIRO

    REVOLUCIÓN DE FEBREIRO
    A Revolución de Febreiro de 1917 no Imperio Ruso marcou a primeira etapa da Revolución Rusa de 1917. Provocou a abdicación do Zar Nicolás II, poñendo fin á monarquía rusa e formando un goberno provisional.
  • Period: to

    REVOLUCIÓN DE OUTUBRO

    A Revolución de Outubro foi a segunda fase da Revolución Rusa de 1917, que acabou co Zarismo e levou aos bolxeviques ao poder. Tamén provocou a guerra civil entre comunistas e contrarrevolucionarios, que rematou co nacemento da URSS.
  • TRTADO DE BREST-LITOVSK

    TRTADO DE BREST-LITOVSK
    O Tratado de Brest-Litovsk foi un tratado de paz asinado o 3 de marzo de 1918 na cidade bielorrusa de Brest-Litovsk entre o Imperio Alemán, Bulgaria, o Imperio Austrohúngaro, o Imperio Otomán e a Rusia Soviética.
  • SOCIEDADE DE NACIÓNS

    SOCIEDADE DE NACIÓNS
    A Sociedade de Nacións foi concibida ideoloxicamente no dicurso da primeira guerra mundial, cando líderes supremos comezaron a defender a necesidade dunha organización supraestatal responsáble de resolución de potenciais conflitos entre as distintas nacións.
  • TRATADO DE VERSALLES

    TRATADO DE VERSALLES
    O Tratado de Versalles foi un acordo de paz asinado ao final da Primeira Guerra Mundial por máis de 50 países, que puxo fin oficialmente ao estado de guerra entre Alemaña e os Aliados da Primeira Guerra Mundial.
  • Period: to

    II GUERRA MUNDIAL

    A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
  • ANSCHLUSS

    ANSCHLUSS
    Utilizouse para referirse á fusión de Austria e a Alemaña nazi na súa nación, ou o 12 de marzo de 1938 como unha provincia do Terceiro Reich. Esta situación durou ata o 5 de maio de 1945, cando os aliados ocuparon a provincia alemá de Ostmark. O goberno militar aliado rematou en 1955, cando se formou o novo Estado de Austria.
  • CONFERENCIA DE POSTDAM

    CONFERENCIA DE POSTDAM
    Stalin, Churchill e Truman (así como Clement Attlee, que sucedeu a Churchill tras gañar as eleccións de 1945) acordaran decidir como administrarían Alemaña, que se rendera incondicionalmente nove semanas antes, o 8 de maio. Os obxectivos da conferencia tamén incluían o establecemento dunha orde de posguerra, asuntos relacionados con tratados de paz e o estudo dos efectos da guerra.
  • INDEPENDENCIA DA INDIA

    INDEPENDENCIA DA INDIA
    Foi o resultado dun movemento nacionalista que se prolongou durante máis dun século, impulsado por líderes como Mahatma Gandhi. Este proceso caracterizouse pola loita contra o dominio británico, a resistencia pacífica e a eventual partición do territorio na India e Paquistán.
  • Period: to

    GUERRA DE COREA

    Foi o primeiro conflito armado da Guerra Fría, marcando un punto de tensión entre as potencias comunistas e occidentais.
    Despois da Segunda Guerra Mundial, a península coreana quedou dividida en dous estados: Corea do Norte, baixo influencia soviética, e Corea do Sur, baixo influencia estadounidense.
  • CONFERENCIA DE BANDUNG

    CONFERENCIA DE BANDUNG
    Foi unha reunión de estados asiáticos e africanos. O obxectivo declarado da conferencia era promover a cooperación económica e cultural afroasiática, en oposición ao colonialismo e neocolonialismo das antigas metrópoles e dos Estados Unidos. A conferencia foi un paso cara á formación do Movemento dos Paises Non Aliñados (MPNA).
  • Period: to

    Guerra de vietnam

    En Vietnam do Norte, gobernaba un líder comunista chamado Ho Chi Minh, e en Vietnam do Sur habiase estableceido unha república autoritaria liderada polo anticomunista Ngo Dinh Diem, que contaba co apoio dos Estados Unidos. Os grupos comunistas de Vietnam do Sur organizáronse en grupos guerrilleiros na Fronte de Liberación Nacional (FNL) (chamada "Vietcong" polos Estados Unidos e os seus aliados) e iniciaron unha loita pola reunificación do país, co apoio do exército de Ho Chi Minh.
  • MURO DE BERLÍN

    MURO DE BERLÍN
    O Muro de Berlín foi creado para deter os ataques entre a Republica Federal de Alemaña e a Republica Democratica de Alemaña, chamada polos habitantes como o muro da vergoña.
    28 anos despois da sua creación foi derrumbado polos habitantes
  • CRISE DOS MÍSILES DE CUBA

    CRISE DOS MÍSILES DE CUBA
    A crise dos mísiles de Cuba é o nome que recibe o conflito entre os Estados Unidos, a Unión Soviética e Cuba en outubro de 1962, que xurdiu despois de que os Estados Unidos descubrisen na illa de Cuba algunhas bases de mísiles nucleares de medio alcance de fabricación soviética.