-
Mendeléiev organizou os elementos tendo en conta a masa atómica e as propiedades químicas, deixando espazos para elementos aínda non descubertos e predicindo as súas características. -
Lecoq de Boisbaudran e Clemens Winkler descubriron o galio e o xermanio. Confirmouse a capacidade preditiva da táboa de Mendeléiev. -
William Ramsay e John Rayleigh descubriron o argón. -
William Ramsay illou o hélio na descomposición do radio, completando a identificación inicial dos gases nobres. -
Henri Becquerel observou emisións espontáneas do mineral de uranio, descubrindo a radioactividade. -
.J. Thomson identificou o electrón, a primeira partícula subatómica. -
William Ramsay e Morris Travers illaron estes gases , completando a familia dos gases inertes. -
Marie e Pierre Curie descubriron estes elementos radioactivos; o polonio é moi tóxico e o radio emite unha forte radioactividade. -
Ernest Rutherford descubriu o núcleo atómico, concentrando masa e carga positiva; este avance axudou a comprender mellor as propiedades dos elementos da Táboa Periódica. -
Henry Moseley reorganizou a Táboa Periódica segundo o número de protóns (Z), corrixindo erros da táboa de Mendeleiev e creando a estrutura actual; isto permitiu predicir con maior precisión os elementos aínda por descubrir. -
Ernest Rutherford identificou o protón, a partícula con carga positiva do núcleo. -
James Chadwick descubriu o neutrón, explicando os isótopos e a masa atómica, o que axudou a entender mellor as propiedades dos elementos -
Glenn Seaborg sintetizou neptunio e plutonio, creando a serie dos actínidos. -
Glenn Seaborg reorganizou a Táboa Periódica separando visualmente os lantánidos e actínidos nun bloque inferior. -
A IUPAC recoñeceu oficialmente 118 elementos, completando o sétimo período.