Carlos Casares

  • 1971 BCE

    CASA CON KRISTINA BERG

    En 1971 Casares coñece nun tren a quen será a súa muller, coa que casará pouco despois en Ourense. A parella terá dous fillos.
  • 1969 BCE

    PUBLICA "CAMBIO EN TRES"

    A edición en Galaxia da súa primeira novela coincide coa súa etapa como docente no Colexio Público de Viana do Bolo. Ao pouco tempo é acusado de comunista, sendo expedientado e inhabilitado para a docencia en Galicia. Marcha para Bilbao. Entre Viana e Bilbao realiza a tradución d´O Principiño.
  • 1967 BCE

    PUBLICA "VENTO FERIDO"

    En 1967 Galaxia publica o primeiro libro de Casares, composto por relatos marcados pola experimentación e a violencia. Membro activo do ADE (Asociación Democrática de Estudiantes), organiza o concerto de Raimon en Santiago de Compostela, e traduce, xunto con Salvador García Bodaño a letra das cancións ao galego.
  • 1963 BCE

    PRIMEIROS TRABALLOS EN "GRIAL"

    No primeiro número de Grial, aparece o seu poema "Verbas de espranza pra Rosalía". Recibe o terceiro premio nas festas Minervais e gaña un certame poético en Vilagarcía de Arousa.
  • 1962 BCE

    TRASLÁDASE A SANTIAGO DE COMPOSTELA

    Co cambio de década, Casares instálase en Compsotela para estudar Filosofía e Letras e incorpórase ao grupo de galeguistas liderado por Ramón Piñeiro. Participa no activismo estudantil e comeza a escribir poemas e relatos curtos.
  • 1959 BCE

    FRECUENTA AS TERTULIAS LITERARIAS OURENSÁS

    Carlos Casares nos anos 60 fóra xa do Seminario, e tras gañar un certame de contos, Casares comeza a frecuentar os faladoiros literarios da cidade, en especial o de Vicente Risco, no café Parque, no Miño ou no Volter, con outros escritores e artistas como Prego de Oliver, Ferro Couselo Antón Tovar,Xaquín Lorenzo,Arturo Baltar, José Luis López Cid...
  • 1952 BCE

    INGRESA NO SEMINARIO DE OURENSE

    Animado polo catolicismo da súa nai, Carlos ingresa no Seminario de Ourense. Comeza a ler con avidez os clásicos da biblioteca do centro e dá os seus primeiros pasos na escrita.
  • 1944 BCE

    TRASLÁDASE A XINZO DE LIMIA

    En 1944 a familia trasládase a Xinzo de Limia, onde o seu pai, Francisco Casares, traballa como mestre. A cabalo entre a aldea e vila, un ambiente que recreará varias veces na súa obra literaria, Carlos vivirá rodeado dunha extensa familia, espallada pola comarca, en localidades como Beiro, Lamas ou Sabucedo, que el visitará con asiduidade.
  • BIOGRAFÍA

    O 24 de agosto de 1941 Carlos Casares Mouriño nace en Ourense. Os seus pais chámanse Manolita Mouriño e Francisco Casares. Carlos ten unha irmá maior, Mercedes, e un irmán menor, Xavier.