4c64dbb1 0fc6 46b9 9cea 578042e358fc 1 201 a

Evolución dos ordenadores

  • PRIMEIRA XERACIÓN

    Os primeiros ordenadores, empregaban tubos ao vacío para circuitos e tambores magnéticos para a memoria.Ocupaban habitacións enteiras ,estragábanse con facilidade e consumían moita enerxía.
  • Eniac

    Eniac
    En 1943, comezou a construirse,rematouse en 1945 e publicouse en 1946.
    Creouno John William Mauchly e John Presper Eckert con fins militares, pero rematou empregandose para investigacións científicas e cálculos matemáticos.
    Era totalmente dixital.Composto por 17.468 tubos de vacío,1.500 relés,70.000 resistencias e 10.000 condensadores.
    Tiña problemas,como a escasa capacidade de memoria e a falla de fiabilidade.
    Introduciu moitas melloras,como a utilización dun sistema binario en vez do decimal.
  • Edvac

    Edvac
    Foi un dos primeiros ordenadores electrónicos.
    Diseñado por J. Presper Eckert,John William Mauchly e John von Neumann.
    Posuía 6000 válvulas termoiónicas e 12.000 díodos.
    O ordenador creouse para ser binario con adicción,resta, multiplicación automática e división programada. Tamén posuiría un verificador automático con capacidade para mil palabras.
    Unha preocupación importante no diseño foi balancear fiabilidade e economía.
  • Univac

    Univac
    Foi o primeiro ordenador comercial feito en EE.UU.
    Diseñado por J. Presper e John William.
    Pesaba 7.250 kg e tiña 5000 tubos de vacío.Para a súa entrada e saída de datos empregaba cinta magnética.
    Tamén foi o primeiro en poder procesar coa mesma facilidade información numérica e alfabética.
    Ó longo dos anos,fixéronse moitos modelos,como:
    UNIVAC II (1958)introduce o emprego de memoria magnética.
    UNIVAC III (1962) introduce o emprego do código binario.
  • SEGUNDA XERACIÓN

    Substituíronse as válvulas de vacío polos transistores.
  • Honeywell 800

    Honeywell 800
    A División Datamatic de Honeywell anunciou o ordenador electrónico en 1958. A primeira instalación foi en 1960.
    Era un ordenador transistorizado con memoria central.
    O seu procesador empregou o redor de 6000 transistores discretos e 30.000 diodos de estado sólido.O sistema básico tiña:
    Un procesador central.
    Un Centro de Control de Entrada/Saída con funcións de control para:un lector,unha impresora de alta velocidade e 4 unidades de cinta magnética.
  • Ibm 1401

    Ibm 1401
    Foi un ordenador decimal de lonxitude variable, que foi sacado ao mercado pola empresa IBM o 5 de outubro de 1959 e foi retirado o 8 de febreiro de 1971.
    Tiña un perforado e lectura de tarxetas a alta velocidade, cinta magnética para entrada e saída, impresión de alta velocidade, programa almacenado e capacidade aritmética e lóxica.
    Podía empregarse como un sistema independiente, conxuntamente con equipamiento IBM de tarxetas perforadas ou como equipamento auxiliar de sistemas.
  • Pdp-1

    Pdp-1
    Benjamin Gurley foi o enxeñeiro principal deste proxecto. Producida por primeira vez en 1960.
    PDP-1 foi o primeiro ordenador de Dixital, de 18 bits.
    Foi famoso por ser o ordenador máis importante na creación da cultura hacker.
    Empregouse nos primeiros traballos de sistema operativo de tempo compartido.Ten 2700 transistores,3000 diodos e cinta de papel perforado como medio de almacenaxe primario.
  • TERCEIRA XERACIÓN

    Empregaron os integrated circuits no lugar dos transistores,eran máis confiables con respecto os das xeneracións anteriores, tiñan un tamaño máis pequeno,xeraban menos calor,iban máis rápidos e precisaban pouco mantemento.
  • Ibm 360

    Ibm 360
    O arquitecto xefe deste proxecto foi Gene Amdahl.
    O IBM 360 foi un dos primeiros ordenadores comerciais que empregou circuitos integrados, e que podía facer tanto análisis numéricos como tarefas de administración ou de procesamentos de arquivos.
    A unidade central era un armario metálico enorme, con memoria ampliada.Tiña catro discos duros , de 7 megas e medio cada un e
    dous unidades de cinta.
  • Pdp-8

    Pdp-8
    Era un miniordenador creado por Digital Equipment Corporation en abril de 1965. Foi o primeiro miniordenador comercialmente exitoso.
    Este tiña un procesador de 12 bits, ciclo de 1,5 microsegundos e tarxetas perforadas.
    A súa función era de propósito xeral .
  • Burrough B-2500

    Burrough B-2500
    A compañía presentouno no mercado no 1966.
    Foi creado para o terreo empresarial e científico.Orientouse a mellorar a experiencia do usuario e a eficiencia no traballo.
    Naquel entón, este modelo combinou os traballos de expertos en software e en hardware para obter uns ordenadores con maior accesibilidade, potencia e flexibilidade para un nivel superior de operación e programación.
  • CUARTA XERACIÓN

    A cuarta xeneración dos ordenadores convirtiuse na máis potente, compacta, fiable e accesible. Como resultado, deu lugar á revolución do ordenador persoal.
    Ademáis estes eran máis baratos,confiables ,pequenos, usaban o PC e foron os que empezaron a introducir o concepto da internet.
  • Pdp-11

    Pdp-11
    Foi un ordenador fabricado pola empresa Digital Equipment Corp, nas décadas de 1970 e 1980.
    Foi a primeira minicomputadora en interconectar todos os elementos do sistema (procesador, memoria e periférico) a un único bus de comunicación.
  • Cray-1

    Cray-1
    Foi un superordenador diseñado por un importante número de informáticos encabezados por Seymour Cray e Cray Research.
    Foi un dos ordenadores máis coñecidos e exitosos da historia, e dos máis potentes na súa época.
    Unha das súas características técnicas é que, a primeira versión (Cray-1A) operaba con procesadores vectoriales a 80 MHz, era un sistema de 64-bits e pesaba 5,5 toneladas.Pese ó seu gran tamaño só tíña 8 MB de Ram.
  • Apple I

    Apple I
    Foi un dos primeiros ordenadores persoais e o primeiro en combinar un microprocesador cunha conexión para un teclado e un monitor.
    Foi diseñado e feito a man por Steve Wozniak​​ orixinalmente para uso personal. Un amigo de Steve Wozniak, Steve Jobs, tivo a idea de vender o ordenador.
  • Epson HX-20

    Epson HX-20
    É considerado o primero ordenador portátil, anunciado por Epson en novembro de 1981, aínda que non empezouse a vender ata 1983.
    As súas características son que : eran máis compactos,pesaban menos e tiñan batería incorporada.
  • QUINTA XERACIÓN

    Foi un proxecto feito por Japón. O seu obxectivo foi o desenrolo dunha nova clase de ordenadores que empregarían técnicas e tecnoloxías de intelixencia artificial tanto no plano do hardware como do software.O proxecto durou once anos, pero non obtuvo os resultados esperados.
  • ChromeBook

    ChromeBook
    É un ordenador persoal que traballa co sistema operativo Google Chrome OS.
    Foi creado por google no ano 2009.
    As súas características son que: inicia de forma rápida ,é compatible cos últimos estándares web,integra funcións WIFI. Ademais nel as aplicacións, os documentos e a configuración de cada usuario almacenanse de forma segura na nube, mentras que as Descargas almacenanse de forma local.E por último ten acceso rápido ás aplicacións de Google.
  • UltraBook

    UltraBook
    É un tipo de ordenador portátil que caracterízase por ser extremadamente lixeiro e delgado, en comparación cos seús antecesores o Netbook e o Subportátil .UltraBook foi creado pola empresa Intel.
    Ten como características que:o seu grosor non é superior a 21 mm para os máis grandes e 18 mm para os máis pequenos.Ten un procesador de ultra-baixa tensión de Intel,conectividade Wi-Fi.,unha pantaia táctil e carcasa metálica para unha mellor disipación da calor.