-
A súa finalidade é iniciar e apoiar políticas ambientais de alcance internacional, favorecendo a cooperación entre distintos organismos dentro do sistema de Nacións Unidas ou con outras organización.
-
Establécese un programa internacional de educación sobre o medio ambiente, de enfoque interdisciplinario e con carácter escolar e extraescolar, que abarque todos os niveis de ensino e diríxase ao publico en xeral.
-
O seu obxectivo é mellorar as relacións ecolóxicas incluíndo a relación entre o ser humano e a natureza e a relación entre os individuos.
-
Conferencia onde se presenta o informe xeral das actividades realizadas encamiñada ao tratamento dos principais problemas ambientais da sociedade contemporánea.
-
O Informe Brundtland é un informe que enfronta e contrasta a postura de desenvolvemento económico actual xunto co de sustentabilidade ambiental, co propósito de analizar, criticar e reformular as políticas de desenvolvemento económico.
-
Como resultado dos acordos do Congreso, apróbase a Estratexia Internacional de acción en materia de educación e formación ambientais para o decenio dos noventa. Esta conferencia supuxo un impulso definitivo para o desarrollo de la Educación Ambiental.
-
A Conferencia foi a oportunidade de adoptar un programa de acción para o século XXI, chamado Programa 21. O Programa 21 é a referencia para a aplicación do desenvolvemento sustentable
-
O obxectivo principal desta reunión é valorar o alcance dos acordos alcanzados na Conferencia de Río, constátase que apenas se produciron avances e os recursos destinados á educación para a sustentabilidade seguen sendo escasos.
-
O Tratado establece a redución das emisións de CO2 á atmosfera.
-
Son oito propósitos do desenvolvemento humano fixados no ano 2000, que os 189 países membros das Nacións Unidas acordaron conseguir para o ano 2015. Estes obxectivos tratan problemas da vida cotiá que se consideran graves e/ou radicais. En 2015 os progresos realizados foron avaliados e por outra banda estendeuse a lista de obxectivos, agora chamados os obxectivos de desenvolvemento sustentable.
-
Este encontro serviu para facer un balance do anterior cume, celebrada en Río de Janeiro en 1992. Centrada no desenvolvemento sustentable.
-
O seu obxectivo é integrar os principios, valores e prácticas do Desenvolvemento Sustentable en todos os aspectos da educación e a aprendizaxe, co obxectivo de fomentar cambios de comportamento necesarios para preservar no futuro a integridade do medio ambiente e a viabilidade da economía, e para que as xeracións actuais e vindeiras gocen de xustiza social.
-
Nesta declaración faise especial énfase na transformación dos estilos de vida insustentable a estilos máis harmónicos coa integridade ecolóxica, a xustiza social e económica, así como o respecto a todas as formas de vida, onde a educación para o desenvolvemento sustentable é esencial para que esta transformación ocorra afectivamente.
-
O resultado foi o documento O futuro que queremos que contén medidas claras e prácticas para a implementación do desenvolvemento sustentable. A conferencia enfocouse en dous temas principais: a economía verde no contexto do desenvolvemento sustentable e a erradicación da pobreza e o marco institucional para o desenvolvemento sustentable.
-
A Conferencia finalizou cunha declaración que pide a todas as nacións que poñan en marcha de forma urxente o Programa de Acción Mundial para xeneralizar a aplicación da Educación para o Desenvolvemento Sustentable ( EDS) e incluíla no programa de desenvolvemento para despois de 2015.
-
O 25 de setembro de 2015, os líderes mundiais adoptaron un conxunto de obxectivos globais para erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todos como parte dunha nova axenda de desenvolvemento sustentable. Cada obxectivo ten metas específicas que deben alcanzarse nos próximos 15 anos.