-
Fin do reino visigodo.
-
A sociedade altomedieval caracterízase pola presenza do campesiñado coma o grupo maioritario, mais moi heteroxéneo, conservando a existencia de servos; así como a presenza dunha aristocracia laica e dunha nobreza eclesiástica na que se vai apoiar a monarquía para impulsar o seu poder.
-
Convirte a Santiago no referente espiritual e ideolóxico do reinos cristiáns peninsulares.
-
Especialmente significativos os reinados de Ramiro I (842 - 850) e Ordoño I (850 - 866)
-
Etapa na que Galicia fixa a grandes trazos o territorio que conserva até a actualidade, que se cristalizará trala independencia de Portugal. Nestes séculos vanse producir unha serie de transformacións que van marcar a paisaxe galega até tempos moi recentes, o crecemento demográfico virá da man dunha intensificación da produción agrícola, así como dunha expansión da actividade comercial e artesanal. A nobreza eclesiástica configúrase coma a principal propietaria de terras en Galicia.
-
-
Na persoa de Fernando III. Significa o afastamento de Galicia do primeiro plano político peninsular.
-
Galicia entra no s. XIV cunha situación similar ao resto dos reinos da
monarquía, sumida en medio de conflitos xeneralizados. A segunda metade do século XIV vai vir marcada pola guerra civil entre Pedro I e Henrique de Trastámara. No século XV, os enfrontamentos continuarán e o poder da nobreza imporase sobre o dos reis. -