-
1532
Nacemento de Pedro Sarmiento de Gamboa
A data é incierta, entre os anos 1530 e o 1532 e tamén o lugar porque non sabemos con seguridade se foi en Pontevedra ou en Alcalá de Henares. -
1550
Pedro Sarmiento de Gamboa fai o servizo militar aos 18 anos
Con 18 anos vaise da casa do pai, na Moureira, e fai o servicio militar -
1555
Pedro Sarmiento reside en México
En 1555 cruzou o océano Atlántico ata México onde viviu durante dous anos. Alí chegou a ter problemas coa Inquisición debido á parodia dun Auto de Fe. Foi sentenciado a recibir azotes na praza de Puebla e, probablemente, ao desterro. -
1557
Pedro Sarmiento en Perú
Despois de México viaxou a a Perú onde viviu máis de vinte anos. É posible que completara a súa formación mariñeira estudando cosmografía, xeografía e náutica convertindose, en notable soldado, experto mariño, reputado xeógrafo e perito en astronomía. -
1565
Pedro Sarmiento de expedición polo Pacífico
En Perú non remataron os problemas coa Inquisición que chegou a sospeitar que se adicaba á feiticería e nigromancia. O 8 de maio de 1565 foi condenado pola Inquisición ao desterro, pero o arcebispo trocoulle a pena para que integrara a expedición ao océano Pacífico que finalmente descubriría as illas Salomón. -
1567
Pedro Sarmiento nas illas Salomón
Sarmiento de Gamboa foi nomeado capitán e cosmógrafo dunha das naves que buscaban unhas illas no Oeste que estaban cheas de ouro según unha lenda inca. Partiron con dúas naves e 160 homes. Descubrion as illas Salomón e estiveron durante un ano explorándoas, ata que regresaron a Perú sen ouro e sen cumprir o mandato de poboar as illas. Sarmiento impresionou ao virrei pola claridade das súas argumentacións sobre os feitos vivios, polo que foi absolto de todo cargo. -
1569
Gonzalo García de Nodal naceu en 1569
Nace en Pontevedra no arrabal da Moureira -
1570
Pedro Sarmiento recorre Perú
Pedro Sarmiento participa nunha expedición organizada polo virrei Francisco Álvarez de Toledo por todo Perú para escribir a "Historia índica", obra que se compón de tres partes: a primera consiste nunha descripción xeográfica do territorio, a segunda, a historia dos incas, e a terceira, o descubrimiento e conquista polos españois ata o ano 1572. Con este traballo o virrei centralizou os aspectos esenciais da administración xeral do país e estableceu as bases do virreinato de Perú. -
1574
Bartolomé García de Nodal naceu en 1574
Nace en Pontevedra no arrabal da Moureira -
1577
Pedro Sarmiento contra Francis Drake
En 1577 a reina Isabel I de Inglaterra deulle a Francis Drake patente de corso para atacar intereses españois no Pacífico. Este partiu con catro naves, pero só salvou unha tras pasar o estreito de Magallanes. Atacou varios portos de Chile e Perú. Sarmiento encabezou unha expedición de castigo que non logrou atopalo. -
1579
Pedro Sarmiento explora o estreito de Magallanes
En 1579 o virrei ordenoulle alistar dúas naves para explorar o estreito de Magallanes na procura de lugares axeitados para asentar poboación e fortes con artillería para pechar esa ruta as enemigos de España.
Durante máis dun ano explorou os canais da Patagonia e o estreito de Magallanes con dúas naves. Despois de varias expedicións por esas terras dirixiuse a España para presentarlle ao rey un proxecto para a defensa do Estreito. -
1581
Pedro Sarmiento gobernador e capitán xeral do Estreito
O rei Felipe II de España aprobou o proxecto de establecer un forte no estreito de Magallanes para controlar ese paso estratéxico do Virreinato do Perú. Saíron ata 23 naves de Sanlúcar de Barrameda o 25 de setembro de 1581. A expedición sufriu mil e un problemas polo mal tempo e, dous anos e medio despois Sarmiento desembarcou o 4 de febreiro de 1584 e tomou posesión desas terras no nome de España. Fundou a cidade do Nome de Xesús, a primera e máis austral cidade do mundo nesa época. -
Pedro Sarmiento apresado polos ingleses
El 22 de junio de 1586 emprendeu o regreso a España nunha nave mercante pero na viaxe a nave foi atacada por tres buques ingleses de Walter Raleigh. A raíña Isabel I de Inglaterra deixouno en liberdade coa obriga de transmitirlle unha misión ao rei de España.Os problemas reanudáronse porque foi atrapado en Francia polos hugonotes e retido varios anos. Logrou regresar dez anos despois. -
Pedro Sarmiento morre perto de Lisboa
O rei Felipe II nomeono Almirante da flota que protexía as naves de Indias. O 17 de xullo de 1592 faleceu mentras dirixía unha flota perto de Lisboa onde repousan os seus restos. -
Os irmáns Nodal saíron cara o Estreito de Magallanes
O rei Felipe III encargoulles recoñecer o estreito de Magallanes. Construíronse dúas naves que capitaneaban cada un dos irmáns. Saíron de Lisboa o 27 de setembro de 1618. . -
Os irmáns de Nodal, expedición no 1619
Expedición de exploración, na que recoñeceron o Estreito de Magallanes -
Os irmáns Nodales adentráronse no estreito de Le Maire.
Adentráronse no estreito, e o nomearon como estreito de San Vicent -
Os irmáns Nodales descobren as illas de Diego Ramírez
O 10 de febreiro descubriron no sueste do cabo de Fornos as illas Diego Ramírez. -
Publicación dun diario dos irmáns Nodal
Os dous irmáns publicaron o diario da súa expedición co título: "Relación del viaje hecho por los capitanes Bartolomé García de Nodal y Gonzalo de Nodal, hermanos, naturales de Pontevedra, para el descubrimiento del nuevo estrecho, Madrid, 1621 -
Morte no Atlántico de Gonzalo García de Nodal
Unha nova expedición saiu de Sanlúcar de Barrameda o 13 de outubro de 1622 con 3 navíos, 133 marinos y 400 pobladores para percorrer a mesma ruta do novo estreito (que leva o nome do seu descubridor Estreito de Le Maire) e socorrer aos colonos sitiados polos araucanos. Dous barcos naufragaron e os irmáns Nodal perderon a vida. -
Falecemento de Bartolomé García de Nodal
Bartolomé faleceu o 5 de setembro de 1622 nos caios de Matacumbé e la Tortuga, a 30 leguas da Habana, no naufraxio do galeón Nuestra Señora de Atocha. -
Benito Soto Aboal naceu o 22 de marzo de 1805
Nace no barrio da Moureira en Pontevedra -
Benito Soto faise pirata
Despois de amotinarse contra o capitán do barco "El Defensor de Pedro", que partira de Río de Xaneiro en 1827, Soto Aboal
adicouse á piratería. -
Benito Soto ataca o Morning-Star
Cando chegan á illa da Ascensión dan caza á fragata inglesa Morning-Star. A actitude violenta dos mariñeiros levou á morte a moitos dos tripulantes. Sen embargo lograron regresar a Londres para denunciar o caso. -
Benito Soto viaxa á ría de Pontevedra
De camiño á ría de Pontevedra, onde Benito Soto pensaba vender como contrabando a mercancía robada, atacaron a varios barcos ingleses e americanos. -
Benito Soto viaxa a Xibraltar
Na viaxe a Xibraltar embarrancan na costa de Cádiz. Logran burlar inicialmente a xustiza, pero axiña provocan sospeitas que fan que Soto e tres mariñeiros fuxan a Xibraltar. -
Morte de Benito Soto en Xibraltar o 25 de xaneiro de 1830
O capitán Soto foi apresado e condenado a morte na forca en Xibraltar pola execución ou ordenamento de 75 asesinatos comprobados e 10 embarcacións saqueadas ou afundidas. -
Ricardo Martínez "O Panderetas"
Naceu o 7 de febrero de 1853 no arrabal da Moureira. Foi mariñeiro desde moi novo. Casou con Francisca Oganda García tivo con ela 12 fillos. Chegou a ser vigairo dos mariñeiros da Moureira e tiña o privilexio de levar o cetro de Teucro na procesión do Corpus. O cetro representaba a Hércules sentado sobre o león de Nemea. -
Cadro de José Llasera Díaz do Panderetas
O pintor madrileño Llasera Díaz coñece a Ricardo Martínez nunha estadía en Pontevedra e plasma nun cadro á súa maxestuosidade con cetro de Teucro e a basílica de Santa María ao fondo. -
Debuxo de Castelao do Panderetas
No xornal vigués "Galicia" Castelao publica un retrato do Panderetas co cetro de Teucro que representa ao vigairo coa súa barba branca e as súas mellores galas. -
Cadro de Antonio Medal do Panderetas
No Museo de Pontevedra pódese ver o cadro que o pintor de Ponteareas fixo do Panderetas vestido coas roupas do mar e acompañado dun neno que representa a súa propia nenez, Ao fondo, o arrabal da Moureira. -
O Panderetas reclama o tesouro de Benito Soto
No ano 1926, cando a consecuencia da explosión dun barreno nas obras de destierre para a construcción dos malecóns na Moureira, apareceu un arca que moitos consideraron de Benito Soto o señor Ricardo reclamou ante a Policía que aquel cofre pertencía á familia García que era a da súa muller. -
Morte de Ricardo Martínez, o Panderetas
Sumido nunha progresiva senilidad morre con 82 anos