-
Period: to
REINADO DE CARLOS IV
-
Batalla de Trafalgar
A batalla de Trafalgar foi unha batalla naval que tivo lugar o 21 de outubro de 1805, durante as guerras napoleónicas. Os bandos que participaron no combate foron o británico, comandado por lord Nelson, e unha confederación franco-española, comandada polo francés Villeneuve. Venceu o bando británico aplastantemente, mais, coa importante perda do seu comandante, Horatio Nelson. -
Tratado de Fontainebleau
O Tratado de Fontainebleau foi asinado o 27 de outubro de 1807 na cidade francesa de Fontainebleau entre os respectivos representantes plenipotenciarios de Manuel Godoy, valido do rei español Carlos IV, e Napoleón Bonaparte. Nel estipulábase a invasión militar conxunta franco-española de Portugal e permitíase para iso o paso das tropas francesas por territorio español, sendo así o antecedente da posterior invasión francesa da Península Ibérica e da Guerra da Independencia. -
Motín de Aranjuez
O motín de Aranjuez foi un levantamento ocorrido entre o 17 e o 19 de marzo nas rúas de Aranjuez, contra o goberno de Manuel Godoy.
As causas deste levantamento foron varias, entre elas as consecuencias da derrota de Trafalgar. Pero a iso hai que sumar o descontento da nobreza co goberno de Manuel Godoy, a impaciencia do príncipe de Asturias por reinar, a acción dos axentes de Napoleón, as intrigas da Corte así como o temor do clero ás medidas desamortizadoras de Godoy. -
Abdicacións de Baiona
As abdicacións de Bayona tiveron lugar o 5 e 6 de maio de 1808 na cidade francesa de Bayona. É o nome polo que se coñecen as renuncias sucesivas dos reis Carlos IV e o seu fillo Fernando VII ao trono de España en favor de Napoleón Bonaparte. O emperador francés, pouco despois, cedeu tales dereitos ao seu irmán José Bonaparte, quen reinou co nome de Xosé I. -
Levantamento do Dous de Maio
É o nome polo que se coñecen os feitos acontecidos ese ano en Madrid, producidos pola protesta popular ante a situación de incerteza política derivada tras o motín de Aranjuez. Posteriormente a que se reprimise a protesta polas forzas napoleónicas presentes na cidade, por todo o país estendeuse unha onda de proclamas de indignación e chamamentos públicos á insurrección armada que desembocarían na guerra da independencia española.
Inicio da Guerra da Independencia que durará ata o 1814 -
Batalla de Ayacucho
A batalla de Ayacucho foi o último gran enfrontamento comprendido dentro das campañas terrestres das guerras de independencia hispanoamericanas en América do Sur (1808-1824) e significou a consolidación da independencia da República do Perú. -
Period: to
INVASIÓN FRANCESA EN ESPAÑA
-
Abdicación de Carlos IV
Carlos IV de Borbón,como consecuencia do golpe de Estado que pasou á historia como o motín de Aranjuez, abdicou en favor do seu fillo Fernando,príncipe de Asturias, futuro Fernando VII. -
A Pepa
A Constitución española de 1812 ou La Pepa, aprobada o 19 de marzo de 1812 polas Cortes Xerais Extraordinarias reunidas na cidade de Cádiz, e promulgada no día inmediato, foi o primeiro documento constitucional aprobado na Península Ibérica e un dos primeiros no Mundo, sendo, no sentido moderno, só precedida pola Constitución Corsa de 1755 (a primeira constitución verdadeiramente democrática), pola Constitución dos Estados Unidos de América (1787) e pola Constitución francesa de 1791. -
Period: to
REINADO DE FERNANDO VII
-
Period: to
Sexenio Absolutista
Fernando VII impuxo o absolutismo e derrogou a constitución de 1812 e todas as leis liberais. Era a volta do Antigo Réxime en España.
Algúns liberais exiliáronse e outros trataron de restaurar o liberalismo mediante pronunciamentos ou sublevacións. -
Period: to
Trienio liberal
O coronel Riego sublevouse e proclamou o restablecemento da constitución de 1812 e o rei viuse obrigado a xurala. En 1823, a Santa Alianza enviou a España os Cen mil fillos de San Luís, un exército que restableceu a Fernando VII como rei absoluto. -
Period: to
Década ominosa ou absolutista
O rei volve derrogar a constitución e persiguiu brutamente aos liberais. En 1830, Fernando VII promulgou a Pragmática sanción que derrogaba a lei sálica e proclamou herdeira a sua filla Isabel. -
Primeira guerra carlista
A primeira guerra carlista foi unha guerra civil que se desenvolveu en España entre 1833 e 1839 entre os carlistas, partidarios do infante Carlos María Isidro de Borbón e dun réxime absolutista, e os isabelinos ou cristinos, defensores de Isabel II e da rexente María Cristina de Borbón, cuxo goberno foi orixinalmente absolutista moderado e acabou converténdose en liberal para obter o apoio popular. -
Period: to
Rexencias
A Rexencia de María Cristina de Borbón estivo marcada pola guerra civil derivada do preito sucesorio entre os partidarios dá futura Isabel II e os de Carlos María Isidro. -
Period: to
REINADO ISABEL II
-
Desamortización de Mendizábal
Foi un proceso gobernamental de comercialización de terras e bens propiedade da Igrexa católica e que se produciu no 1836. Esta operación de expropiación recibe o nome do ministro de Facenda Juan Álvarez de Mendizábal.
Durante a primeira guerra carlista, que enfrontou aos partidarios da raíña Isabel II cos defensores de Carlos María Isidro como aspirante ao trono español, Mendizábal debía atopar recursos financeiros para facer fronte aos gastos da contenda. -
Constitución 1837
A Constitución española de 1837 promulgouse en España durante a rexencia de María Cristina de Borbón. Foi unha iniciativa do Partido Progresista para aprobar unha constitución de consenso co Partido Moderado que permitise a alternancia dos dous partidos liberais sen que cada vez que cambiase o goberno houbese que cambiar a Constitución. Estivo vixente ata 1845, cando o Partido Moderado impuxo a súa propia Constitución. -
Convenio de Vergara
O Convenio de Vergara, foi un tratado que se asinou en Oñate (Guipúscoa) no 1839 entre o xeneral Espartero e trece representantes do xeneral Maroto e que deu fin á Primeira Guerra Carlista no norte de España. O convenio quedou confirmado co abrazo que se deron Espartero e Maroto.
Asinado tras complicadas negociacións. Espartero representaba ao bando isabelino ou liberal, e Maroto ao bando carlista. -
Period: to
Década moderada
A década moderada é o nome co que se coñece ao período do reinado de Isabel II transcorrido entre maio de 1844 e xullo de 1854, así chamado porque durante eses dez anos os liberais conservadores do Partido Moderado detentaron en exclusiva o poder grazas ao apoio da Coroa, sen que os liberais progresistas tivesen a máis mínima oportunidade para acceder ao goberno. Comezou cando o líder do Partido Moderado, o xeneral Narváez, asumiu a Presidencia do Goberno. -
Period: to
Reino persoal de Isabel II
-
Garda Civil
A historia da Garda Civil comezou coa súa fundación polo duque de Ahumada en 1844. Dedicouse á seguridade no campo e á orde pública en xeral. No século XIX e principios do XX distinguiuse pola súa loita contra o bandolerismo, sobre todo en Andalucía. Prestou o seu apoio nos distintos conflitos civís que viviu o país.
En 1959 pasou a ter competencias en materia de tráfico. -
Constitución 1845
A Constitución española de 1845 foi a norma suprema durante o reinado efectivo de Isabel II, que substituíu á Constitución de 1837 norma suprema durante a súa minoría de idade. A Constitución de 1845 estivo vixente ata a proclamación da constitución española de 1869, aínda que houbo varios intentos para substituíla en 1852 e durante o bienio progresista (1854-1856). Foi a expresión constitucional do doctrinarismo español. -
Desamortización de Espartero
Foi un longo proceso histórico-económico que consistiu en poñer no mercado, as terras e bens non produtivos en poder das chamadas "mans mortas". A finalidade principal desta era acrecentar a riqueza nacional e crear unha burguesía e clase media de labregos propietarios.
A desamortización converteuse na principal arma política con que os liberais modificaron o réxime da propiedade do Antigo Réxime, para implantar o novo Estado burgués durante a primeira metade do século XIX. -
Pronunciamento de Vicálvaro
A Revolución de 1854, tamén coñecida co nome de Vicalvarada —por iniciarse co enfrontamento entre as tropas sublevadas ao mando do xeneral Leopoldo O' Donnell e as tropas gobernamentais nas proximidades do pobo madrileño de Vicálvaro— foi un pronunciamento militar seguido dunha insurrección popular, que se produciu entre o 28 de xuño e o 28 de xullo de 1854 durante o reinado de Isabel II. Púxose fin así á década moderada (1844-1854) e deuse paso ao bienio progresista (1854-1856). -
Period: to
Bienio progresista
Bienio Progresista é o breve período da historia de España, durante o cal o Partido Progresista pretendeu reformar o sistema político do reinado de Isabel II, dominado polo Partido Moderado desde 1843, ao profundar nas características propias do réxime liberal, tras o fracaso dos Gobernos moderados na década anterior. O bienio abriuse coa revolución de 1854, encabezada polo xeneral moderado Leopoldo O'Donnell, e pechouse co abandono do Goberno do xeneral progresista Espartero. -
Desamortización xeral de Madoz
Na desamortización xeral de Madoz poñían en venda bens do Estado e dos concellos como bens comunais, propios e baldíos -
Period: to
Década moderada-unionista e a fin do reinado
Neste período alteraron no poderos unionistas-Unión Liberal-de O'Donnel e os moderados de Narváez. A partir de 1868 o descontento popular foi en aumento pola política autoritaria da raíña. -
Pacto de Ostende
O Pacto de Ostende foi o acordo asinado o 16 de agosto de 1866 na cidade belga de Ostende polo Partido Progresista e polo Partido Demócrata, por iniciativa do xeneral progresista Juan Prim, para derrubar a monarquía de Isabel II de España. Este pacto, ao que a principios de 1868 sumouse a Unión Liberal, foi a orixe de «A Gloriosa», a revolución que en setembro de 1868 depuxo á raíña española. -
Revolución Gloriosa
A Revolución de 1868 foi unha sublevación militar con elementos civís que tivo lugar en España, a cal supuxo o destronamento e exilio da raíña Isabel II.
A Revolución de Setembro foi unha brusca sacudida na historia do século XIX español, cuxos efectos se deixaron sentir amplamente en toda a xeografía do país, xa que a partir dela tivo lugar no país o primeiro intento da súa historia de establecer un réxime político democrático.