Primer vehiculo existente

Inventos de Revolución Industrial

  • Spinning Jenny

    Spinning Jenny
    A máquina de fiar hidráulica, tamén chamada Spinning Jenny, é unha máquina de fiar inventada en 1765 por James Hargreaves . Este dispositivo reduciu enormemente o traballo requirido para a produción de fío grazas ao seu sistema hidráulico, dando a un só traballador a capacidade de manexar oito ou máis carretes á vez. Foi a primeira innovación técnica importante na industria téxtil e unha das que abriu as portas á Revolución industrial, sendo considerada por iso un símbolo da época.
  • Máquina de vapor

    Máquina de vapor
    Unha máquina de vapor é un motor de combustión exterior que transforma a enerxía dunha certa cantidade de vapor de auga en traballo mecánico.
    Os motores de vapor empregáronse habitualmente para mover máquinas e aparatos tan diversos como bombas, máquinas locomotoras, motores mariños etc. durante a Revolución Industrial en cuxo desenvolvemento tivo un papel relevante.
  • O barco de vapor

    O barco de vapor
    Un barco de vapor é un buque propulsado por máquinas de vapor, actualmente en desuso, ou por turbinas de vapor. Consta elementalmente dunha caldeira de vapor, dunha turbina de vapor ou máquina de vapor e dun condensador refrixerado por auga.
    A súa aparición supuxo toda unha revolución na navegación marítima mundial pois non dependían tanto de ventos e correntes, como os de vela.
  • The Rocket

    The Rocket
    A Rocket de Stephenson foi unha das primeiras locomotoras de vapor con disposición de rodas 0-2-2. Construíuse para as Probas de Rainhill, organizadas polo Ferrocarril de Liverpool e Mánchester en 1829 co fin de elixir o mellor deseño para impulsar o novo ferrocarril, nas que resultou vencedora. Aínda que a " Rocket" non foi a primeira locomotora de vapor, se foi a primeira en reunir varias innovacións, converténdose na máis avanzada da súa época.
  • O Telégrafo

    O Telégrafo
    Samuel Morseinventou ou telégrafo que permitía transmitir mensaxes mediante pulsos eléctricos mediante o código Morse, tamén inventado por el. O 1 de xaneiro de 1845, Morse e Vail inauguraron a primeira liña telegráfica de Estados Unidos entre Washington e Baltimore, que utilizaba o seu sistema de telegrafía.
  • Convertidor Bessemer

    Convertidor Bessemer
    O procedemento Bessemer foi o primeiro proceso de fabricación químico que serviu para a fabricación en serie de aceiro, fundido en lingotes. Este procedemento foi chamado así en honra de Henry Bessemer.​O principio crave é a retirada de impurezas do ferro mediante a oxidación producida polo insuflado de aire no ferro fundido. A oxidación causa a elevación da temperatura da masa de ferro e manteno fundido.
  • Motor de explosión

    Motor de explosión
    Sendo fieis á historia, o primeiro motor de combustión interna foi creado polo enxeñeiro belga Etienne Lenoir. Este enxeño alimentábase con gas da iluminación. Pero era moi pouco eficiente, xa que só aproveitaba o 4% de toda a enerxía producida pola explosión do gas no interior do motor.
  • Dinamita

    Dinamita
    A dinamita é un explosivo moi potente composto por nitroglicerina, unha substancia explosiva líquida a temperatura ambiente e moi inestable que ao ser absorbida nun medio sólido, convértese nun explosivo máis estable.Desempeña un papel moi importante en traballos como a escavación de montañas, a construción de estradas, demolicións e en xeral calquera obra pública que requira o movemento de masas rochosas.
  • O teléfoono

    O teléfoono
    O escocés Alexander Graham Bell foi o primeiro en patentar ou teléfono formalmente, e durante moitos anos, xunto a Elisha Gray, foron considerados os inventores do teléfono. O 11 de xuño de 2002, o Congreso dos Estados Unidos de América aprobou a resolución 269, na que se recoñece que o verdadeiro inventor do teléfono foi Antonio Meucci, que o chamou teletrófono.
  • A bombilla

    A bombilla
    A lámpada de Thomas Alva Edison é unha fonte que produce luz artificial. Nesta lámpada, un condutor eléctrico,quéntase mediante unha corrente eléctrica ata poñelo a lume branco. O filamento esta encerrado nun bulbo de vidro ao baleiro ou cun gas inerte que protexe ao filamento da oxidación. A corrente é proporcionada aos filamentos por terminais ou arames encerrados no cristal. É moi usada na actualidade para a iluminación de espazos habitables.
  • O Avión

    O Avión
    Os irmáns Wright,Wilbur e Orville, foron dous aviadores, enxeñeiros, inventores e pioneiros da aviación, xeralmente nomeados en conxunto,recoñecidos mundialmente como os que inventaron, construíron e voaron o primeiro aeroplano do mundo de forma exitosa. Ao lanzalo ao aire cunha catapulta externa, conseguiuse un curto voo, suficiente para probar o sistema de viaxe e control do avión. Afírmase que o seu primeiro voo realizouse o 17 de decembro de 1903 a bordo do Flyer I.