-
A Revolución fallida
Foi unha onda de axitación política de masas ao longo de grandes zonas do Imperio ruso. Algúns dos altercados estaban dirixidos contra o goberno, outros simplemente carecían de obxecto máis aló de reclamos moi puntuais dá clase obreira ou do campesiñado. Déronse casos de terrorismo, folgas de traballadores, disturbios campesiños e motín militares, tendo todos en común unha insatisfacción popular xeneralizada cara ao réxime do tsar Nicolao II de Rusia. -
O Goberno provisional ruso
Formouse en Petrogrado despois da abdicación do tsar durante a Revolución de Febreiro. Consistiu nunha serie de sucesivos gabinetes que trataron infructuosamente de resolver os graves problemas aos que se enfrontaba o país, enfrascado na impopular Primeira Guerra Mundial ata a toma do poder en novembro polos bolxeviques, á radical do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia, na Revolución de Outubro.Dirixido por Luov e Kerenski. -
A Revolución de Febreiro
A revolución de febreiro de 1917 foi un levantamento da poboación de Petrogrado contra o tsar Nicolás II. Protestaron pola falta de alimentos e esixían a retirada da Gran Guerra.
Estableceuse un goberno provisional, dirixido pola burguesía e presidido por Kerenski, que pretendía instaurar un réxime liberal. -
Abdicación do tsar
Nikolái Aleksándrovich Románov foi o último emperador de Rusia, gobernou dende 1894 ata a súa abdicación en 1917 como resultado da Revolución de Febreiro. Durante o seu reinado o Imperio ruso sufriu un declive político, social e militar alleos ao seu coñecemento o que, axuntado ao seu esoterismo, levou ao colapso do réxime imperial. A Revolución de febreiro puxo fin ao seu reinado cando, tentando volver do cuartel xeral á capital, o seu tren foi detido e foi obrigado a abdicar. -
Teses de Abril
Desde o comezo das protestas,as organizacións de esquerda crearon os Consellos obreiros ou soviets. Nos soviets foi medrando a influencia dos bolxeviques dirixidos por Lenin.O seu programa,Teses de abril,era poñer fin a guerra, confiscar a propiedade privada, e converter os soviets na única autoridade que debía exercer o poder. -
A Insurrección popular
En xullo de 1917 estala unha insurrección popular na cal o goberno ascusou aos bolxeviques de organizar a guerra e Lennin tivo que exiliarse. -
Golpe de Estado contrarrevolucionario
En agosto prodúcese un golpe de estado contra o goberno provisional liderado por Kornilov, pero fracasou. -
Decretos de outubro
Os decretos soviéticos foron actos lexislativos das máis altas institucións soviéticas, principalmente do Consello de Comisarios do Pobo e do Soviet Supremo emitidos entre 1917 e 1924.
Os bolxeviques promulgáronos para lograr a socialización dos medios de produción: Desaparición da propiedade privada polo que a terra pasa a mans do Estado. A produción industrial nas fábricas será controlada polos obreiros. Nacionalización da banca e do comercio exterior. -
Insurrección armada
Lenin e os bolxeviques organizan unha insurrección armada. O 25 de outubro, a garda vermella formada polos bolxeviques é dirixida por Trotski, asaltan o palacio de inverno en Petrogrado e deteñen os membros dogoberno provisional. -
Period: to
A Guerra civil
Os bolxeviques, grazas á creación por Trotski dun exército disciplinado e revolucionario (exército vermello), venceron aos antibolxeviques(exército branco), que se opoñían á revolución e que estaba formado por antigosoficiais tsaristas e apoiado polas potencias occidentais. A oposición interior foi esmagada e a familia real executada, e os bolxeviques mediante a Tcheka (policía política) perseguen aos contrarevolucionarios. -
Tratado de Brest-Litovsk
O Tratado de Brest-Litovsk foi un tratado de paz asinado o 3 de marzo de 1918 na cidade belarusa de Brest-Litovsk entre o Imperio alemán, Bulgaria, o Imperio austrohúngaro, o Imperio otomán e a Rusia soviética.
Conseguiuse a paz con Alemaña, tras asinar este tratado polo que Rusia obtiña a paz a cambio de grandes perdas territoriais (Finlandia,Estonia, Letonia,Lituania, Ucraína, Polonia, Besarabia e a Transcaucasia) -
Fundación da Terceira Internacional
Co obxectivo de derrocar o capitalismo. Só podían pertencer a ela os partidos que aceptasen denominarse comunistas e seguir as directrices do Partido Comunista da URSS (PCUS) -
Nova Política Económica
Os trastornos da guerra civil e a escaseza obrigaron a Lenin, en 1921, a impoñer unha Nova Política Económica (NEP) que permitía unha volta parcial ao mercado librecapitalista para incentivar a produción.
A NEP foi vista como unha política temporal destinada a crear as condicións para o socialismo. O seu principal obxectivo político é aliviar a tensión social, fortalecer a base social do poder soviético na forma dunha alianza de traballadores e campesiños. -
A Creación da URSS
En 1918 Rusia foi transformada nunha República Federativa Soviética. Posteriormente coa incorporación de Ucraína, Bielorrusia e Transcaucasia,creouse en 1922 a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas. O poder estaba en mans dos soviets controlados polo partido comunista.