-
-
En Inglaterra, o rei recoñece unha serie de dereitos ao cidadáns e asume o poder executivo, ademáis de recoñecerlle ao parlamento o deber de facer as leis e independencia ao poder xudicial, todo recollido neste escrito.
-
-
O Rei Xurxo III tratou de establecer unhas leis para regularizar os impostos coloniais. Os americanos responderon boicoteando aos productos británicos.
-
O Parlamento británico entregoulle o monopolio do té á Compañía Inglesa das Indias Orientais por medio das Tea Acts. Os americanos responderon co Motín do Té, incendiando os barcos británicos que esperaban cheos de té no porto de Boston.
-
En Filadelfia, reuníronse todas as colonias (excepto Xeorxia) para presentar unha lista dos agravios das metrópole. Os enfrentamentos armados comezan en 1775.
-
Firmada por Thomas Jeffersón, establecéronse os principios de soberanía nacional, división de poderes e sufraxio.
-
Firmada polos representantes das Trece Colonias.
-
Os habitantes das Trece Colonias, liderados por George Washington e con axuda de España e Francia, vencen ao Reino Unido e os Estados Unidos declaran a súa independencia.
-
A primeira da historia.
-
O Rei convocou unha asamblea de notables para que as clases privilexiadas pagasen impostos. Estes negáronse e convocaron os Estados Xerais, formados polos 3 estamentos.
-
-
Os Estados Xerais reuníronse en Versalles para comunicar as súas queixas. A nobreza e o clero pretendían votar por estamento, mentres que o Terceiro Estado prefería votar por persoa.
-
Os representantes do Terceiro Estado pasaron a chamarse Asamblea Nacional e a considerarse os únicos con lexitimidade para representar a Francia. Despois, reunidos na Sala do Xogo da Pelota, xuraron permanecer unidos e non abandoar Versalles ata darlle a Francia unha constitución. Entón pasáronse a chamar Asamblea Constituínte.
-
Causada polo descontento social francés, as ideas ilustradas e a crise económica que azotaba o país dende 1760.
-
O Rei Luis XVI de Francia destitúe a Jacques Nécker por pretender que os estamentos privilexiados paguen impostos.
-
O pobo, vestido de loito polas rúas de París, protesta pola destitución de Nécker. O xornalista Camile Desmoulins incita á multitude á rebeldía.
-
O pobo reclama unha redución do prezo do pan, e asalta o convento de Saint Lazare, onde se rumorea que se esconde gran parte do trigo.
-
O pobo de París asalta o cuartel dos Inválidos para facerse con armas. Diríxese á Bastilla, e dado á negativa do gobernador de proporcionarllas, asalta e incendia a prisión.
-
Confírmase a Revolución Francesa.
-
A Asamblea Constituínte aboliu os dereitos feudais e aprobou a Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán. Os dous decretos finalizaron o absolutismo e o triunfo da revolución liberal.
-
Recoñécese a soberanía nacional e os dereitos fundamentais dos cidadáns, a monarquía parlamentaria como forma de goberno, a división de poderes e o sufraxio censatario.
-
Tiña en contra ao clero, á nobreza e ao Rei.
-
O pobo de Parías culpa ao Rei das primeiras derrotas francesas, asalta o Palacio das Tullerías e destitúe ao monarca.
-
As monarquías europeas víanse ameazadas polas ideas revolucionarias francesas.
-
Tras unha nova revolta, convócanse unhas eleccións das que sae unha Convención Nacional que abole a monarquía.
-
Golpe de Estado dos Sans-culottes aos xirondinos. Robespierre, que dirixía aos montañeses fíxose co poder e implantou unha dictadura, coñecida como o Réxime do Terror.
-
Despois de tomar certas medidas (Lei de Máximo Xeral, limitación dos salarios e implantar un novo calendario), Robespierre foi perdendo apoios pouco a pouco, de forma que os moderados o deteñen a el e aos seus seguidores e o guillotinan.
-
Instáurase un goberno moderado que aproba a Constitución do ano III, que proclama soberanía nacional e separación de poderes.
-
Napoleón Bonaparte era un xeneral que foi enviado a Italia e venceu ás potencias europeas que se aliaran. O 9 de novembro de 1799 deu un golpe de Estado co apoio da alta burguesía e estableceu o Consulado, xunto Ducos e Sieyés.
-
Napoleón acapara todo o poder, de forma que se converte en primeiro cónsul e en 1802 en cónsul vitalicio, eliminando a separación de poderes, elaborando un código civil e regularizando as relacións coa Igrexa, e firmando a Constitución do ano VIII.
-
Napoleón mantivo continuas guerras con outros países europeos. As principais derrotas sufriunas en Rusia en 1812 e cunha coalición formada por Reino Unido, Rusia, Prusia e Austria en Leipzig en 1813.
-
Napoleón convenceu ao rei español, Carlos IV, de atravesar España para chegar a Portugal. Resulta que Napoleón pretendía invadir España dende dentro. Tras unha sublevación popular en Madrid comeza a Guerra de Independencia de España, para botar ás tropas francesas fora.
-
Tras a sublevación de Madrid, os franceses sitiaron Zaragoza e Xirona, pero foron derrotados en Bailén.
-
As tropas napoleónicos ocupan case todas a península.
-
Durante a Guerra xurdiron Xuntas para organizar a loita. Despois creouse a Xunta Central Suprema. En 1810 a Xunta Central convoca Cortes Constituíntes, que se reúnen en Cádiz. Nela hai deputados Liberais, Absolutistas e procedentes de América. Elaboran a Constitución de 1812, a primeira de España, e poñen fin ao Antigo Réxime.
-
Coincide co declive de Napoleón. As tropas españolas e inglesas, dirixidas polo duque de Wellington, derrotan aos franceses.
-
Dado que Napoleón iniciara unha nova guerra con Rusia, víase incapaz de manter as dúas guerras á vez, e, tras as derrotas de Bailén, Arapiles e Vitoria, opta por retirarse de España.
-
As potencias vencedoras de Napoleón reúnense no Congreso de Viena. Acordaron a convocatoria periódica de congresos e autorizouse a intervención das potencias en calquera país ameazado por unha revolución. Creáronse tamén a Santa Alianza e a Cuádruple Alianza.
-
Tras a volta de Fernando VII en 1814, anulou a Constitución e goberno como absoluto.
-
Napoleón abdica e é exiliado en Elba. En 1815 retorna ao poder brevemente e é derrotado definitivamente en Waterloo en 1815. Non había nada que se poidese facer.
-
Centráronse en Rusia e na zona mediterránea. Impúxose o absolutismo.
-
Triunfa o pronunciamento feito polo coronel Riego en Sevilla. Así o Rei é obrigado a xurar a Constitución.
-
Primeiros momentos do movemento obreiro, manifestado coa destrución espontánea de máquinas.
-
A Santa Alianza manda a España un exército francés (os Cen Mil Fillos de San Luís) que repoñen a Fernando VII como monarca absoluto. Durante este tempo tívose que enfrontar á guerra Colonial, a unha grave crise económica e a un conflito sucesorio.
-
A maioría das Colonias Independízanse en 1825.
-
Independízase ao longo da década do 1820 do Imperio Otomán. É recoñecida en 1829.
-
Fernando VII deroga a Lei Sálica e fai pública a Pragmática Sanción, que permite reinar a súa filla, Isabel, fronte ao seu tío Carlos. Esto inicia unha fractura entre isabelinos e carlistas.
-
Desenvolveuse lentamente, polo que España quedou atrasada respecto ao resto de Europa. Esto débese á pouca demanda, a burguesía pouco emprendedora e a outros factores como o atraso tecnolóxico.
-
Iniciáronse en Francia e afectaron a case toda Europa.
-
En 1833 morre Fernando VII e ata a maioría de idade de Isabel pasan ao trono María Cristina (1833-1840) e o xeneral Espartero (1840-1843).
-
Enfrentou aos Carlistas contra os Isabelinos. Remata en 1839 coa victoria de Isabel.
-
Co obxectivo de paliar o déficit de facenda.
-
Consegue independizarse de Países Baixos en 1839 e estableceu unha monarquía liberal.
-
Durante o mandato de Isabel II, impúxose a Constitución de 1845, que promovía un poder compartido entre a raíña e as Cortes, un sufraxio restrictivo e reducía dereitos e liberdades.
-
Foron máis radicais e tiveron máis extensión. Iniciáronse tamén en Francia e extendéronse polo centro de Europa.
-
Esta lei e a lei de ferrocarrís fixeron posibles a modernización dos transportes en España.
-
Redactouse unha Constitución en 1856 non acabada.
-
Foron de alternancia entre moderados e un novo partido, a Unión Liberal.
-
Vitor Manuel II incorpora Lombardía ao Reino de Piemonte Sardeña. No sur Garibaldi conquistaba o Reino das Dúas Sicilias.
-
Formada por comunistas e anarquistas, reúnese en Londres para aunar esforzos entre o proletariado.
-
Asinado por demócratas, republicanos, progresistas e a Unión Liberal, derrocou á raíña e convocou Cortes Constituíntes por sufraxio universal masculino.
-
Na crise da monarquía triunfa a Revolución Gloriosa, para derrocar a Isabel II. Formouse un goberno provisional que promulgou a Constitución de 1868, cun carácter pas democrático.
-
Dado que a Constitución establecía unha monarquía constitucional, foi necesario buscar un novo rei, que recaeu por elección do Goberno no italiano Amadeo de Savoia.
-
Tras a anterior unificación, proclámase o Reino de Italia en 1861. Finalmente a unidade completouse coa anexión de Venecia en 1866 e a conquista dos Estados Pontificios en 1870.
-
Iniciada por Prusia, primeiro derrotou a Austria para unificar ao Norte. Despois venceu a Francia, incorporando a Alsacia e Lorena e unificando o Sur. Así iniciaba o II Reich ou Imperio Alemán.
-
Non contaba coa simpatía da poboación, polo que acabou abdicando e dando lugar á Primeira República. Foi un período de gran inestabilidade política. Varias crises de goberno favoreceron á restauración da monarquía.
-
Dadas as diferenzas entre o comunismo e o anarquismo, disólvese a Primeira Internacional. A Segunda Internacional proclama o 1 de maio como Día Internacional da Loita Obreira.