-
Period: to
A EUROPA DO ANTIGO RÉXIME
-
NOMEAMENTO DE LUIS XIV COMO REI DE FRANCIA
O monarca posuía un poder absoluto ao concentrar todos os poderes na súa persona.
Non se sometía a ningún tipo de control nin compartía a soberanía con ninguén .
Estaba asesorado por Consellos, ministros e secretarios, mentras que os funcionarios se encargaban de administrar o reino, recadar impostos e facer cumprir as ordes reais.
O rei debía respectar os privilexios tradicionais da nobreza e do clero. -
XURAMENTO DA DECLARACIÓN DE DEREITOS
Tamén chamado "The Bill of Rights" en inglés.
O Parlamento obrigou a Guillerme de Orange a xurar e aceptar esta declaración, pois esta limitaba os poderes do monarca e sometía algunhas das súas decisións ao Parlamento. -
Period: to
A NOVA ERA INDUSTRIAL
-
ASINAMENTO DO TRATADO DE UTRECHT
Os Tratados de Utrecht e Rastatt puxéronlle fin á Guerra de Sucesión e outorgáronlles unha serie de beneficios territoriais a Rusia, Prusia, o Ducado de Saboia e as Provincias Unidas. Tamén confirmaron ao Reino Unido como máximo beneficiario, así como Francia, Austria e Rusia, que se afirmaron como grandes potencias.
https://www.abc.es/historia/abci-utrecht-tratado-puso-guerra-desangraba-espana-entre-borbones-y-austrias-201609290050_noticia.html?ref=https%3A%2F%2Fwww.google.com%2F -
Period: to
A ILUSTRACIÓN
En toda Europa falábase de que se estaba vivindo na “Época das Luces”, na que os homes iluminados pola razón debían establecer unha nova organización que remplazaría ao Antigo Réxime. Baixo o dominio da razón, o home plantease novos interrogantes, como a desprecia do pasado, a renegación das vellas crenzas, o enfrontamento das doutrinas da igrexa e condúcese ás novas formas de pensamento coa intención de iluminar os seus coñecementos. Por iso ao século XVIII se lle chama “Século das Luces”. -
DIFUSIÓN DO SISTEMA NORFOLK
O sistema Norfolk era unha nova rotación de cutivos que combinaba a semente de cereais, que empobrecen a terra, coa de plantas forraxeiras (nabos, alfalfa), que a enrriquecen. Con esta nova rotación cuadrienal permitiuse ampliar a superficie cultivada, ademais de que o crecemento da produción de forraxe incrementou o gando, cuxo esterco axudaba a mellorar a fertilidade da terra. -
COMERCIO TRIANGULAR
O comercio triangular é unha ruta levada a cabo entre Europa, África e América. Os barcos partían de Europa con produtos manufacturados que eran cambiados en África por escravos, vendidos posteriormente en América aos donos das plantacións. Os barcos volvían a Europa cargados de produtos coloniais, como café, azucre, tabaco...
https://youtu.be/kjUWDIqQOxI -
INTRODUCIÓN DA MÁQUINA DE VAPOR
A máquina de vapor foi patentada por James Watt e accionada mediante a combustión de carbón. Este invento permitiu poñer en marcha todo tipo de máquinas industriais e agrícolas e tamén se lles aplicou aos medios de transporte. -
A GUERRA DE INDEPENDENCIA
No 1775 producíronse os primeiros enfrontamentos entre colonos e tropas inglesas. Os colonos organizáronse baixo o mando de George Washington e, en 1776, declararon a independencia dos EEUU. Os colonos tiveron a axudan de Francia, España e Holanda e en outubro de 1771, gañaron fronte aos ingleses en Yorktown, a cal sentenciou o fin da guerra e o Reino Unido acabou recoñecendo a independencia dos EEUU en 1783.
No 1789 George Washington foi nomeado o primeiro presidente dos EUA. -
CREACIÓN DO TEAR MECÁNICO
Cartwright inventou o primeiro tear mecánico en 1786 movido pola forza do vapor. Este é unha máquina utlizada para fabricar tecidos con fío ou con outras fibras.
O incremento na produción de tecidos requiriu enormes cantidades de branqueadores e de tinturas que desenvolveron a industria química. -
CONVOCATORIA DOS ESTADOS XERAIS
A nobreza rebelouse e esixiu a convocatoria dos Estados Xerais, xa que eran os únicos que podían aprobar impostos. Finalmente convocáronse e houbo un debate entre o rei Luís XVI e os representantes do Terceiro Estado. Estes últimos esixiron a reunión de todos e o voto por cabeza. O Terceiro Estado acabou constituíndose en Asamblea Nacional e xuraron non disolverse ata que Francia tivera unha constitución. O rei aceptou e os Estados Xerais transformáronse en Asamblea Nacional Constituínte. -
Period: to
OS MOVEMENTOS LIBERAIS E NACIONAIS
-
ELABORACIÓN DUNHA CONSTITUCIÓN
A Asamblea elaborou unha Constitución en 1791, na que o monarca só conservaba o poder executivo, a Asamblea (Parlamento) elaboraba as leis (poder lexislativo) e os xuíces eran independentes (poder xudicial). Estableceu o sufraxio universal (limitado aos máis ricos). A aprobación desta Constitución instaurou en Francia unha monarquía constitucional e deu paso a unha nova Asamblea Lexislativa. -
PROCLAMACIÓN DA REPÚBLICA
A primeira acción da Convención Nacional foi a abolición da monarquía e a proclamación da República.
Coa proclamación da República e o sufraxio universal, os xirondinos (moderados) consideraban que a revolución xa acabara e que todo novo paso adiante ía conducir á anarquía a ao caos. Os xacobinos (radicais) desexaban unha revolución máis popular que avanzase na igualdade social. -
ASASINATO DE LUÍS XVI
Tanto os xirondinos como os xacobinos tiñan diferenzas con respecto á monarquiía. Os xirondinos querían castigar o rei, pero temían que a súa morte radicalizase o proceso revolucionario. Os xacobinos queríano xulgar, condenar e axustizar. Finalmente a presión popular obrigou á Convención a guillotinar ao rei Luís XVI e posteriormente á raíña. -
GOLPE DE ESTADO DE NAPOLEÓN
As clases acomodadas viron en Napoleón Bonaparte un xeneral vitorioso que podería garantir a revolución liberal e evitar os excesos democráticos dos sectores populares. Co apoio da burguesía e do exército, Napoleón protagonizou un golpe de Estado e concentrou todo o poder nas súas mans. -
Period: to
A EXPANSIÓN DA INDUSTRIALIZACIÓN
Ao longo do século XIX, o proceso de industrialización espallouse por Europa.
A principios do XIX, as transformacións económicas empezaron en Francia e Bélxica. A partir de 1850 en Alemaña. Mais tarde en Italia e España, ainda que o crecemento industrial era incompleto. En Europa Occidental só en zonas moi localizadas e no resto do mundo só nos EEUU e en Xapón se desenvolveu unha industria como a europea. -
Period: to
ORIXES DO MOVEMENTO OBREIRO
-
Period: to
LUDISMO
A nova organización do traballo e a introdución de máquinas non só deteriorou as condición laborais, senón que provocou unha perda de postos de traballo. Ante esta situación, producíanse revoltas espontáneas e violentas por parte dos traballadores. Esas accións ocasionábanse sobre as máquinas, xa que as consideraban as culpables do paro e do descenso dos traballos.
O ludismo fai referencia a Ned Ludd e as revoltas ludistas máis imporantes foron en Alcoy no 1821, e en Barcelona en 1835. -
CONFEDERACIÓN XERMÁNICA
En Alemaña creouse a Confederación Xermánica. Dentro dela, o reino de Prusia pugnaba co Imperio austríaco polo dominio politico do territorio. Un primeiro paso cara á unificación territorial foi a creación do Zollverein ou Unión Aduaneira, na que se integrou Prusia pero non Austria. -
BATALLA DE WATERLOO
Foi un combate liderado entre o exército francés fronte ás tropas británicas, holandesas e alemás e o exército prusiano.
Tras a volta do emparador do seu exilio na illa de Elba, e ao reunirse a Séptima Colaición contra el, Napoleón decide invadir os Países Baixos onde se están reunindo tropas da Coalición. Isto enmárcarse dentro dos denominados Cen Días.
ttps://www.abc.es/cultura/20150622/abci-curiosidades-waterloo-batalla-napoleon-201506221259.html -
-
A NOVA ITALIA
En Italia, un movemento de afirmación nacional deu orixe a organizacións como a Nova Italia. Estaba dirixida por Mazzini, que propugnaba, mediante a insurrección popular, a creación dunha república democrática, unitaria e laica. -
Period: to
CARTISMO
En Gran Bretaña, o movemento obreiro tomou a iniciativa de organizarse nun proxecto político, que sería o ludismo.
Os ludistas reclamaban o sufraxio universal masculino e secreto, un soldo para os deputados e inmunidade parlamentaria.
Estes presentáronlle as súas demandas á Cámara dos Comúns e promoveron na súa defensa folgas e manifestacións. Aínda que non conseguiron os seus obxectivos, o cartismo permitiu a concienciación de amplas capas de traballadores. -
Period: to
1ª GUERRA DO OPIO
A 1ª Guerra do Opio foi un conflito armado entre o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e China entre 1839 e 1842, por diferenzas en canto ao comercio con opio na China continental. -
REVOLUCIÓN DE 1848
A revolución de 1848 tivo unha gran transcendencia na historia europea, xa que afectou a case todo o continente e espallou as demandas de liberdade e de reivindicación nacional. Supuxo a fin da maioría das monarquías absolutas que quedaban en Europa, a orixe das ideas democráticas e o xurdimento dun movemento nacionalista contra os grandes imperios. -
PARLAMENTO DE FRANKFURT
-
-
Period: to
2º GUERRA DO OPIO
Na 2ª Guerra do Opio interveñen Gran Bretaña, Francia e China. Na década de 1850 vese un rápido crecemento do imperialismo. A corte dos Qing rexeita as demandas presentadas polo Reino Unido, Francia e os EEUU. -
ABOLICIÓN DA SERVIDUME
A reforma máis importante de Alexander II foi a abolición da servidume no 1861. Por iso os campesiños quedaron decepcionados porque, aínda que se lles permitía comprar as súas terras, para a maioría isto era imposible. Só os máis acomodados se pudieron permitir facelo e compraron terras de campesiños pobres, o que orixinou unha nova burguesía rural, onde se atopaban os chamados kulaks. Mentres, outros moitos caeron na miserias, que eran os mugics, e tiveron que emigrar ás cidades a por traballo. -
Period: to
GUERRA DE SECESIÓN
A Guerra de Secesión xurdiu por mor dunha divisón entre os Estados do norte e do sur. Esta guerra foi longa e cruenta e, aínda que nalgúns momentos as forzas estiveron igualadas, o maior peso domográfico e os recursos técnicos acabaron dándolles a victoria ás forzas do norte. -
ASOCIACIÓN INTERNACIONAL DE TRABALLADORES (AIT)
A AIT ou Primeira Internacional organizouse en seccións nacionais e tiña un Consello Xeral dirixido por Marx, que redactou os estatutos e o manifesto inicial no que se establecían os principios básicos da Internacional, xa que a emancipación dos traballadores, que consquistarían o poder político para acabar coa sociedade burguesa e implantar o socialismo. -
-
Period: to
A DOMINACIÓN EUROPEA DO MUNDO
-
Period: to
2ª REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
A 2ª Revolución Industrial foi unha época de importantes cambios económicos e sociais como consecuencia dun acelerado desenrolo tecnolóxico.
https://youtu.be/AcNe0ZrDWTc -
Period: to
RIVALIDADE ENTRE RUSOS E BRITÁNICOS
O avance ruso polo Cáucaso e Asia central supuxo unha ameaza para os intereses do Imperio británico na zona da India. Afganistán, Persia e o Tíbet estiveron sometidos á influencia de ambos os dous imperios, que se disputaron o seu control ata o acordo anglo-ruso de 1907, que definiu as respectivas zonas de influencia. -
Period: to
AS GRANDES POTENCIAS
-
INVENCIÓN DO TELÉFONO
O teléfono foi inventado por Alexander Graham Bell mentras vivía en Cuba.
Este está formado por dous circuitos que funcionan xuntos, o circuito de conversación, que é a parte analóxica, e o circuito de marcación, que se encarga da marcación e a chamada.
https://youtu.be/6_iAsR-ZfGw -
PROCLAMACIÓN DO II REICH
A proclamación do II Reich tivo lugar en Versalles (Francia) en xaneiro de 1871 tras a vitoria de Prusia na guerra franco-prusiana e como consecuencia do esfrozo de Otto von Bismarck.
https://www.puzzledelahistoria.com/?cat=2634 -
PROCLAMACIÓN DA III REPÚBLICA
A derrota francesa en Sedán fronte a Prusia (1870) provocou a caída do Imperio de Napoleón III e a proclamación da República. Deste xeito, Francia converteuse na única das grandes potencias europeas cuxo réxime político era unha república.
A III República tiña dúas cámaras lexislativas (Asamblea e Senado) e un presidente elixido con poucos poderes. Neste período impulsouse a democratización política, onde se restauraron as liberdades públicas, se instaurou o sufraxio universal... -
INVENCIÓN DA MÁQUINA DE ESCRIBIR
A primeira máquina de escribir con éxito comercial foi inventada en 1872 por Christopher Sholes, Carlos Glidden e Samuel W.
O procedemento mecánico de escritura acelerou ao ritmo das comunicacións, marcou un punto importante no desenrolo das relacións sociais e permitiulle á muller ingresar masivamente ao mundo laboral como dactilógrafa. -
PARTIDO SOCIALDEMÓCRATA ALEMÁN (SPD)
O SPD foi fundado no 1875 baixo principios marxistas. Nos seus inicios estivo prohibido polo goberno alemán e consolidouse na clandestinidade. Era a forza mellor organizada e o punto de referencia dos partidos obreiros que se espallaron por Europa.
O seu éxito procedía dun programa e dunha práctica que combinaban o obxectivo final revolucionario do socialismo coa loita cotiá para conseguir reforma inmediatas, como o sufraxio universal masculino e feminino, xornada de 8 horas, ensinanza laica... -
SINATURA DA TRIPLA ALIANZA
O sistema de alianzas internacionais promovido por Alemaña tiña como obxectivo consolidar a hexemonía alemá na política continental europea e a contención dos seus rivais, en particular o illamento de Francia, para evitar un posible revanchismo pola perda das rexións de Alsacia e Lorena tras a derrota de 1870. Estas alianzas desembocaron na sinatura da Tripla Alianza entre Alemaña, o Imperio austrohúngaro e Italia. -
CONFERENCIA DE BERLÍN
A Conferencia de Berlin foi convocada por Francia e Alemaña, e organizada polo Chanceller de Alemaña, Otto von Bismarck, co fin de resolver os problemas que propoñía a expansión colonial en África e resolver a súa repartición.
Esta estipulou as condicións para ocupar novos territorios por parte das metrópoles e estableceu as diferentes zonas de influencia. -
INTRODUCIÓN DO AUTOMÓBIL CON GASOLINA
Carl Benz fixo funcionar un automóbil de tres rodas cun motos monolíndrico de dous tempos que alcanzaba 250 revolucións por minuto. Así naceu o primeiro automóbil práctico do mundo. Benz e Gottlieb Daimler, ambos de Alemaña, foron pioneiros na fabricación de automóbiles en Europa.
https://youtu.be/M9gHwjvGJvQ -
GUERRA CHINÉS-XAPONESA
O Xapón e a China entraron en guerra tras anos de rivalidade polo control de Corea. Xapón influiulle unha gran derrota ao Imperio chinés e afianzouse como potencia emerxente. Corea deixou de ser un Estado vasalo chinés e converteuse nun protectorado xaponés en 1905. -
GUERRA ENTRE ESPAÑA E EEUU
EEUU declaroulle a guerra a España, en abril de 1898, coa escusa do afundimento do seu acoirazado Maine no porto da Habana, e en maio ambas as dúas forzas navais enfrentáronse na baía de Manila. España sufriu unha rápida derrota militar e na Paz de París renunciou a Cuba, Porto Rico, Fiipinas e Guam. -
CRISE DE FACHODA
Os intereses de Francia e Gran Bretaña en África bateron en Fachoda cando ambos os dous quixeron ocupar unha zona estratéxica do alto Nilo. A superioridade militar dos ingleses obrigou aos franceses a retirarse. -
PARTIDO OBREIRO SOCIALDEMÓCRATA RUSO (POSDR)
O POSDR foi unha organización política rusa fundada en 1898 pola unión de grupos socialdemócratas. O seu principal inspirador foi Plejánov, quen inclinou o partido ata a línea menchevique e de quen se distanciou de Lenin, impulsos dos bolcheviques. Ademais, impulsou a folga xeral de 1904 e opúxose á Revolución de Outubro. -
Period: to
A REVOLUCIÓN RUSA E A ORIXE DO ESTADO SOVIÉTICO
-
GUERRA RUSO-XAPONESA
Os xaponeses, co apoio dos británicos, detiveron o expansionismo ruso por Manchuria e o norte de Corea. O Imperio xaponés, que xa ocupaba as illas Kuriles e Formosa (Taiwán), anexionou Corea en 1910. -
REVOLUCIÓN DE 1905
A Revolución de 1905 foi unha gran manifestación ante o Palacio de Inverno, onde residía o tsar, a cal protestaba contra o despotismo e a inxustiza social e demandou melloras nas condicións de vida da poboación e a celebración dunha Asamblea Constituínte elixida polo pobo. Finalmente, esta proposta foi reprimida polo exército, a cal provocou máis de 300 mortos e 1000 feridos. -
CREACIÓN DO TRIPLO ACORDO
Francia e Rusia, que se sentían ameazadas por Alemaña, asinaron un acordo en 1892. Francia asinou con Gran Bretaña, que temía rivalidade de Alemaña no comercio marítimo, o Acordo Cordial en 1904. Esta alianzas para conter a Alemaña desembocaron na creacción dun Triplo Acordo (Entente) en 1907. -
1ª GUERRA BALCÁNICA
O imperio ruso apoio a creación dunha Liga balcánica, que agrupaba Serbia, Bulgaria, Grecia e Montenegro, para enfrontarse ao Imperio turco. Como resultado, os turcos tiveron que abandonar os territorios europeos que aínda tiñan, a excepción de Constantinopla, recoñecer a independencia de Albania e cederlle a Bulgaria unha saída ao mar Exeo. -
2ª GUERRA BALCÁNICA
Esta enfrontou os serbios, que contaban co apoio de Grecia, Montenegro e Romanía, cos búlgaros. A Paz de Bucarest obrigou a Bulgaria a cederlles territorios a diversos paìses, e outorgoulle Serbia importantes compensacións territoriais. -
BATALLA DO MARNE
Os franceses atacaron Alemaña por Alsacia, pero aos poucos días tiveron que retroceder derrotados. Mentres, os exércitos xermanos avanzaron sobre Bélxica e invadiron Francia. En poucos meses, o Mariscal Joffre reorganizou o exército francés e conseguiu parar o avance dos alemáns na batalla do Marne. -
BATALLE DE TANNENBERG
Na fronte do Leste, unha rápida ofensiva rusa sorprendeu os alemáns, pero foi rapidamente freada polas tropas comandadas por Hindenburg na batalla de Tannenberg. Una nova ofensiva austro alemá reconquistou os territorios de Galitzia, ocupados o ano anterior polos rusos, e conquistou a Polonia rusa e Lituania. -
Period: to
1ª GUERRA MUNDIAL
-
ASASINATO DE FRANCISCO FERNANDO
O detonante da guerra foi o asasinato en Saraxevo do herdeiro da coroa austríaca, o arquiduque Francisco Fernando. Un estudante bosníaco relacionado con grupos nacionalistas serbios organizou o atentado. Austria, animada por Alemaña, declaroulle a guerra a Serbia, acusada de organizar o atentado. -
AFUNDIMENTO DO LUSITANIA
O afundimento dun barco estadounidense, o Lusitania, por un submarino alemán, fixo que entraran os EEUU en guerra. A incorporación de dous millóns de soldados americanos e da potencia industrial estadounidense decantou a guerra a prol dos aliados. -
BATALLA DE VERDÚN
En febreiro de 1916, os alemáns intentaron romper a fronte francesa no Norte de Francia e iniciaron a batalla de Verdún, que durou máis de catro meses e na cal os franceses resistiron nas súas trincheiras. En xullo, os aliados intentaron unha ofensiva no río Somme, pero sen éxito. -
-
REVOLUCIÓN DE FEBREIRO DE 1917
A revolución comezou o día 23 de febreiro cunha gran manifestación en Petrogrado, que atopou eco en diversas cidades do Imperio. Ademais, esta supuxo a creación de sóviets, que adquiriron gran protagonismo. O 27 de febreiro houbo unha folga xeral, onde todas protestas populares esixían a retirada da guerra, a dimisión do tsar e a mellora das condicións de vida. Finalmente o tsar acabou abdicando, e a Duma nomeou un goberno provisional dirixido polo príncipe Lvov. -
NOMEAMENTO DUNHA ASAMBLEA CONSTITUÍNTE
En novembro de 1917, convocáronse as eleccións previstas polo goberno para elixir unha Asamblea Constituínte.Os bolxeviques non obtiveron a maioría e decidiron disolver a Asamblea, debido a que esta se negaba a someter as súas decisións á aprobación dos sóviets. A revolución bolxevique non quería un sistema democrático-parlamentario e os sóviets estableceron nova institucións do Estado proletario. A revolución triunfou e os bolxeviques controlaban unha zona arredor de Petrogrado e Moscova. -
-
ASASINATO DE NICOLAU II E A SÚA FAMILIA
No medio desta clima de violencia e ante o temor de que o tsar puidese ser rescatado polo Exército Branco, en xullo de 1918, Nicolau II e a súa familia foron executados polos bolcheviques en Ekaterinburgo, onde se achaban prisioneiros. -
Period: to
GUERRA CIVIL
-
TRATADO DE VERSALLES
O tratado de Versalles obrigaba a Alemaña a recoñecer a súa responsabilidade na guerra e que lle impoñía condicions moi severas. Este tratado recibeuse en Alemaña como unha imposición, o chamado Dicktat, e xerou un importante descontento, que ía ter graves consecuencias no futuro. -
CREACIÓN DA SOCIEDA DE NACIÓNS
A Sociedade de Nacións tiña que supervisar o cumprimento dos tratados, protexer as minorías nacionais dos Estados e administrar os territorios subtraídos a Alemaña e Turquía.
A ausencia dos EEUU, a dos países vencidos ou a da Rusia bolchevique, illado do resto de países tras a revolución, converteu a SDN nunha organización de vencedores sen medios nin forza moral para impor as súas decisións. -
Period: to
PROSPERIDADE, CRISE E DEPRESIÓN
-
Period: to
OS RÉXIMES TOTALITARIOS NA EUROPA DE ENTREGUERRAS
-
EEUU 1ª POTENCIA ECONÓMICA MUNDIAL
EEUU converteuse na primeira potencia económica mundial, polo tanto era o primeiro produtor mundia, o primeiro exportador mundial e o primeiro invidor mundial. Con relación a Europa, os países europeos estaban endebedados, introdúcese nos seus mercados e exporta máis do que importa. -
FUNDACIÓN DO PARTIDO NACIONAL FASCISTA (PNF)
En novembro de 1921, Mussolini fundou o Partido Nacional Fascista (PNF) que alcanzou rapidamente os 700.000 afiliados. Dotou o partido dun programa populista no social, pero defensor da propiedade privada e fortemente nacionalista e militarista. Tamén adoptou unha simboloxía propia, ca súa camisa negra como uniforme e o saúdo á romana co brazo en alto e o fascio como emblema. -
-
"MARCHA SOBRE ROMA"
En outubro de 1922, as organizacións de esquerda organizaron un golpe de Estado encuberto, a chamada "Marcha sobre Roma", e unha serie de organizacións nalgúns lugares do país. A marcha finalizou cando o rei Vítor Manuel III, presionado por políticos conservadores, pola Confederación de empresarios, os militares e os nacionalistas, encargou a Mussolini a formación dun novo goberno. -
FALECEMENTO DE LENIN
En 1924 morreu Lenin, o líder indiscutible dos bolcheviques. A súa sucesión desencadeou unha loita entre os dirixentes do partido bolxevique que se desenvolveu entre 1924 e 1928 por diversas causas, a xefatura do Partido, polo poder no Estado soviético e pola orientación que debía tomar a revolución no futuro.
A loita estivo entre Trotsky, que naquel intre era o bolxevique máis destacado, e Stalin, secretario do PCUS. -
APROBACIÓN DO PLAN DAWES
A dificultade para cobrar as indemnizacións e mais o derrubamento da economía alemá obrigaron a flexibilizar as condicións. En 1924, unha conferencia internacional aprobou o Plan Dawes, que fraccionaba o importe dos pagamentos alemáns e propoñía o fortalcemento do marco a partir de préstamos e investimentos estadounidenses. -
INSTAURACIÓN DA DITADURA FASCISTA
En 1925, Mussolini iniciou a instauración da ditadura fascista, que estaba caracterizada pola supresión da democracia, a concentración de todos os poderes nas mans de Mussolini, a creación dun Estado corporativo, o establecemento das relacións co Vaticano mediante o Convenio de Letrán, o inicio dunha política exterior expansionista e a aprobacións de leis radicais ditadas en 1938. -
CHEGADA DE STALIN AO PODER
Stalin conseguiu facerse co poder, encarcerar a Trotsky e mandalo ao exilio. O resultado foi o establecemento dun poder autoritario, o reforzamento do partido e dos seus métodos centralistas de decisión e a imposibilidade de calquera vía de participación democrática. Stalin púxollle fin á NEP e forzou a colectivización da terra. Ademais, este perseguiu aos seus opositores, para mais tarde expulsalos do país ou condenándoos ao cárcere ou á morte. -
-
CRISE DE 1929
A crise de 1929 acabou de complicar a situación e creou un ambiente favorable para a desestibilización desas democracias e a aparición de ditaduras e réximes totalitarios. -
A GRAN FAME
En 1932, o ritmo da colectivización afectaba xa dous terzos das terras e en 1935 superaba o 90%. Ao final de todo o proceso, 25 millóns de pequenas empresas agrícolas foron fusionadas en 240.000 kolkhozs e 4.000 sovkhós, pero ao custo de enermes sacrificios da poboación campesiña e dunha redución de colleitas. A gran fame de 1932, onde morreron 11 millóns de campesiños, obrigou a impoñer un racionamento estrito, que estimulou o xurdimento do mercado negro. -
NEW DEAL
O New Deal foi unha política que puxo en práctica o presidente dos EEUU Franklin D. Roosevelt a partir de 1933 para superar a crise económica e diminuir os seus afectos sociais. O seu programa intercedía pola intervención pública, considerada necesaria para saír da depresión. -
RÉXIME DE PARTIDO ÚNICO
Ilegalizaron os partidos socialdemócrata e comunista, cuxos dirixentes foron detidos e enviados a campos de "reeducación", e os seus bens, confiscados. Esta medida fíxose extensiva pouco despois ás restantes organizacións e, a partir de xullo de 1933, habería por lei un réxime de partido único, que sería o NSDAP ou partido nazi. Os sindicatos foron substituídos pola Fronte Alemá do Traballo, que é o sindicato único e controlado polo partido nazi. -
HITLER CHANCELER DE ALEMAÑA
Nas eleccións de xullo de 1932 o Partido Nazi obtivo a 230 deputados. O presidente Hindenburg cedeu ás presións dos nacionalistas, os grandes industriais e os xefes do exército e nomeou a Hitler chanceller de Alemaña o 30 de xaneiro de 1933. -
HITLER CONVERTEUSE EN FÜHRER
Primeiro nomeouse a Hitler como xefe de Estado despois de morrer o presidente Hindenburg en 1934. Máis tarde converteuse en Führer, é dicir, en caudillo e chanceler do III Reich, nomeamento que foi corroborado en referendo días máis tarde. -
LEIS DE NUREMBERG
En 1935 proclamáronse as Leis de Nuremberg, que degradaron oficialmente os xudeus alemáns á categoría de cidadáns de segunda clase. -
TEORÍA XERAL DE KEYNES
A teoría de Keynes expón que o gasto promove a produción e xenera máis ingresos. Si os traballadores están dispostos a gastar o seu diñeiro, o aumento resultante do PIB podería ser incluso maior que o gasto inicial afectuado polo goberno -
-