Bandeira jaleja

HISTORIA DA LINGUA GALEGA

  • 810 BCE

    O GALEGO LINGUA ROMÁNICA

    O GALEGO LINGUA ROMÁNICA
    O galego é unha lingua románica, romance ou neolatina que deriva fundamentalmente do latín. A conquista do noroeste hispánico no ano 137a.C., remata coa conquista definitiva por parte do emperador Augusto, entre os anos 29-19a.C. A partir dese momento , Galicia integrouse primeiro na Lusitania, posteriormente na Hispania Citerior, ata quedar finalmente constituída como provincia de Gallaecia.
  • 800 BCE

    LINGUAS DE SUSTRATO

    LINGUAS DE SUSTRATO
    Son as palabras procedentes das linguas prerromanas. Temos dous tipos que son: celtas e preceltas.
  • 800 BCE

    LINGUAS DE SUBSTRATO PRECELTAS

    LINGUAS DE SUBSTRATO PRECELTAS
    Exemplos: amorodo, cama, carballo, morea, parra, toxo...
  • 600 BCE

    LINGUAS DE SUSTRATO CELTAS

    LINGUAS DE SUSTRATO CELTAS
    Vivían en cidades amuralladas chamadas castros. Os gregos chamáronlles, primeiro "hiperbóreos"; máis tarde foron chamados keltoi ou pobo oculto, que proven do grego Hecateo de Mileto do 517 a.C. Exemplos de palabras que nos deixaron: berro, cervexa, camiño,camisa, cabalos....
  • 300

    A ROMANIZACIÓN E O LATÍN

    A ROMANIZACIÓN E O LATÍN
    Chámase romanización ó proceso histórico que se desenvolveu entre o século II e principios do século III, causando cambios culturais nas rexións conquistadas polo imperio romano. Debido á ela, as cidades que estaban baixo o dominio dos romanos acabaron por adaptar a súa lingua, tradicións e institucións. A maioría das palabras da nosa lingua veñen do latín, temos: palabras patrimoniais, voces que se incorporan na colonización; cultismos, tardíamente e semicultismos, tarde con evolucións.
  • 500

    LINGUAS DE SUPERESTRATO

    LINGUAS DE SUPERESTRATO
    Son as palabras que proceden dos pobos posteriores ós romanos:
    -Linguas xermánicas: a partir do século V, en Gallaecia primeiro asentáronse os suevos e posteriormente os suevos.
    -Lingua árabe: os árabes chegaron a Galicia a principios do século VIII, aquí a súa estadía foi máis breve que no resto da península.
  • 500

    LINGUAS DE SUPERESTRATO: os xermánicos (visigodos e suevos)

    LINGUAS DE SUPERESTRATO: os xermánicos (visigodos e suevos)
    Os xermanos deixaron:
    -Palabras de uso común e referentes á guerra: banco, branco, espía, guerra sopa, toalla, roupa...
    -Topónimos: Allaríz, Guitiríz, Forcarei...
    -Antropónimos: Fernando, Gonzalo, Luís Alberte..
  • 700

    LINGUAS DE SUPERESTRATO: os árabes

    LINGUAS DE SUPERESTRATO: os árabes
    Os árabes deixaron:
    -Arabismos como: aceite, alcume, alfaia, alfinete, azucre, cenoira, xadrez...
    -Topónimos: A Mezquita ou Rábade.
  • 800

    NACEMENTO DO GALEGO-PORTUGUÉS

    NACEMENTO DO GALEGO-PORTUGUÉS
    O seu nacemento debeuse a que despois de recibir as influencias das linguas xermánicas e do árabe, a lingua falada no noroeste da península estaba tan evolucionada que, a partir do século IX, era xa un idioma perfectamente diferenciado do latín e das outras linguas románicas. Recibiu o nome de galego-portugués por ser o idioma que se falaba en Galicia e no norte do actual Portugal.
  • 900

    CARACTERÍSTICAS DO GALEGO-PORTUGUÉS MEDIEVAL

    CARACTERÍSTICAS DO GALEGO-PORTUGUÉS MEDIEVAL
    Do 900-1100. O galego medieval distínguese do galego actual principalmente en:
    -Existencia de vogais nasais.
    -Distnición b/v.
    -Presenza de sibilantes sonoras.
    O sistema de vogais orais era o actual, aínda que non coa mesma distribución.
    O galego-portugués era unha lingua falada que pasou a ser escrita.
    Outras linguas que aparecen en esa época son: o latín eo castelán medieval.
  • 1100

    A LITERATURA MEDIEVAL GALEGO PORTUGUESA

    A LITERATURA MEDIEVAL GALEGO PORTUGUESA
    1100-1500.Escrita en galego- portugués. Temos:
    -Cantigas de amigo: breves composicións en boca dunha moza solteira namorada que expresa os seus sentimentos. Temática : mariñas ou barcolas, cantigas de romaría, bailadas e albas.
    -Cantigas de amor: composición de temática amorosa na que un cabaleiro expresa o seu amor cara a unha dama. Temas: eloxio da dama, amor do poeta, reserva da dama e a coita de amor.
    -Cantigas de escarnio: xénero satírico. Temas: sátira política, social, sexual, moral...
  • 1483

    SÉCULOS ESCUROS, DECADENCIA DA LINGUA E DA LITERATURA GALEGAS -S.XVI, S.XVII E S.XVIII

    SÉCULOS ESCUROS, DECADENCIA DA LINGUA E DA LITERATURA GALEGAS -S.XVI, S.XVII E S.XVIII
    Época na que o latín se converte na lingua predominante, comeza a introducirse o castelá. O galego úsase no ámbito familiar e nas clases humildes. Temos: poesía culta renacentista (Soneto de Monterrei..), poesía culta barroca (Exequias da raíña Margarida..), poesía popular (temas históricos: morte do mariscal..; poesía tradicional anónima: cantigas de berce, amorosas..), teatro (litúrxico, entroido e entremés) e vilancicos (populares a finais do S.XVIII, interpretáronse nas catedrais.
  • ILUSTRACIÓN-S.XVIII

    ILUSTRACIÓN-S.XVIII
    Na 2ª metade deste século os ilustrados, comezan a recuperar o uso do galego, comeza un cambio da imaxe peiorativa da nosa lingua e de Galicia. Temos: Frei Martiño Sarmiento ( estudos sobre o galego, reivindica o seu uso no ensino, na Igrexa e na Administración), Diego Antonio Cernadas e Castro ( cura de Fruíme, os seus poemas fan unha loanza á nosa terra), Xosé Cornide e Saavedra (obras de carácter científico), Francisca de Isla e Losada (poema humorístico) e Anselmo Feixoo.
  • O CONTEXTO SOCIO-LINGÜÍSTICO DA LINGUA GALEGA A COMEZOS DO S.XX

    O CONTEXTO SOCIO-LINGÜÍSTICO DA LINGUA GALEGA A COMEZOS DO S.XX
    Nesa época era a lingua máis empregada pola poboación. O castelán era a lingua de prestixio empregada pola clase alta. Co aumento da poboación nas cidades como consecuencia da mellora do sector industrial, gran parte da poboación pasa a falar castelán. No 1906 creouse a Real Academia Galega, que tiña como obxectivo a dignificación da lingua. A Xeración Nós foi un conxunto de profesores e artistas que reivindicaron a identidade nacional de Galicia durante eses anos.
  • SITUACIÓN SOCIOECONÓMICA

    SITUACIÓN SOCIOECONÓMICA
    A finais do S.XIX Galicia estaba atrasada económicamente. A emigración foi a única maneira dos galegos para mellorar. A comezos do S.XX comeza un lento proceso de modernización. Cidades e industrias comezan a medrar (conserveiras e construcción naval). O incremento demográfico tamén inflúe na emigración (Arxentina, Cuba, Uruguay e Brasil). Xurde o agrarismo co propósito de mellorar as condicións dos campesiños. En 1926 conseguese a eliminación dos foros. Xorde unha pequena burguesía.
  • REAL ACADEMIA GALEGA

    REAL ACADEMIA GALEGA
    É unha institución que ten como obxetivo o estudo e a preservación da cultura de Galicia e da súa lingua. Elabora as súas normas gramaticais, ortográficas e léxicas. Tamén promove o uso do galego. Os seus membros son personalidades destacadas do mundo da cultura. Está na Coruña e o seu presidente actual é Víctor Fernández Freixanes. Manuel Murguía publicou no 1904 un artigo no que propugnou a creación da RAG. Finalmente, constitúese o 30 de setembro de 1906 presidida por Manuel Murgía.
  • SITUACIÓN POLÍTICA DE GALICIA

    SITUACIÓN POLÍTICA DE GALICIA
    Comeza a 1ª Guerra Mundial. Formánse dous sistemas contrarios, o capitalismo e o liberalismo.No 1918 despois da guerra a xente busca esquecer. Cae a bolsa de Nova Iork. No 1920 Primo de Rivera efectúa un Golpe de Estado e consolida unha ditadura que persigue as linguas non oficiais. No 1931 remata a ditadura e fórmase a II República. No 1936 un novo Golpe de Estado da lugar a unha guerra civil que gaña Franco. No 1939 estala a 2ª Guerra Mundial, na que Galicia foi útil polo wolframio.
  • AS IRMANDADES DA FALA

    AS IRMANDADES DA FALA
    Foron a primeira iniciativa nacionalista fundada na Coruña en 1916 liderado polo xornalista Antón Villar Ponte. Houbo diversas irmandades fundadas ó longo do país. Chegaron á teoría de que Galicia era unha nación e pensaban que para solucionar os seus problemas deberían de crear un poder político propio. O seu principal propósito era lograr a dignificación e normalización da nosa lingua mediante: a súa introducción no ensino, promover a traducción ó galego, creación de diccionarios...
  • A REVISTA NÓS

    A REVISTA NÓS
    Foi unha revista que se publicou en galego entre os anos 1920 e 1936 con contidos literarios, linguísticos, etnográficos, filosóficos e de pensamento político. O primeiro número apareceu en Ourense o 20 de outubro de 1920. Tiña un carácter nacionalista e pretendía normalizar o uso do galego e convertelo nunha lingua de cultura. Temas: o descubrimento da identidade galega e tamén falaba das ideas que aparecían en Europa, así exploraron culturas europeas como a irlandesa e a portuguesa.
  • SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS

    SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS
    Era unha institución cultural fundada por uns intelectuais universitarios e integrantes das Irmandades da Fala en 1923. A súa intención era estender o uso do galego. No ano 1936 a sua actividade foi interrompida polas autoridades franquistas ó estalar a Guerra Civil. Se isto non ocorrese, sería máis relevante para Galicia, pois tiña moitos proxectos que aínda non desenvolveran. O seminario estaba organizado en distintas seccións que usaban o galego para propagar estudos científicos.
  • O PARTIDO GALEGISTA

    O PARTIDO GALEGISTA
    Foi un partido nacionalista fundado en decembro de 1931 e con relevancia na política da II República. A súa orixe tivo lugar nunha asemblea en Pontevedra co propósito de crear un novo partido nacionalista. Ahí converxen o grupo coruñés das Irmandades co ourensán liderado por Vicente Risco. Este deixa o partido pola súa distinta ideoloxía. Os principais líderes restantes son Castelao e Bóveda. Obxetivos: cooficialización do galego en distintos ámbitos, establecer o Estatuto de Autonomía