Pergamino sharrer

LIÑA DO TEMPO LINGUA GALEGA

  • S. VIII- VI --  LINGUAS CELTAS E PRECELTAS
    500 BCE

    S. VIII- VI -- LINGUAS CELTAS E PRECELTAS

    S. VIII - VI a.C.
    Do celta conservamos palabras de uso común como beizo, berce, bico, billa ou carro; topónimos com Tarascón, Viascón ou Barallobre e hidrónimos como Sar ou Limia.
    Dos pobos preceltas consérvanse palabras como amorodo, cama, carballo, morea, parra ou toxo.
  • S. I a.C. - S. II d.C LATIN
    1 BCE

    S. I a.C. - S. II d.C LATIN

    Do latín temos palabras patrimoniais (lúa, amigo chuvia,
    noite ou facer), cultismos ( lácteo, directo ou pleno) ou semicultismo (chaga, cravo ou prata)
  • S. V --  XERMÁNICOS
    400

    S. V -- XERMÁNICOS

    S. V d.C. -- Os pobos xermánicos (suevos e os visigodos) deixaron palabras de uso común e referentes á guerra (banco, branco, escuma, esmagar, espía, guerra, roupa, sopa, toalla, xabón,...); topónimos como Allariz, Guitiriz, A Gudiña, Forcarei, Suevos,...; e antropónicos como Afonso Fernando, Gonzalo, Alberte, Elvira, Branca....
  • S. VIII  -- ÁRABES
    700

    S. VIII -- ÁRABES

    S. VIII d. C.
    Os árabes deixáronnos palabras como aceite, alcumen, alfaia, alfinete, azucre,,.. e topónimos como A Mezquita ou Rábade
  • S. IX --  GALEGO -  PORTUGUÉS
    800

    S. IX -- GALEGO - PORTUGUÉS

    S. IX d.C. -- A partir deste século a língua falada no noroeste da península era xa un idioma claramente diferenciado do latín e doutras linguas románicas. Chamouse galego- portugués porque se falaba en Galicia e o Norte de Portugal.
  • S. X  --  TEXTOS ESCRITOS EN GALEGO PORTUGUÉS
    900

    S. X -- TEXTOS ESCRITOS EN GALEGO PORTUGUÉS

    Os primeiros textos escritos en galego datan do século X e son anotacións sobre outros textos, pero co tempo o seu emprego esténdese a todo tipo de obras en prosa: documentos notariais, crónicas, obras didácticas....
  • LITERATURA
    1100

    LITERATURA

    S. XII --P
    A finais deste século convértese en lingua literaria e temos a lírica galego- portuguesa medieval. Convértese nun dos idiomas máis prestixiosos da Península en na lingua poética por excelencia na que trobadores e xograres compoñen as cantigas..