-
Nace na cidade de Ferrol, Ricardo Carvalho Calero, quen será unha das figuras máis importantes da literatura galega do século XX.
-
Dende 1926 até 1932 vivíu en Santiago de Compostela mentres estudiaba Dereito. Foi este un momento de intensa militancia política de Carvalho, integrado no movimento nacionalista e tomando parte no activismo estudiantil.
-
En 1928 publicou o seu primeiro poemario, Trinitarias, escrito en castelán.
-
30 poemas de temática diversa, publicado pola Editorial Nós.
-
Participuo na fundación do Partido Galeguista xunto con outros intelectuais como Castelao, R. Otero Pedrayo, A. Cunqueiro, V. Risco, e moitos máis homes de diversas ideoloxías, pero con un pensamento común de nacionalismo galego.
-
Carvalho Calero participou na redacción do Proxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia, que foi entregado en xullo de 1936 ó presidente das Cortes españolas, pero que non chegou a entrar en vigor por mor do comezo da Guerra Civil.
-
En 1933 casa con Ignacia Ramos, compañeira de estudos universitarios, tamén coñecida como María Silgar (escritora e mestra de profesión), e se instala de novo en Ferrol, onde gañou unha praza de auxiliar adminsitrativo no concello .
-
En 1936, mentres está no cárcere, nace a súa filla maior, Magalí. En 1942 nace María Victoria, a filla pequena
-
Remata a carreira de Filosofía e letras, que cursou por libre tras dar preferencia á súa auténtica vocación.
-
Apresado polas forzas franquistas e acusado de «separatista», é condenado a 12 anos de prisión. Despois de cumprir dous anos de cárcere en Xaén, foi posto en liberdade provisoria pero inhabilitado para acceder a empregos públicos, polo que se viu obrigado a sobrevivir penosamente na súa cidade natal, traballando no ensino privado.
-
Marcha a vivir á cidade de Lugo para dirixir o Colexio Fingoi. Carvalho Calero retoma a súa obra poética. Ese mesmo ano fúndase a Editorial Galaxia.
-
En 1954 doutorouse en Madrid coa tese Aportaciones a la literatura contemporánea, ao mesmo tempo que Galaxia publica a versión en galego desa obra, titulada Sete poetas galegos, en que estuda a obra de Rosalía, Pondal, Curros, Noriega Varela, Cabanillas, Amado Carvalho e Manuel Antonio. Carvalho conságrase así como o principal estudoso das letras galegas, poñendo os alicerces da que será a súa contribución capital, publicada nas dúas décadas seguintes.
-
-
Publica as súas monografías máis importantes, coma por exemplo a Historia da Literatura Galega Contemporánea.
Faise colaborador habitual da revista Grial.
Chega a ser un dos persoeiros máis significados de Galaxia.
En 1972, convértese no primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da USC, xa con dedicación exclusiva á universidade. -
Coincidindo coa fin da ditadura, Carvalho Calero convértese en principal inspirador e figura de referencia do movemento reintegracionista, que defende que o galego e o portugués son a mesma lingua. Nesta década escribíu numerosas obras literarias, poéticas, dramáticas e de Historia da literatura.
O seu posicionamento ideolóxico afastouno das institucións oficiais e acabou producindo o efecto imprevisto de minusvaloración doutros aspectos centrais do seu labor. -
Ricado Carvalho Calero faleceu en 1990 en Santiago de Compostela.
A súa obra ensaística e creativa é fundamental para a literatura galega do século XX, por iso, este ano 2020 se lle recoñece no Día das Letras Galegas.