Eeuu

Historia de Estados Unidos

By Andrehp
  • Inicio da colonización británica

    Inicio da colonización británica
    A coroa británica gozaba dun momento de crecemento económico que lles permitiu saír na pesquisa de novos territorios que explotar económicamente. En 1607 fundouse a primeira colonia en Jamestown, Virxinia. As condicións destos territorios (man de obra escrava, plantacións, comercio) axudaron a que moitos colonos emigrasen co obxectivo de fuxir da intolerancia relixiosa europea e prosperar económicamente. Así xurdiron Plymouth, Massachussets, Rhode Island, Connecticut, etc.
  • Fin da Guerra da Independencia

    Fin da Guerra da Independencia
    Final dunha guerra que comezou en 1775 e que enfrontou ás Trece Colonias británicas orixinais en América do Norte contra o Reino de Gran Bretaña. As colonias británicas que se independizaron formaron o primeiro sistema político liberal e democrático, que formou unha nova nación, os Estados Unidos de América.
  • Posta en marcha da Constitución de Estados Unidos

    Posta en marcha da Constitución de Estados Unidos
    A Constitución dos Estados Unidos foi redactada na Convención Constitucional de Filadelfia en 1787, asinada o 17 de setembro de 1787 e ratificada polo número necesario de estados (nove) o 21 de xuño de 1788. A Constitución está composta dun preámbulo e sete artigos, incluíndo tamén 27 emendas, das cales as 10 primeiras coñécense como a Carta dos Dereitos.
  • George Washington convértese no primeiro presidente dos Estados Unidos.

    George Washington convértese no primeiro presidente dos Estados Unidos.
    George Washington, un heroe de guerra na Revolución Americana, foi nomeado presidente dous anos despois da firma da Constitución, chegando a ser así o primeiro presidente dos Estados Unidos de América. Washington traballou duro, xa que era consciente de que o seu rol serviría de exemplo para os próximos presidentes do país.
    Decidiu retirarse en 1796 para vivir unha vida máis tranquila.
  • Inmigración en masa a Estados Unidos.

    Inmigración en masa a Estados Unidos.
    Cando a Revolución de 1848 non produxo as reformas desexadas dentro da confederación alemá, grupos de alemáns buscaron emigrar. Nese momento, a terra nos Estados Unidos era barata, fértil e abundante, unha moi boa opción para inmigrantes que desexaban comezar unha nova vida. O número de alemáns era tal, que o 6 por cento dos nenos so falaba alemán na escola primaria. Os documentos estatales oficiais ficaron dispoñibles en alemán ata 1950.
  • Abraham Lincoln elexido presidente

    Abraham Lincoln elexido presidente
    Lincoln, avogado e político, foi o presidente número 16 dos Estados Unidos de América. Na sua loita por abolir a escravitude comezou a Guerra de Secesión, que dividiu aos Estados Unidos en dous. Finalmente terminou coa escravitude e hoxe en día é unha das figuras máis admiradas de toda a historia estadounidense. Foi asasinado en 1865.
  • Guerra de Secesión

    Guerra de Secesión
    Conflito no que se enfrontaron os Estados do Sur e os do Norte debido ás súas diferenzas culturais e económicas. Os Estados do Norte presentaban unha economía diversificada mentres que os Estados do Sur baseaban a súa na agricultura, con cultivos nos que traballaban escravos negros. Os Estados do Sur declarábanse escravistas, para defender os seus intereses e os do Norte apostaban pola abolición da escravitude. Isto fixo que se declarase esta guerra, que duraría ata 1865.
  • Guerra hispano-estadounidense

    Guerra hispano-estadounidense
    Tras a guerra hispano-estadounidense, e a derrota de España na mesma, Estados Unidos adquiriu formalmente Puerto Rico, Guam e tamén Filipinas, tras o tratado de paz firmado en París o 10 de decembro de 1898. Tamén ocupou Cuba, que se proclamou república independente, pero quedou baixo a tutela dos Estados Unidos.
  • Fin da construción da Canle de Panamá

    Fin da construción da Canle de Panamá
    En 1881, unha empresa francesa, construtora da Canle de Suez, comezara a traballar no corte dunha canle a nivel do mar a través do istmo. A empresa francesa quebrou en 1889 e detívose o traballo. En 1903, otorgóuselle aos Estados Unidos o dereito a costruir a canle. Cando se rematou a canle en 1914, os viaxes entre as costas leste e oeste dos Estados Unidos acortáronse nunhas 8.000 millas náuticas.
  • Estados Unidos entra na Primeira Guerra Mundial

    Estados Unidos entra na Primeira Guerra Mundial
    A entrada dos Estados Unidos na Gran Guerra tivo causas diversas, unha delas foi o ataque alemán con submarinos a buques estadounidenses. En 1915, un submarino alemán disparou sen avisar ao RMS Lusitania, un barco británico de pasaxeiros, pereceron 1198 persoas, moitas delas estadounidenses xa que o buque facía a ruta Nova York-Liverpool. Isto, máis os intereses económicos de EEUU con Gran Bretaña e Francia, motivaron a entrada dos Estados Unidos na Primeira Guerra Mundial.
  • Dereito ao voto para as mulleres

    Dereito ao voto para as mulleres
    A Decimonovena Emenda garantiu o dereito a votar a todas as mulleres estadounidenses. Esta foi introducida por primeira vez no Congreso en 1878. En 1912, nove estados occidentales adoptaran a lexislación do sufraxio feminino, outros aínda a rexeitaban. O 21 de maio de 1919, a Cámara de Representantes aprobou a emenda co Senado. Con este documento do 26 de agosto de 1920, o Secretario de Estado Bainbridge Colby certificou a ratificación.
  • Crack do 29

    Crack do 29
    Esta é a crise financieira que devastou os cimentos da economía americana e fixo cambalear a estabilidade de moitos mercados a nivel mundial. O 24 de outubro de 1929, a Bolsa de Nova York, o mercado de valores máis importante do mundo, caeu. Isto deu paso a unha etapa de pobreza e recesión. A Gran Depresión marcou a economía durante case dez anos, ata que Roosevelt lanzou o New Deal, un plan baseado na intervención estatal da economía e que deu os seus froitos en 1938.
  • Estados Unidos na Segunda Guerra Mundial

    Estados Unidos na Segunda Guerra Mundial
    Este evento produciuse tras o ataque aéreo de Xapón na costa Pacífica dos Estados Unidos. Despois disto, o presidente Roosevelt enviou tropas estadounidenses a combatir a Europa. A entrada de EEUU foi un dos principais factores para a vitoria do bando aliado nesta guerra. Accións americanas moi importantes foron o desembarco de Normandía e o fin da guerra co lanzamento de bombas nucleares sobre as cidades xaponesas de Hiroshima e Nagasaki.
  • Asesinato do presidente John F. Kennedy

    Asesinato do presidente John F. Kennedy
    Kennedy foi o presidente número 35 dos Estados Unidos. Tomou posesión a principios de 1961 e durante a súa lexislatura introduciu moitos cambios, algúns deles criticados, como a integración racial. Foi asasinado en Dallas, na súa xira para preparar as seguintes eleccións, mentres iba nun coche descapotable coa súa muller. Aínda existen moitas especulacións con respeto á súa morte. Oficialmente, Kennedy foi asasinado cun fusil de repetición por Lee Harvey Oswald.
  • Asasinato de Martin Luther King Jr.

    Asasinato de Martin Luther King Jr.
    Martin Luther King foi o líder del movemento pacifista e loita pola igualdade de dereitos civís da poboación afroamericana en Estados Unidos. En 1963, liderou unha gran marcha en Washington onde pronunciou o seu célebre discurso "Eu teño un soño". Polo seu labor, en 1964 recibiu o Premio Nobel da Paz. Catro anos despois, o 4 de abril de 1968, foi asasinado en Memphis antes de iniciar unha marcha nesa ciudad.
  • Guerra Fría: chegada do home á Lúa

    Guerra Fría: chegada do home á Lúa
    A misión espacial estadounidense, Apolo XI chegaba por primeira vez na Historia da Humanidade á Luna. O retorno exitoso dos astronautas á Terra despois de 8 días de misión marca o triunfo de Estados Unidos sobre Rusia na carreira espacial, xa que ambas potencias se atopaban no medio dun conflito non armado, chamado Guerra Fría, que comezou ao término da Segunda Guerra Mundial e separou o mundo en dous bloques.
  • Fin da Guerra de Vietnam

    Fin da Guerra de Vietnam
    Estados Unidos apoiou a Vietnam do Sur na guerra contra o comunismo en Vietnam do Norte. Este conflito foi o máis longo na historia norteamericana, 19 anos, e supuxo o fracaso máis memorable da Guerra Fría para Estados Unidos.
  • Atentados do 11 de setembro

    Atentados do 11 de setembro
    Foron catro atentados terroristas suicidas levados a cabo en Estados Unidos por 19 membros da rede yihadista Al Qaeda, mediante o secuestro de avións comerciais que foron impactados contra varios obxectivos. Isto causou a morte dunhas 3000 persoas e deixou 6000 heridos, así como a destrución do complexo do World Trade Center de Nova York e serios danos no edificio do Pentágono. Este episodio foi o precedente da Guerra de Afganistán.
  • Crise financieira mundial: Barack Obama

    Crise financieira mundial: Barack Obama
    Obama, o primeiro presidente afroamericano da historia de Estados Unidos, dende a súa chegada á presidencia, tivo que enfontarse a unha crise financieira mundial, crecente dende 2008. Algúns dos motivos da vitoria nas urnas foron as súas promesas económicas para facer fronte a esta crise.