-
Invención máquina de vapor
Foi inventada por James Watt, esta invención permitiu obter unha fonte de enerxía mecánica que se empregaba para mover o resto das máquinas e aparatos. Esto permitiu un aumento considerable da produción e iniciouse un periodo de crecemento onde se obtiñan beneficios que, en moitos casos, se reinvistiron na mellora das explotacións agrarias. -
Inicio do ludismo
O inicio do ludismo foi un movemento ou as primeiras protestas do proletariado en contras das novas máquinas, xa que pensaban que era a causa directa da perda dos salarios e dos postos de traballo. Este tipo de accións reciben o nome de protestas ludistas e recaían, principalmente, nos donos das fábricas e na destrución das instalacións destas. -
Declaración de independencia en EEUU
Os 13 Estados fixeron unha Declaración conxunta de Independencia. Dirixida e gobernada a partir de 1781 por un Congreso confederal con sede en Filadelfia e formado polos representantes de cada Estado. -
Inicio da Revolución francesa
Foi un conflicto por unha serie de factores económicos, sociais, polítcos e ideolóxicos, que provocou Francia a outras nacións de Europa que enfrentaban a partidarios e opositores do Antigo Réximen. Iniciouse coa autoproclamación do Terceiro Estado como Asemblea Nacional. -
A monarquía constitucional
A Asemblea Naciona comezou a gobernar e tranformar Francia, a primeira medida foi a abolición do réxime feudal, eliminando o poder dos privilexiados. Declarouse A Declaración dos dereitos do home e do cidadán e tamén se aprobou a primeira Constitución francesa en 1791 -
A Primeira República francesa
A nova asemblea aboliu a Monarquía, proclamou a República e estableceu un goberno de Convención. Hai 3 fases: A Convención, O Directorio e O Consulado. Durou ata o primeiro Imperio francés por Napoleón en 1804. -
Imperio de Napoleón III
Napoleón proclamouse emperador e Francia transformouse nun Imperio. Era un estado soberano que incluía unha gran parte de Europa occidental e central no seu territorio; Tamén tiña numerosos dominios coloniais coñecidos como Francia de Ultramar ata a sua abdición e exilio a illa de Elba en 1815 -
Revolucións liberais de 1820
Son o comezo da división definitiva do absolutismo e do antigo réxime en Europa. Eran movementos nacionalistas que se baseaban nun estado liberal, sen depender dun rei que concentrase todo o poder absoluto -
Revolucións liberais de 1830
Foi un proceso revolucionario que comezou en París, coa chamada Revolución de Xullo ou os tres gloriosos días revolucionarios en París que trouxeron ao trono a Luís Filipe I de Francia. Estendeuse por boa parte do continente europeo, especialmente en Bélxica. -
Primeira liña de ferrocarril
A primeira liña de ferrocarril de pasaxeiros foi entre Manchester e Liverpool. Foi o primeiro ferrocarril baseado exclusivamente na enerxía de vapor. A parte de ese momento, a ferroviaria seguiu crecendo e alcanzou ritmos diferentes de acordo co grao de desenvolvemento industrial de cada pais. -
Publicación do manifesto comunista
O manifesto comunista é un documento baseado no pensamento comunista e tamén, un dos máis unfluintesda historia. Grazas a esta publicación de Marx e Engles deuse saída ao desarrollo das ideas como o comunismo, marxismo e socialismo. -
Revolucións liberais de 1848
Foi a terceira onda do ciclo revolucionario máis grande da primeira metade do século XIX. Caracterizáronse pola importancia das manifestacións nacionalistas e polo comezo das primeiras manifestacións organizadas do movemento obreiro.
Iniciada en Francia, estendeuse rapidamente por case toda Europa Central (Alemaña, Austria, Hungría) e Italia. -
Unificación de Italia
Foi o proceso histórico que ao longo do século XIX levou á unión dos distintos estados nos que se dividiu a península italiana, ligada na súa maior parte a dinastías consideradas "non italianas" como os Habsburgo ou os Borbóns. -
Primeira Internacional
Foi unha xuntanza en Londres dos representantes de sindicatoS obreiros ingleses, franceses e belgas (tamén algúns socialistas exiliados como Marx) onde xurdiu a fundación da Asociación Internacinal de Traballadores (AIT) . Esto significou un importante paso na difusión dos ideais independentistas ou liberais da clase traballadora. -
Proclamación da III República francesa
Foi o réxime republicano vixente en Francia desde 1870 ata 1940. A Terceira República foi o primeiro réxime francés que se impuxo durante moito tempo desde 1789. -
Unificación de Alemaña
Foi un proceso histórico que tivo lugar na segunda metade do século XIX en Europa central e que rematou coa creación do Imperio alemán, reunindo a varios estados previamente independentes (Prusia, Baviera, Saxonia, etc.). -
Period: to
Sistemas Bismarck
Os sistemas bismarckianos é o nome que se refire ao sistema de alianzas internacionais que o chanceler Bismarck patrocinou co obxectivo de illar Francia e asegurar a hexemonía europea de Alemaña -
Domingo Sanguento
En San Petersburgo, o domingo 9 de xaneiro houbo unha manifestación pacífica que se dirixía ao palacio de inervno para presentar ao tsar Nicolas II unha serie de peticións. A manifestación, por orde do tsar, foi reprimida polo exército causando moitísimas mortes. -
Guerra dos Balcáns
As guerras dos Balcáns foron dúas guerras ocorridas desde 1912 ata 1913. A primeira enfrontouse ao Imperio otomano coa chamada Liga dos Balcáns formada por Bulgaria, Montenegro, Grecia e Serbia. As pequenas nacións balcánicas conseguiron expulsar aos otomanos de case todo o territorio da península, pero non puideron evitar loitar entre eles pola división das terras , o que levou á segunda guerra dos Balcáns. O Tratado de Bucarest rematou as guerras, pero deixou a zona nun equilibrio inestable -
I Guerra Mundial
A Primeira Guerra Mundial, anteriormente chamada Gran Guerra, foi un enfrontamento bélico centrado en Europa que comezou o 28 de xullo de 1914 e rematou o 11 de novembro de 1918, cando Alemaña aceptou os termos do armisticio. -
Revolución febreiro de 1917
Esta revolución causou a abdicación do tsar Nicolás II, convertindo días despois a Rusia nunha república, e levando á formación dun goberno provisional. Esta revolución naceu como reacción a política levada a cabo polo tsar e a participación de Rusia na Primeira Guerra Mundial, que tivo grandes dificultades na poboación. -
Revolución outubro de 1917
Constituíu a radicalización da Revolución Rusa de 1917, despois da revolución de febreiro e a abdicación do tsar Nicolás II. Foi dirixida polo Partido Bolxevique baixo o liderado de Lenin. Significou a primeira revolución socialista declarada do século XX, coa participación de traballadores, campesiños e soldados a través dos soviets. -
14 puntos Wilson
Os Catorce Puntos foron unha serie de propostas feitas a comezos de 1918 polo presidente dos Estados Unidos, Wilson, para crear novos obxectivos sobre como se debía organizar a paz. O seu plan baseábase na defensa do liberalismo e na creación dun organismo internacional encargado de velar pola seguridade colectiva. -
Creación da Sociedade de Nacións
A Sociedade de Nacións foi un organismo internacional creado polo Tratado de Versalles, o 28 de xuño de 1919. Propuxo establecer as bases para a paz e a reorganización das relacións internacionais despois do final da Primeira Guerra Mundial. -
Paz de Versalles
O Tratado de Versalles foi un tratado de paz que máis de cincuenta países asinaron nesa cidade ao finalizar a I Guerra Mundial. Trátase dun documento longo no que se recolle o Estatuto fundacional da Sociedade de Nacións e despois as condicións impostas a Alemaña -
Creación da URSS
A Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS) naceu en 1922, formada despois da Revolución de Outubro de 1917. Estaba formada por catro repúblicas socialistas: Rusia, Transcaucasia, Ucraína e Bielorrusia. A súa creación trouxo consigo un momento de prosperidade económica e un novo modelo de sociedade. Ata febreiro de 1924 non é recoñecida oficialmente polas potencias de Gran Bretaña, Francia e Italia. -
Anschluss
"Anschluss" é unha palabra alemá que significa unión ou anexión. Foi usada para referirse a fusión de Austria e a Alemaña nazi nunha soa nación, como unha provincia do III Reich. Co apoio dos nazis austriacos, os alemáns ocuparon militarmente Austria en marzo de 1938 e decretaron a súa unión con Alemaña -
Period: to
II Guerra Mundial
Foi o maior enfrontamento armado da Historia onde se viron involucrados a maioría dos paises do mundo, incluídas todas as grandes potencias. Estivo organizada en dous bandos: o Eixe (formado por Alemaña, Italia e Xapón) e os Aliados (formado por Gran Bretaña, EEUU e a URSS). Foi un estado de guerra total no que os grandes contindentes destinaron toda a súa capacidade económica, militar e científica ao servixo do esforzo bélico. Estivo marcada por feitos como o holocausto e os intensos bombardeos -
Operación Barbavermella
Foi o nome que lle atribuiu Hitler ao plan de invasión da URSS. Algunhas das razóns foron: atacar directamente ao comunismo, aproveitar a superioridade alemá e debilitar o exército soviético, explotar as riquezas agrarias...Puxéronse en marcha os tanques e as forzas alemas nos territorios rusos pero a resistencia rusa provocou unha das batallas máis longas da guerra na cidade de Stalingrado, que rematou coa rendición do exército alemán. -
Ataque a Pearl Harbour
Foi un ataque sorpresa por parte da flota xaponesa, dirixida por Yamamoto, á base norteamericana de Pearl Harbour (illas Hawai) sen previa declaración de guerra. O ataque pretendía evitar a intervención da Flota Pacífica de EEUU nas accións militares que o Imperio de Xapón estaba planeando realizar contra as posesións ultramariñas de Gran Bretaña, Francia e EEUU. Este acontecemento enlazaba a guerra en Europa coa guerra no Pacífico. -
Desembarco en Silicia
Foi denominado como a Operación Husky. As forzas anglo-norteamericanas desembarcaron en Silicia (Italia) co obxectivo de neutralizar a ameza italiana e alemá no Mediterráneo e dibilitar o Goberno fascista. Esta operación alcanzou as metas propostas, a rápida derrota provocou que Mussolini fose destituído, que as forzas do Eixe fosen expulsadas da illa e que as rutas do Mediterráneo quedasen despexadas. -
Desembarco de Normandía
Esta batalla, tamén coñecida como día D ou Operación Overlord, foi unha operación militar onde as forzas dos Aliados desembarcaron nas praias francesas de Normandía que rematou coa liberación dos territorios de Europa occidental ocupados pola Alemaña nazi -
Conferencia de Potsdam
Unha vez celebrada a derrota de Alemaña, reuníronse Churchill, Stalin e Roosevelt para trazar as liñas da vitoria e impoñer as condicións aos vencidos. Nesta conferencia Churchill foi substituido por Clement Atlee e Roosevelt por Harry Truman, que a pesar das súas diferenzas chegaron a importantes acordos: perda da soberanía de Alemaña, establecer a fronteira de Polonia con Alemaña, a súa división en catro zonas de ocupación diferentes... -
Period: to
Guerra de Vietnam
Foi o conflicto máis destacado da fase de distensión da Guerra Fría. Esta guerra foi un conflicto bélico para impedir a reunificación de Vietnam baixo un goberno comunista. A península dividíuse polo paralelo en dúas zonas: Vietnam do Norte (comunista) e Vietnam do Sur (capitalista) -
Bombardeo atómico
Foron ataques nucleares ordenados por Harry Truman (presidente dos Estados Unidos) contra o Imperio de Xapón coa xustificación de aforrar vidas humanas. Decidiu lanzar a bomba atómica sobre Hiroshima e, tres días despois, unha segunda bomba atómica caeu sobre Nagasaki. O emperador Hirohito solicitou a rendición que foi asinada o 2 de setembro, indicando o fin da IIGM. -
Creación da ONU
A Organización das Nacións Unidas é unha institución fundada tras a IIGM por 51 paises que se comprometeron a velar pola paz e a seguridade mundial, fomentar as relacións entre as nacións e promover o progreso social, a mellora da vida e dos dereitos humanos. -
Independencia da India
A independencia da India consistiu en revolucións que comezaron en 1857 y que chegaron ao seu fin baixo o liderazgo de Mahatma Gandhi en 1947. Tras o remate da II GM, o Goberno laborista de Atlee favoreceu o proceso de independencia. As diferenzas étnicas e relixiosas deron lugar a numerosos enfrontamentos e á partición do territorio en dous novos Estados: a Unión India, de maioría hindú, e Paquistán, de maioría musulmá -
OTAN
A Organización do Tratado do Atlántico Norte é unha alianza militar onde os seus membros comprometíanse a prestarse axuda mutua en caso de agresión de terceiros paises. Agrupábanse doce países de Europa occidental e de América do Norte, aos que foron incorporándose outros posteriormente -
Guerra de Corea
Foi un conflicto bélico que ocurriu na Península de Corea entre 1950 e 1953. Enfrontáronse a República Popular de Corea (tendencia comunista) e a República Democrática de Corea (tendencia nacionalista e aliada de EEUU). Esta guerra constituiu un dos episodios máis tempranos da Guerra Fría. En 1953 asinouse o armisticio e mantivose a anterior división do terriorio, é decir, a situación volveu a ser a mesma que antes de que se iniciase o conflicto -
Conferencia de Bandung
Foi unha reunión de Estados asiáticos e africanos, a maioría dos cales acababan de acceder a independencia. Supuxo a irrupción do Terceiro Mundo nas relacións internacionais, contou coa participación de 29 países e coa presenza de moitos dos líderes dos respectivos movementos de liberación nacional. Os reunidos acordaron as liñas básicas da política a seguir: anticolonialismo, neutralismo, non aliñamento, libre autodeterminación e cooperación internacional. -
Pacto de Varsovia
Foi un acordo de cooperación militar propiciado pola URSS, no que estaban integrados Polonia, Hungría, República Democrática Alemá, Checoslovaquia, Romanía, Bulgaría e Alabania (todos controlados pola Unión Soviética). O pacto estaba destinado a amosar a capacidade de resposta do bloqueo comunista e servía á URSS para exercer un maior control sobre os seus aliados e garantir a súa hexemonía soviética. -
Muro de Berlín
O muro de Berlín rodeaba e separaba a zona da cidade berlinesca, encadrada no espacio económico da República Federal de Alemaña, da capital da República Democrática Alemá. Foi un dos símbolos máis coñecidos da Guerra Fría e da separación de Alemaña -
Independencia de Alxeria
A guerra de Independencia de Alxeria foi un período de loita da Fronte de Liberación Nacional de Alxeria, contra a colonización francesa establecida no país desde 1830. Despois Il GM, comezou a medrar un sentimento anticolonialista na sociedade alxerina. O permanente estado de violencia, levou o Goberno francés a iniciar negociacións pero xenerais franceses opostos á independencia deron un golpe de estado que provocou a caída da IV República. O gran custo económico determinou a independencia. -
Crise dos mísiles de Cuba
Con este nome denomínase a guerra entre Estados Unidos, a Unión Soviética e Cuba. Este conflicto foi xerado a raíz do descubrimento, por parte de avións espías norteamericanos, de ramplas de mísiles nucleares de orixe soviético no territorio cubano cara á Norteamérica.