-
Disolución da URSS
A finais de 1991 produciuse a disolución da Unión Soviética en 15 repúblicas independentes. -
Fundación do G8
Foi un grupo fundado en 1997 de países con economías industrializadas do planeta. O grupo estivo formado por Alemaña, Canadá, Estados Unidos, Francia, Italia, Xapón, Reino Unido e Rusia. Ademais, a Unión Europea tiña representación política.
Rusia foi excluida máis tarde pola crise de Crimea en marzo do 2014. -
Putin accede á presidencia en Rusia
Putin converteuse en presidente interino, reemplazando a Borís Yeltsin, e en menos de catro meses foi elixido de forma absoluta.
Aínda na actualidade mantén o seu cargo de presidente. -
Guerra de Osetia del sur
Foi un conflito armado entre Georxia, dun lado, e Rusia co apoio das autoproclamadas repúblicas prorrusas de Osetia do Sur e Abjasia polo outro. Empezou o 7 de agosto de 2008. Os combates iniciáronse en Osetia do Sur, coa batalla de Tsjinval, e estendéronse posteriormente a outras rexións de Georxia e ao Mar Negro. -
Putin pone fin á Guerra de Chechenia
En 2009, Putin puxo fin á segunda guerra de Chechenia a través dunha resposta militar. Rusia conseguiu situar no poder a persoas aliadas e afíns aos seus intereses. “De feito, agora mesmo Chechenia é unha república dentro do territorio da Federación rusa, cuns líderes en concordancia coa política de Putin -
Period: to
Euromaidán
O Euromaidán, é o nome dado a unha serie de manifestacións e disturbios heteroxéneos de índole europeísta e nacionalista de Ucrania que conseguiron derrocar ao presidente Víktor Yanukóvich -
Putin anexiona Crimea
A República de Crimea e a cidade de Sebastopol foron escindidas de Ucrania por unha serie de procesos político-militares e integrados á Federación de Rusia en forma de dous suxeitos federais: a República de Crimea e a cidade federal de Sebastopol.
Crimea significa para Rusia a proximidade coas costas de certos países da OTAN tales como Turquía, Bulgaria e Rumania; ademais de que no porto de Sebastopol atópanse a base principal da frota rusa no Mar Negro . -
Rusia é expulsada do G8
Rusia foi expulsada da G8 en marzo de 2014, debido ao seu papel no conflicto de Ucrania, exactamente pola crise de Crimea. -
Period: to
Guerra de Dombás
En febreiro de 2014, foi destituído o presidente ucraniano, Víktor Yanukóvich, pero no leste do país, rexión fronteiriza con Rusia, varios manifestantes tomaron sedes de gobernos proclamando de facto a independencia de certas localidades, o que causou fortes enfrontamentos armados entre europeístas, prorrusos e separatistas. O que tras fortes enfrentamentos acabaou provocando unha guerra. -
Acordo de Minsk
Con iste acordo os gobernantes de Alemaña, Francia, Rusia e Ucrania buscaron aliviar a guerra do Donbás. Algunhas das medidas acordadas incluían un cesamento do fogo incondicional, a retirada das armas pesadas da fronte de combate, a liberación dos prisioneiros de guerra, e a reforma constitucional en Ucrania. -
Zelensky accede á presidencia de Ucrania
O actual presidente de Ucrania, Volodymyr Zelensky, accede ao poder. Zelensky, recentemente chegado á política, declara a vitoria nas eleccións presidenciais de Ucrania despois de que as enquisas a pé de urna mostrasen que estaba en camiño dunha vitoria esmagadora contra o titular Poroshenko. A campaña populista de Zelensky centrouse na súa promesa de loitar contra a corrupción e reactivar a economía. -
Putin recoñece a independencia das repúblicas de Donetsk e Lugansk
O presidente de Rusia Vladímir Putin recoñece a independencia das autoproclamadas repúblicas separatistas de Donetsk e Lugansk na rexión do Donbás, ao leste de Ucrania.
Pouco despois do recoñecemento, o presidente Putin asinou senllos decretos para despregar militares rusos nos territorios das autoproclamadas repúblicas de Donetsk e Lugansk para exercer funcións de pacificación. -
Rusia comeza unha ofensiva contra Ucrania
Na mañá do 24 de febreiro de 2022, o presidente de Rusia, Vladimir Putin, ordenou ás súas tropas bombardear e invadir Ucrania, país veciño. É a primeira gran agresión deste tipo en Europa desde o desenlace da Segunda Guerra Mundial en 1945 e o fin da ditadura dos nazis en Alemaña. -
A Asamblea Xeral da ONU condena a invasión rusa de Ucrania
A Asemblea Xeral extraordinaria da ONU votou unha resolución de condena da invasión rusa de Ucraína que insta a Moscú a retirarse inmediatamente e sen condicións do país veciño. A iniciativa obtivo 141 votos a favor, cinco en contra (Bielorrusia, Corea do Norte, Eritrea, Rusia e Siria) e 35 abstencións (os outros 12 países, entre eles Venezuela, non asistiron á sesión)