Índice

Historia da Educación Ambiental

  • Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Humano de Estocolmo

    Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Humano de Estocolmo
    Primeira gran Conferencia das Nacións Unidas na que se trataron temas ambientais de carácter internacional, realizando unha fonda reflexión sobre os problemas ambientais da época, as causas e a necesidade de solucións.
    No ámbito da Educación, ínstase ao desenvolvemento da EA como unha posibilidade a ter en conta na consecución de tales tarefas. (Supón o 1º pronunciamento sobre a necesidade da EA)
  • PNUMA (Nairobi)

    PNUMA (Nairobi)
    Programa de las Naciones Unidas para
    el Medio Ambiente (PNUMA). A súa finalidade era iniciar e apoiar políticas ambientais de alcance internacional, favorecendo a cooperación entre distintos organismos dentro da Organización das Nacións Unidas ou con outras organizacións tanto de carácter gubernamental como non gubernamental como a UICM, WWF...
  • Seminario Internacional de Educación Ambiental (Belgrado)

    Seminario Internacional de Educación Ambiental (Belgrado)
    Analizanse as tendencias en relación a Educación Ambiental e formulanse recomendacións para promovela internacionalmente. Logrouse aprobar por unanimidade a Crarta de Belgrado, documento no que se reclama unha Educación Ambiental participativa ca adopción dunha nova ética de desenvolvemento e de unha nova orde ecónomico mundial.
  • Conferencia Intergubernamental sobre Educación Ambiental (Tbilisi)

    Conferencia Intergubernamental sobre Educación Ambiental (Tbilisi)
    Foi convocada pola UNESCO en colaboración coa PNUMA. As principais reflexións que se trataron na conferencia foron: o analise dos principais problemas ambientais na sociedade contemporánea, a aplicación da educación co fin de resolver problemas ambientais, as estratexias e actividades de carácter internacional con miras ao desenvolvemento da EA, a cooperación de actividades de carácter nacional e rexional e a cooperación internacional e rexional para o desenvolvemento da Educación Ambiental.
  • INFORME BRUNDTLAND

    INFORME BRUNDTLAND
    É un informe que enfronta e contrasta a postura do desenvolvemento ecónomico xunto ca de desenvolvemento ambiental, presidido pola ex primeira ministra noruega Gro Harlem Brundtland, co propósito de analizar, cuestionar e replantexar as políticas de desenvolvemento económico globalizador.
  • Congreso Internacional de Educación e Formación relativos ao Medio Ambiente (Moscú)

    Congreso Internacional de Educación e Formación relativos ao Medio Ambiente (Moscú)
    Contou coa participación de 250 expertos procedentes de diferentes sectores e pretendiase facer balance do acontecido en materia de Educación Ambiental dende a Conferencia de Tbilisi e deseñar unha estratexia internacional sobre a Educación Ambiental para a década dos noventa. Como resultado dos acordos do Congreso aprobouse a Estratexia Internacional de acción.
  • Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente ou Cumio da Terra ou “Rio 92”

    Conferencia das Nacións Unidas sobre  o Medio Ambiente ou Cumio da Terra ou “Rio 92”
    Contou coa presenza de 160 países. Con esta conferencia afianzase a idea de que , aparte de plantexar solucións científicas ou tecnolóxicas na loita contra a degradación ambiental , é necesario ter en conta tamén os factores económicos, sociais e culturais. Adoptaronse compromisos vinculados a catro documentos principais: a Declaración de Río sobre o Medio Ambiente e Desenvolvemento, a Axenda 21, o Convenio sobre a Diversidade Biolóxica e o Convenio Marco sobre o Cambio Climático.
  • Protocolo de Kioto

    Protocolo de Kioto
    Foi un protocolo da Convención Marco da Nacións Unidas sobre o Cambio Climático. É un acordo internacional que ten por obxetivo reducir as emisións de seis gases de efecto invernadoiro que causan o efecto invernadoiro. Logo do Protocolo de Kioto creouse o Fondo Verde Climático dentro da Convención Marco que contaría cun consello composto por 24 países membro.
  • Conferencia Internacional sobre Ambiente e Sociedade: Educación e Sensibilización para la sostenibilidad

    Conferencia Internacional  sobre Ambiente e Sociedade: Educación e Sensibilización para la sostenibilidad
    Promovida pola Unesco e polo Goberno de Grecia, asisten representantes de 83 países. O obxetivo principal desta reunión é valorar o alcance dos acordos alcanzados na Conferencia de Río. Constatouse que apenas se produciron avances e os recursos destinados a educación para a sosteñibilidade seguen a ser escasos.
  • Cumio do Milenio, Declaración das Nacións Unidas (New York)

    Cumio do Milenio, Declaración das Nacións Unidas (New York)
    Foi unha conferencia que reuniu a 189 representantes de países cuxos obxetivos foron estudar técnicas para levar a cabo un desenvolvemento sosteñible. Ademais de reducir a perda de biodiversidadade, reducir o número de persoas sen acceso a auga potable e incorporar as políticas fórmulas para levar a caba un desenvolvemento sosteñible.
  • Cumio Mundial sobre Ambiente e Desenvolvemento ou“Rio 10” (Johannesburgo, Sudáfrica)

    Cumio Mundial sobre Ambiente e Desenvolvemento ou“Rio 10” (Johannesburgo, Sudáfrica)
    Foi un cumio mundial que reuniu a participantes de todos os tipos, dende políticos de gran importancia ata organizacións non gubernamentais. O obxetivo do cumio foi levar a cabo accións directas para afrontar problemas coma a xestión sostible de recursos tendo en conta o meteorico crecemento demográfico.
  • DEDS 2005-2014 (Década da Educación para o desenvolvemento sostible)

    DEDS 2005-2014 (Década da Educación para o desenvolvemento sostible)
    Foi unha iniciativa promovida pola ONU que pretendía integrar as tácticas, principios e valores do desenvolvemento sostible en todos os ámbitos da educación e do aprendizaxe co fin de fomentar cambios de comportamento necesarios para preservar o futuro do medio ambiente e a viabilidade da economía. Este movemento foi reaccionario a situación de esgotamento dos recursos naturais.
  • Conferencia Internacional sobre Educación Ambiental ou "Tbilisi 30" (Ahmedabad)

    Conferencia Internacional sobre Educación Ambiental ou "Tbilisi 30" (Ahmedabad)
    Supón a institucionalización do cambio. Según o director da UNESCO para a Década da Educación para o Desenvolvemento Sostible, Charles Hopkins, a educación ambiental evolucionou para convertirse en educación para o desenvolvemento sostible, que calificaría na súa intervención oficial como “outra cosa”. Pablo Meira, non sen ironía, dirá que o que ata agora era un proceso que se converte nesta cita nunha metamorfose.
  • Conferencia das Nacións Unidas sobre o desenvolvemento sostible (Rio 20)

    Conferencia das Nacións Unidas sobre o desenvolvemento sostible (Rio 20)
    Tivo lugar 20 anos logo da conferencia mundial celebrada en Rio en 1992 para o desenvolvemento sostible. Os obxetivos da conferencia foron conseguir un compromiso político renovado para o desenvolvemento sostible, evaluar o progreso ata o momento e abordar os desafíos novos e existentes.
  • Conferencia Mundial sobre a Educación Ambiental (Aichi-Nagoya)

    Conferencia Mundial sobre a Educación Ambiental (Aichi-Nagoya)
    Celebrada en Xapón, foi unha conferencia promovida pola UNESCO que pediu buscar accións urxentes para xeneralizar a Educación para o desenvolvemento sostible e incluila no programa de desenvolvemento para o ano 2015. Foi un medida dirixida a todas as nacións do mundo.
  • Cumio para o desenvolvemento sostible

    Cumio para o desenvolvemento sostible
    Firmouse a Axenda 2030 na que participaron mandatarios de países membros das Nacións Unidas. Os obxetivos son avanzar cara sociedades cun crecemento económico inclusivo e maior cohesión e xustiza social, en paz e cun horizonte medioambiental sostible. Nesta axenda hai 17 puntos nos cales se explica como se debe proceder ante os problemas actuais.
  • Acordos de París

    Acordos de París
    Foi un acordo dentro do marco da Conveción Marco das Nacións Unidas que establece medidas para a redución de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI), a través da mitigación, adaptación e resilenciados ecosistemas a efectos do Quentamento Global. A súa data de entrada en vigor fixouse no ano 2020, ano no que remata a vixencia do Protocolo de Kioto.