-
800 BCE
LINGUAS DE SUBSTRATO
Son aquelas procedentes das linguas prerrománicas e corresponde as linguas preceltas e as celtas. -
800 BCE
LINGUAS SUBSTRATO PRECELTAS
Son aquelas anterioes aos celtas.
Conservanse algunhas palagras como: amorodo, cama, carballo, morea, parra, toxo.... -
600 BCE
LINGUAS SUBSTRATO CELTAS
Son as procedentes dos pobos castrexos.
Algúns exemplos de palabras celtas son: beizo, bico billa, camiño, lousa.... -
139 BCE
O GALEGO, LINGUA ROMANCE
O galego é unha língua romance, xa que ven maioritariamente do latín, que chegou a Galicia a través dos romanos cando conquistaron o noso país. A conquista do noroeste hispánico remata coa conquista definitiva por parte de Augusto. A Galicia romana integrouse primeiro na Lusitania, máis tarde na Hispania Citerior, ata que ao final se convirte na provincia da Gallaecia. -
Period: 139 BCE to 200
A ROMANIZACIÓN E O LATÍN
A romanización foi o proceso polo cal os terrritorios conquistados polos romanos ían adoptando a súa cultura e idioma. A poboación adaptou o latín á súa lingua. En función de cando se introduciron temos:
Voces patrimoniais: incorporadas na época da colonización, sufriron todos os cambios. Ex. LUNAM>lúa
Cultismos: proceden do latín e do grego,apenas cambiaron: DINAMYKOS> dinámico e PLENUM>pleno
Semicultismos: as que tardaron en incorporarse, sufriron algúns cambios pero non todos. CLAVUM>clavo -
500
OS XERMÁNICOS
S. V d.C. -- Os pobos xermánicos (suevos e os visigodos) deixaron palabras de uso común e referentes á guerra (banco, branco, escuma, esmagar, espía, guerra, roupa, sopa, toalla, xabón,...); topónimos como Allariz, Guitiriz, A Gudiña, Forcarei, Suevos,...; e antropónicos como Afonso Fernando, Gonzalo, Alberte, Elvira, Branca.... -
500
LINGUAS SUPERESTRATO
Son aquelas palabras que proceden dos pobos posteriores aos romanos. Corresponden ás línguas xermánicas e á lingua árabe. -
700
ÁRABES (X.VIII d.c)
Os árabes chegaron a Galicia a principios do século VIII, anque permaneceron menos tempo que no resto da penísula e deixaron palabras como aceite, alcume, alfaia, alfinete, azúcre, .. e topónimos como A Mezquita ou Rábade -
800
NACEMENTO DO GALEGO-PORTUGUÉS
Despois de recibir a influencia das linguas xermánicas e do árabe a lingua falada no noroeste penínsular estaba tan evolucionada que, a partir do S. X era un idioma diferenciado do latín e das outras linguas romances. Recibiu o nome de galego-portugués porque se falaba en Galicia e no norte de Portugal. -
900
GALEGO ANTIGO
A idade media é unha etapa de esplendor para a lingua galega. Era empregada por toda a poboación e usabase tanto de maneira oral coma escrita. Anque na escrita foi un proceso máis gradual, os primeiros testemuños datan dos S.X -
Period: 900 to 1100
CARACTERÍSTICAS DO GALEGO-PORTUGUÉS MEDIEVAL
A lingua medieval ten trazos diferentes do galego actual:
Grafías que hoxe non temos Ç (coraÇon),J (jograr), lh (olhos) nh (senhor)... e usaban distintas grafías para un mesmo fonema: olhos, ollos, olos,....; sennor, senhor,...
Había moitas vogais nasais pola perda do -n-: mao,.. ; Fonemas consonáticos hoxe desaparecidos como: nosso [s], cervo[ts], prazer [dz]
Os substantivos rematados en -or carecían de morfema feminino: o/a senhor.
Palabras hoxe desaparecidas: asaz, solaz, eire... -
Period: 1100 to 1500
A LITERATURA GALEGO-PORTUGUESA MEDIEVAL
A literatura galego-portuguesa é sobre todo poética. Temos:
- A prosa: composta por traduccións ao galego: as aventuras dos cabaleiros to rei Artur os miragres do apóstolo Santiago ou a Guerra de Troia.
- Poesía lírica:
* Poesía profana: - Cantigas de amigo
- Cantigas de amor
- Cantigas de escarnio e maldicir
- Xéneros menores (pranto,tezón, pastorela) -
1190
O galego-portugués convírtese en lingua literaria
A finais do S. XII o galego-portugués convírtese en lingua literaria