-
-
A subalimentación, a falta de hixiene e os escasos recursos médicos provocaban unha mortalidade elevada. A esperanza de vida era baixa e aínda que a natalidade tamén era moi alta, o crecemento demográfico era escaso. Nunha economía agraria de subsistencia, a produción de alimentos non crecía. Nos períodos de grave escaseza de alimentos, as enfermidades e epidemias asañábanse cunha poboación subalimentada, eran as crises de subsistencia. En ocasións ían acompañadas de motíns pola suba dos prezos.
-
O creccemento da economía converteu a burguesía no grupo social máis dinámico. Posuían negocios, manufacturas... Moitos tiñan unha sólida formación intelectual. O poder económico contrastaba coa súa posición social e política na sociedade estamental. Estaban sometidos a fortes impostos e a unha discriminación legal frente á nobreza e carecían de poder político na maioría. Aspiraban a profundos cambios. Demandaban a fin dos privilexios estamentais, a igualdade e a participación en política.
-
-
Foi un conflito unternacional que marcou o declive do Imperio español en Europa e significou o inicio do reinado da dinastía borbónica en España. Os Tratados de Utrecht e Rastatt puxéronlle fin ao conflito e outorgáronlles unha serie de beneficios territoriais a Rusia, Prusia, o Ducado de Savoia e as Provincias Unidas. Gran Bretaña foi o gran beneficiado. Francia, Austria e Rusia afirmaronse como grandes potencias. Mais o dominio continental foilles disputado por Prusia, Estado en ascenso.
-
Novo sistema de rotación de cultivos que combina as sementes de cereais que empobrecen a terra coa de plantas que a enriquecen.
-
A influencia do pensamento acadou as cortes europeas. FIxeron experiencias reformistas que pretendían unir a autoridade real coas ideas de progreso da Ilustración. Os trazos comúns da actuación destes monarcas son a racionalización da administración, o fomento da educación e a procura da modernización económica. Promoveron programas de desenvolvemento agrícola e o libre comercio. Estas tiveron un alcance limitado. As contradicións de este abríronlles camiño ás revolucións que acabarían co AR.
-
Foi un sistema de comercio, pertencente á área do océano Atlántico, encargado de facer transacións internacionais e permitir a globalización. Chamábase comercio triangular debido a que se compoñía de 3 continentes que formaban entre sí un triángulo: Europa, América do norte e África
-
Foi unha máquina fiadora multibobina, inventada por James Hargreaves en Stanhill, cerca de Blackburn en Lancashire, Inglaterra. Funcionaba a vapor e aumentaba a produtividade.
-
Esta máquina, inventada por James Hargreaves, permitía a un solo obreiro producir seis veces mais fío que a roda de fiar ordinaria, o que provocou as iras dos fiadores tradicionais que vían peligrar os seus postos de traballo. Funcionaba a vapor, polo que aumentaba a produtividade.
-
Ante a proposta dunha reforma fiscal, a nobreza rebelouse e esixiu a convocatoria dos Estados Xerais, os únicos con capacidade de aprobar novos impostos. Luís XVI acabou cedendo e convocounos para maio de 1789. A elección dos representantes de cada estamento provocou un debate sobre as peticións de cada grupo social e sobre quen representaba o pobo francés.
-
Producíuse unha revolta popular, que significou a irrupción do pobo raso. O 14 de xullo o pobo de París asaltou a Bastilla.
A nova difundíuse por Francia e deu lugar a accións semellantes. Os campesiños foron os protagonistas das revoltas, coñecidas como o Gran Medo. -
-
Proclamou a República en setembro de 1792, e en xaneiro ordenou a execución de Luis XVI. O seu problema fundamental foi aa guerra contra as potencias europeas que intentaban deter a Revolución.
-
Os xirondinos obtiveron a maioría. Os xacobinos erixíronse en voceiro dos sectores populares, desexaban unha revolución que avanzase na igualdade social. Os xirondinos querían castigar o rei pero temían, e os segundos queríanp xulgar, condenar e axustizar. A presión popular levou ó guillotinamento de Luís XVI e María Antonieta. Impulsouse unha coalición europea antirrevolucionaria contra Francia, unha insurreción campesiña contrarevolucionaria e as clases populares demandaban reformas sociais.
-
Para impoñer todas estas reformas, estableceuse o Comité de Saúde Pública, tendo a Robespierre como líder. Iniciou unha política coñecida como o terror. A comezos de 1794 semellaba que a República se salvara: Os sectores máis radicais pedían máis medidas igualitarias, e sectores da burguesía moderada ansiaban poñerlles fins ás reformas xacobinas. O líder e os seus fieis, eliminaron os adversarios e levaron a cabo unha represión. Houbo un golpe de estado contra estes, que foron guillotinados.
-
Os xacobinos acusaban o goberno xirondino de non responder ás necesidades populares e de non tomar as decisións que o pobo demandaba. En xuño de 1793, apoiados polos sans-culottes, os seus líderes máis radicais asaltaron a Convención, detiveron os principais deputados xirondinos e executáronos. A partir dese momento,o poder ficou en mans dos xacobinos.
-
Logo do golpe de Estado estableceuse un goberno coñecido como o Consulado. Unha nova Constitución afirmou o poder persoal de Napoleón como primeiro cónsul, con atribucións de gran importancia. Para asegurar máis ese poder, conseguíu sen nomeado cónsul vitalicio en 1802 e emperador en 1804. Consolidou as conquistas revolucionarias moderadas e forxou un Estado sólido e centralizado. Tamén actuou contra radicais limitou as liberdades e restableceu un Concordato coa Santa Sé.
-
En Gran Bretaña o número de habitantes case se triplicou. Este crecemento foi debido ao descenso da mortalidade, e a un lixeiro aumento da natalidade. A redución da mortalidade foi pola mellora alimentaria, avances médicos e hixiénicos, a vacina da variola e o uso do xabón. A desaparición das fames implicou unha maior resistencia a enfermidades e epidemias, polo que a esperanza de vida medrou. A natalidade elevouse debido á diminución da idade de matrimonio. Isto estimulou a industrialización.
-
Ao longo do S.XIX, a industrialización espallouse por Europa. As transformacións económicas empezaron en Francia e Bélxica, sustentada na explotación dos depósitos de carbón. Alemaña na abundancia de carbón e ferro, na concentración do capital financeiro e nun sector siderúrxico e químico. En Italia e España, coexistindo áreas industrializadas con rexións de economía rural. Na Europa oriental só nas zonas moi localizadas e en EEUU e Xapón desenvolveuse unha economía como a europea.
-
-
A mellora da dieta como resultado do descenso dos prezos dos alimentos, os progresos médicos e sanitarios para combater as grandes epidemias e o desenvolvemento económico estimularon unha nova fase de crecemento da poboación europea. Isto foi acompañado dunha redución do emprego, polo que significou o aumento da emigración.
-
Foi un movemento social que se caracterizou pola oposición á introdución de maquinaria moderna no proceso productivo. Producíuse durante as primeiras etapas do proceso de industrialización e deu lugar a violentas accións de destrucción de máquinas.
-
A guerra foi o outro gran compoñente do goberno napoleónico. Napoleón emprendeu unha política de conquistas que o levará a dominar unha boa parte de Europa. O seu proxecto era crear un imperio con cento en Francia e implantar as institucións francesas, herdeiras da Revolución, nos territorios ocupados, e rematar coas monarquías absolutas.
-
Os vencedores de Napoleón en Waterloo, querían restaurar as monarquías tradicionais e impedir a expansión das ideas liberais, regresando ao Antigo Réxime.
Reuníronse no Congreso de Viena (1815) baixo a dirección de Metternich.
Reestruturaron o mapa en beneficio das grandes potencias, co obxectivo de buscar un equilibrio e dominar territorios que podían ser orixe de movementos revolucionarios.
Estableceron dous principios: Celebración de congresos e dereito de intervención da Santa Alianza -
Marcou a cúspide da súa Revolución Industrial e do Imperio británico. Aínda que esta expresión úsase comúnmente para referirse al extenso reinado de Victoria I, caracterizado polos profundos cambios ocurridos nas sensibilidades culturais e nas preocupacións políticas, á promulgación do Acta de Reforma de 1832.
-
Período denominado era vitoriana. O sistema político baseábase na alternancia no poder dos partidos: os tories e os whigs. A finais de 1890 os whigs perderon influencia nos traballadores, que optaron polo Partido Laborista. O proceso de democratización baseouse nas diversas leis de reforma. Os gobernos conservadores e liberais ampliaron o dereito a voto e en 1913, excepto os indixentes, mulleres e os serventes, os demáis podían votar. Así as diversas leis foron democratizando a sociedade inglesa
-
Foi un movemento británico en favor dunha reforma política, electoral e social. Progresivamente o movemento converteuse en unha manifestación da axitación da clase obreira contra a Ley de Pobres. Reclamaban o sufraxio univesal masculino, un soldo para os deputados e a inmunidade parlamentaria.
-
Nalgúns países de Europa, as nacións correspondíanse coas fronteiras políticas dos Estados e os seus procesos de afirmación nacional producíronse ao mesmo tempo que os da revolución liberal. Mais, especialmente nos da Europa central e oriental, o desaxuste entre fronteiras políticas e comunidades nacionais era enorme.
-
O volume do comercio multiplicouse por sete, grazas aos progresos do transporte e a expansión do librecambio e da produción masiva de bens cada vez máis diversificadas, que permitiu unha redución do seu prezo. O comercio interior tamén tivo unha grande expansión. O aumento dos salarios obreiros e os novos sistemas de vendas inauguraron a era de consumo de masas da década de 1920. A necesidade de xerar máis consummidores revolucionou os sistemas de venda. Así apareceron os grandes almacéns, etc.
-
A superioridade técnica e militar das metrópoles implicou que a conquista das colonias fose rápida. No entanto, producíronse algunhas revoltas dos pobos autóctonos contra a ocupación estranxeira. Algunhas das máis significativas foron: en 1857, os sipaios. No sur de África, as tribos zulús resistíronse á conquista británica e en 1879 iniciouse unha guerra, e en 1899 estalou na China a revolta dos bóxeres co obxectivo de expulsar os estranxeiros.
-
Aboliu a servidume, impulsou a industrialización, recorreu a investimentos estranxeiros e as doutrinas revolucionarias enraizaron profundamente,
-
"Asociación Internacional de Traballadores". Foi unha organización que agrupou a sindicalistas.
-
Non só se esforzou por crear e consolidar novas institucións políticas de carácter democrático, senón tamén por instaurar símbolos e costumes que uniron a poboación cos principios da revolución de 1789 e cos valores republicanos.
-
O avance ruso polo Cáucaso e Asia central supuxo unha ameaza para os intereses do Imperio británico na zona da India. Afganistán, Persia e o Tíbet estiveron sometidos á influencia de ambos os dous imperios, que se disputaron o seu control ata o acordo anglo-ruso de 1907, que definiu as respectivas zonas de influencia.
-
-
-
Unha serie de innovacións tecnolóxicas impulsaron unha segunda fase da industrialización. O avance tecnolóxico foi o resultado dunha estreita relación entre a investigación científica e a súa rápida aplicación na industria. As principais innovacións foron: As novas fontes de enerxía, como a electricidade, os novos medios de transporte, o petróleo, a expansión de redes de telegrafía, novos produtos e novos sectores produtivos. Todas estas estiveron acompañadas do Taylorismo e do Fordismo.
-
Alemaña iniciou a construción dun Estado e converteuse na potencia que aspiraba a dirixir a política europea e a estender polo continente o seu poder e influencia. Forxouse baixo o chanceler Bismarch e o káiser Guillerme I. O réxime político amosaba un compoñente autoritario. Había sufraxio universal masculino para a elección do Reistag e unha estrutura federal. O káiser podía nomear os seus ministros. Para evitar un estalido, Bismarch adoptou unhas medidas que favorecían as clases populares.
-
Gobernou durante 60 días promulgando decretos revolucionarios, como a autoxestión das fábricas abandonadas polos seus dueños, a creación de guarderías para os fillos das obreiras. la abolición de los intereses de las deudas... Moitas de estas medidas respondían á necesidade de paliar a pobreza xeneralizada que había causado a guerra. Sometida casi de inmediato ao asedio do goberno provisional, a Comuna foi reprimida con extrema dureza.
-
Desde finais do século XIX, desenvolvérase unha creente oposición á autocracia tsarista e ás súas arcaicas estruturas sociais, que adquirira forza entre o campesiñado e o proletariado.
-
Era un sistema de organización do traballo e dos tempos de execución do mesmo que segue os principios sinalados polo enxeñeiro e economista estadounidense Frederick Taylor.
-
No S.XIX, moitos países Europeos pertencían a un sistema de alianzas entre Estados que se fraguaran a finais do S.XIX. Estas empezaron a forxarse na época de Bismarck. O sistema promovido por Alemaña quería consolidar a hexemonía alemá na política e a contención dos rivais, sobre todo de Francia, para evitar un revanchismo pola perda de Alsacia e Lorena. Xurdiu a Tripla Alianza en 1882 (Alemaña, Italia e Imperio austrohúngaro). En 1907 xurdiu o Triplo Acordo entre Francia, Rusia e Gran Bretaña.
-
Foi celebrada na cidade de Berlín e convocada por Francia e o Reino Unido1, organizada polo chanceler de Alemaña, Otto von Bismarck, co fin de solventar os problemas que implicaba a expansión colonial en África e resolver a súa repartición.
-
Foi unha organización formada polos partidos socialistas e laboristas que desexaban cordinar a súa actividade.
-
O Xapón e a China entraron en guerra tras anos de rivalidade polo control de Corea. Xapón inflixiulle unha gran derrota ao Imperio chnés e afianzouse como potencia emerxente. Corea deixou de ser un Estado vasalo chinés e converteuse nun protectorado xaponés en 1905.
-
Os intereses de Francia e Gran Bretaña en África bateron en Fachoda cando ambos os dous quixeron ocupar unha zona estratéxica do alto Nilo. A superioridade militar dos ingleses obrigou os franceses a retirarse.
-
EEUU declaroulle a guerra a España, en abril de 1898, coa escusa do afundimento do seu acoirazado Maine no porto da Habana, e en maio ambas as dúas forzas navais enfrontáronse na baía de Manila. España sufriu unha rápida derrota militar e na Paz de París renunciou a Cuba, Porto Rico, Filipinas e Guam.
-
Xurdíu do desenvolvemento do proletariado que supuxo a difus´ión do marxismo. O seu inspirador foi Georgi Plejánov. Dentro deste partido atopábanse os Bolxeviques con Lenin e os Menxeviques con Martov.
-
-
Enfrontaron Alemaña e Francia ante a pretensión francesa de establecer un protectorado en Marrocos. A Conferencia de Alxeciras estableceu un protectorado franco-español co apoio de Gran Bretaña.
-
En 1905 estoupou un movemento revolucionario en San Petersburgo. Houbo unha manifestación ante o Palacio de Inverno contra o despotismo e a inxustiza social e demandando melloras na vida e a celebración dunha Asemblea Constituínte elixida polo pobo. Esta foi reprimida causando mortes e feridos. O tsar anunciou o Manifesto de Outubro, convocou a Duma e Pyotr Stolypin propuxo unha reforma agraria para mellorar a produción. Xurdiron o Partido Outubrista e o Partido Democrático Constitucional.
-
Os xaponeses, co apoio dos británicos, detiveron o expansionismo ruso por Manchura e o norte de Corea. O imperio xaponés, que xa ocupaba as illas Kuriles e Formosa (Taiwan), anexionou Corea en 1910.
-
Comezou coa producción de Ford T con unha combinación e organización xeneral do traballo altamente especializada e reglamentada a través de cadenas de montaxe, maquinaria especializada, salarios máis elevados e un número elevado de traballadores en plantilla.
-
Os Balcáns constituían unha zona de conflito en Europa como resultado da disgregación do Imperio Turco. Enfrontábanse os intereses de Serbia e de Bulgaria, que pretendían unificar e liderar os pobos eslavos do sur, e os do Imperio austrohúngaro e do Imperio ruso, que aspiraban a ampliar a súa influencia nos Balcáns. Para frear o expansionismo austríaco, Rusia converteuse en protector e aliado de Serbia.
-
A Lei do Parlamento de 1911 é unha lei do Parlamento do Reino Unido. É constitucionalmente importante e goberna en parte a relación entre a Cámara dos Comúns e a Cámara dos Lores, que conforman as duas Cámaras do Parlamento.
-
O detonante da guerra foi o asasinato en Saraxevo, capital de Bosnia, do arquiduque Francisco Fernando. Gavrilo Princip, relacionado con grupos nacionalistas serbios perpetrou o atentado. Animada por Alemaña, Austria declaroulle a guerra a Serbia, acusada de organizar isto. Púxese en marcha o xogo de alianzas, e nunha semana toda Europa entrou en guera. Rusia apoiou Serbia e declaroulle guerra a Austria. Alemaña, a Rusia e a Francia. Gran Bretaña a Austria e a Alemaña e Italia mantíñase neutral.
-
O inicio da guerra estivo marcado polo movementos das tropas en ambas as dúas fronte co obxectivo de obter unha vitoria rápida. O plan alemán (Plan Schlieffen) prevía atacar Francia entrando por Bélxica e Luxemburgo. En seis semanas, Francia habería de capitular e entón os imperios centrais poderían dedicarlle todo o seu esforzo á fronte rusa.
-
-
En novembro de 1914, as frontes quedaron inmobilizadas. No oeste iniciouse a guerra de trincheiras,ou de posicións, na que os exércitos se protexían mediante trincheiras para impedir o avance inimigo.
-
A economía rusa orientouse a abastecer o exército. As fábricas empezaron a converterse en industrias e os campesiños diminuíron a produción. Os produtos de primeira necesidade empezaron a escasear, os prezos a subir e a capacidade de adquisición diminuíron. Chegou a fame e a escaseza. Producíronse derrotas militares e manifestacións ás que se lle unía o descontento. Rasputín tiña a confianza do tsar e cada vez tiña máis poder, polo que foi asasinado. Isto levou á revolución de febreiro de 1917.
-
Prometeu reformas políticas e sociais, á vez que se comprometía a convocar eleccións libres para unha Asamblea Constituínte. Decidíu manter os compromisos militares cos aliados. Comezou a perfilarse un duplo poder. Dunha banda, o Goberno Provisional e doutra, os sóviets.
-
O 23 de febreiro houbo unha gran manifestación en Petrogrado. Os sóviets agrupaban as frozas revolucionarias de oposición ao tsarismo e que adquiriron un gran protagonismo na organización da revolta. O 27 de febreiro houbo unha folga xeral seguida polo amotinamento da gornición militar. Esixían a retirada da guerra, a dimisión do tsar e a mellora das condicións de vida. Ante a existencia, o tsar abdicou. A Duma tomou protagonismo e nomeou un goberno provisional presidido por Lvov.
-
O ano 1917 foi decisivo para o conflito. Dunha banda, os duros combates da guerra de trincheiras sementaron o desánimo entre os soldados: as desercións aumentaron e producíronse numerosos motíns na fronte. O triunfo dunha revolución en Rusia fixo que o país abandonase a contenda e asinase, en marzo de 1918, o tratado de Brest-Litovsk con Alemaña. Aínda máis decisiva foi a entrada na guerra dos EEUU.
-
A contenda militar supuxo que todos os recursos do país se orientasen cara a un único obxectivo: aprovisionar o exército para gañar a guerra. O goberno soviético estableceu o "comunismo de guerra" que implicaba un estrito control da economía polo Estado unha ríxida vixilancia sobre a poboación.
-
Algúns países modificaron progresivamente a súa lexislación outorgándolle o voto á muller, e abríndolle o acceso á educación secundaria e universitaria, e a certas profesións ata daquela reservadas aos homes.
-
Cuxos membros eran denominados socialrevolucionarios, SRs, ou eseristas, foi un partido político ruso activo a principios do sséculo XX. Presentábase como o representante do campesiñado ruso, aínda que o partido sempre estuvo baixo o control dos intelectuais.
-
Tras o éxito da Revolución rusa o novo gobierno bolxevique firmou o Tratado de Brest-Litovsk con Alemaña, o cal foi ratificado o 6 de marzo de 1918; por este acordo pactábase un armisticio unilateral e a salida de Rusia da I Guerra Mundial.
-
Era un sistema totalitario, antiliberal e anticomunista que se baseaba en: Submisión ao líder carismático, o nacionalismo exarcebado, cun compoñente racista, a exaltación do Estado, por riba dos dereitos e liberdades dos individuos, a defensa dunha sociedade non igualitaria, a exaltación e o uso sistemático da violencia e a mobilización e organización das masas a través das organizacións do partido e do Estado, que canalizan a participación do individuo nun proxecto nacional unitario.
-
-
-
Realizouse o pagamento de indemnizacións de guerra e redución do seu exército e cesión de territorios a Grcia e Iugoslavia.
-
A sobreprodución comezou as er un problema para a economía. Chegou a hora na que as vendas das empresas non podían seguir aumentando porque a demanda iba mais lenta que os beneficios. En 1926, unha gran parte das ganancias dirixíase á compra de accións da bolsa, o que provocou unha suba dos prezos de estas. Xerouse unha burbulla especulativa e os investidores comenzaban a endebedarse, pensando que poderían devolver os préstamos que solicitaban. Mentras foi así, os préstamos podían devolverse.
-
Nos países onde o sistema liberal-parlamentario tiña escasa tradición e os partidos liberais ou conservadores se vían impotentes ante a crise e a revolta social, establecéronse sistemas políticos autoritarios. Eran ditaduras que prometían restablecer a orde, exaltaban o nacionalismo e se apoiaban nos grandes porpietarios, no Exército ou na Ingrexa para combater os avances das ideas socialistas e comunistas. Eran Estados policiais que rexeitaban o sistema liberal-democrático.
-
Porducíuse o recoñecemento da independencia de Hungría e cesión por parte dos seus antigos territorios a Polonia, Checoslovaquia, Iugoslavia e Romanía.
-
Provocou a desmembración do Imperio otomán: entrega de territorios a Grecia e cesión doutros territorios (Siria, Líbano...) a Francia e a Gran Bretaña (mandatos)
-
As Sturmabteilung ou SA funcionaron como unha organización voluntaria tipo milicia do NSDAP, o partido nacionalsocialista obreiro alemán. Aos membros das SA conocíaselles como «camisas pardas», polo color da súa camisa e uniforme, para distinguilos das «SS», que levaban uniformes negros e camisa blanca, a diferencia dos camisas negras italianos.
-
Supoñía dar un paso atrás nas medidas radicais do comunismo, para permitir unha economía mixta na que os sectores socializados controlados polo Estado convivisen coa economía de mercado e a pequena propiedade privada. Cumpriu rapidamente os obxectivos económicos e a economía soviética superou á Gran Guerra. Houbo problemas de acaparamento e desabastecemento das cidades pola subida dos prezos e diferenzas dos agrarios e industriais. Os beneficios privados aumentaron as diferencias sociais.
-
Mussolini formou as forzas paramilitares que actuaron contra as organizacións de esquerda.
En 1921 fundou o PNF. Dotou o partido dun programa populista no social, pero defensor da propiedade privada e nacionalista e militarista. Tamén adoptou unha simboloxía propia. En 1922 os fascistas abortaron a folga xeral das organizacións de esquerdas. En outubro foi a marcha sobre Roma, manifestacións e aactos de forza. Rematou cando Vítor Manuel III, encargoulle a Mussolini a formación dun novo goberno. -
A partir de 1922, Mussolini foi o xefe dun goberno de coalición con lberais e católicos. Convou eleccións nas que o PNF obtivo a maioría absoluta. En 1925 iniciou a ditadura fascista caracterizada pola supresión da democracia, a concentración de todos os poderes, establecemento das relacións co Vaticano, aprobación de leis raciais, inicio dunha política exterior expansionista e creación dun Estado corporativo que se converteu no novo representante da sociedade.
-
Stalin marcou un antes e un despois na traxectoria da revolución soviética desde que en 1927 se erixiu no seu principal dirixente e gobernou o país ata a súa morte. O stalinismo centrouse en consolidar a revolución na Unión Soviética antes de exportala a outros países.
-
Foi a peor caída do mercado de valores na historia da bolsa en Estados Unidos, tendo en conta o alcance global e a larga duración das suas secuelas e que deu lugar á crisis de 1929 tamén coñecida como a gran depresión.
-
Esta acabou de complicar a situación e creou un ambiente favorable para a desestabilización desas democracias e a aparición de ditaduras e réximes totalitarios.
-
A crise dos EEUU arrastrou os países de Europa e do resto do mundo. Os factores foron: O descenso dos prezos de produtos, o retroceso da demanda, o descenso dos préstamos e investimetnos e a imposición de aranceis. A caída do comercio internacional afectou os países exportadores de alimentos e materias primas de América Latina e Asia. A diminución dos ingresos impediu devolver os préstamos e obrigou a reducir a súa demanda. A caída industrial, a creba bancaria e o aumento de paro expandíronse.
-
Foi unha nova política para superar a crise económica e paliar os efectos sociais. O seu programa avogaba pola intervención pública, considerada necesaria para saír da depresión. As súas principais liñas foron a creación de Works Progress Administration, o National Recovery Administration, axudas para pagar as hipotecas, nova lei de relacións laborais e crear un seguro de desemprego. Para impedir unha nova crise estableceuse un control estatal sobre os bancos e unha comisión de valores e cambio.
-
Houbo unha serie de medidas que completaron este proceso: Réxime de partido único, o NSDAP, unificación dos Länder, depuración da administración, reforzamento da represión e creación da Gestapo en 1934, eliminación da disidencia dentro do partido, conquista do espazo vital e o nomeamento de Hitler como xefe de Estado. Converteuse en Führer, en caudillo e chanceler do III Reich, un nomeamento que foi ratificado en plebiscito días máis tarde.
-
Foron unha serie de leis de carácter racista e antisemita na Alemaña nazi adoptadas por unanimidad durante o sétimo congreso anual do NSDAP celebrado na cidade de Núremberg. Degradaron oficialmente os xudeus alemáns á categoría de cidadáns de segunda clase.
-
Basease no intervencionismo do Estado, defendendo a política económica como a mellor ferramenta para saír dunha crise económica. A súa política económica consiste en aumentar o gasto público para estimular a demanda engadida e así aumentar a produción, a inversión e o empleo.
-
Unha nova Constitución, definía a URSS como un Estado socialista de obreiros e campesiños. Formalmente era un Estado federal e democrático, pero en realidade esa lexislación era unha ficción: os dereitos e as liberdades eran inexistentes e o control de todas as institucións do Estado por partr do PCUS era absoluto. Stalin concentrou a secretaría do PCUS e a presidencia do Sóviet Supremo. A URSS converteuse nun Estado policial que practicaba a represión e a violencia con total impunidade.