Ancient egypt history in hieroglyphic language at karnak

O antigo Exipto

  • Period: 3100 BCE to 2181 BCE

    IMPERIO ANTIGO

  • Fúndase a cidade de Menfis
    3050 BCE

    Fúndase a cidade de Menfis

    Situada ao comezo do delta do Nilo, esta cidade foi a capital de Exipto durante o Imperio Antigo.
  • Morte de Imhotep
    2610 BCE

    Morte de Imhotep

    Imhotep foi sumo sacerdote, conselleiro e arquitecto do faraón Zoser. É considerado como o "primeiro enxeñeiro da Historia".
  • Remate da gran pirámide de Keops
    2570 BCE

    Remate da gran pirámide de Keops

    A máis grande e sonada das pirámides de Exipto.
  • Ra convértese no deus principal dos exipcios
    2400 BCE

    Ra convértese no deus principal dos exipcios

    En torno a este século os sacerdotes de Heliópole establecen o deus solar Ra como o máis importante do panteón exipcio.
  • Period: 2181 BCE to 2055 BCE

    PRIMEIRO PERÍODO INTERMEDIO

  • Inicio do reinado de Mentuhotep
    2061 BCE

    Inicio do reinado de Mentuhotep

    Este faraón conseguiu reunificar todo Exipto baixo o seu poder. Considérase o fundador do Imperio Medio.
  • Period: 2055 BCE to 1795 BCE

    IMPERIO MEDIO

    SEGUNDO PERÍODO INTERMEDIO
  • Comeza a construción do santuario de Karnak
    1900 BCE

    Comeza a construción do santuario de Karnak

    Karnak foi o complexo relixioso máis importante do antigo Exipto, con templos e recintos adicados a varias divinidades.
  • Inicio do reinado de Sesostris III
    1889 BCE

    Inicio do reinado de Sesostris III

    Durante o seu reinado os exércitos faraónicos conquistaron Nubia e Exipto acadou a súa maior extensión territorial.
  • Period: 1795 BCE to 1550 BCE

    SEGUNDO PERÍODO INTERMEDIO

  • Period: 1550 BCE to 1069 BCE

    IMPERIO NOVO

  • Inicio do reinado de Hashepsut
    1490 BCE

    Inicio do reinado de Hashepsut

    Hashepsut foi a terceira muller en ocupar o cargo de faraón de Exipto grazas ao apoio dos sacerdotes.
  • Inicio do reinado de Akenatón
    1352 BCE

    Inicio do reinado de Akenatón

    Durante o seu reinado intentou establecer o culto a un único deus: Atón, o disco solar.
  • Inicio do reinado de Tutankamón
    1347 BCE

    Inicio do reinado de Tutankamón

    Tutankamón gobernou unicamente durante 9 anos, pero é un dos faraóns máis famosos por que a súa tumba foi atopada intacta.
  • Inicio do reinado de Ramses II
    1279 BCE

    Inicio do reinado de Ramses II

    Un dos faraóns máis conñecidos na actualidade debido á gran cantidade de resto arquitectónicos que se conservan do seu reinado.
  • Batalla de Qadesh
    1274 BCE

    Batalla de Qadesh

    Batalla que enfrontou ao exército de Ramses II contra unha gran forza do reino hitita. O faraón fixo crer aos exipcios que fora unha gran vitoria, pero na actualidade sabemos que o resultado foi semellante a un empate.
  • Period: 1069 BCE to 715 BCE

    TERCEIRO PERÍODO INTERMEDIO

  • Period: 715 BCE to 30 BCE

    BAIXO IMPERIO

  • Os asirios conquistan Exipto.
    662 BCE

    Os asirios conquistan Exipto.

    O emperador asirio Asurbanipal saquea a cidade de Tebas e incorpora Exipto aos seus dominios.
  • Os persas conquistan Exipto
    525 BCE

    Os persas conquistan Exipto

    O emperador persa Cambises II incorpora Exipto ao imperio.
  • Alexandre Magno toma o control de Exipto
    332 BCE

    Alexandre Magno toma o control de Exipto

    Exipto é incorporado ao enorme imperio universal de Alexandre.
  • Ptolomeo coróase faraón
    305 BCE

    Ptolomeo coróase faraón

    Ptolomeo inicia a última dinastía do antigo Exipto nomeándose a si mesmo gobernante independente.
  • Nace Ptolomeo XV César
    47 BCE

    Nace Ptolomeo XV César

    Fillo de Cleopatra, última raíña de Exipto, e Xulio César, estaba destinado a ser o herdeiro da súa nai. Foi asasinado por Octavio Augusto, o primeiro emperador de Roma, e nunca chagou a gobernar.
  • Exipto convértese en provincia do Imperio Romano
    30 BCE

    Exipto convértese en provincia do Imperio Romano

    Octavio Augusto somete Exipto ao poder de Roma. Exipto será unha das provincias máis importantes e abastecerá de comida á propia capital imperial.