-
Comercio triangular
Unha das rutas principais do comercio colonial que se levou a cabo entre Europa, África e América. Os barcos partían de Europa con produtos manufacturados que eran cambiados en África por escravos, os cales eran vendidos posteriormente en América aos donos das plantacións. Os barcos volvían a Europa cargados de produtos coloniais como café, azucre ou tabaco.
O comercio colonial favoreceu aos bancos e ás compañías de comercio, aumentou os créditos, e supuxo un gran movemento de capitais. -
Period: to
FINAIS DO ANTIGO RÉXIME
- Sociedade estamental dividida en privilexiados (nobreza e clero) e non privilexiados (terceiro estado). Poboación estancada que padecía, a miúdo, crises de subsistencia.
- Economía agraria e señorial baseada nunha agricultura de subsistencia, nun comercio interior reducido e controlado polos gremios, e escasa actividade de transporte.
- Predominio en Europa da monarquía absoluta de dereito divino como forma de goberno.
-
Luis XIV, rei de Francia
Tamén chamado Rei Sol, foi un monarca absoluto francés de dereito divino. -
Habeas Corpus
Lei que tivo que aceptar o monarca Carlos II e que lle garantía a todo detido comparecer perante un xuíz e poder defenderse. -
The Bill of Rights
Declaración de Dereitos que tivo que aceptar Guillerme de Orange tras ser elixido monarca polo Parlamento inglés. Esta limitaba os poderes do monarca e sometía algunhas das súas decisións ao Parlamento.
A monarquía parlamentaria inglesa contaba con separación de poderes, onde o rei controlaba o poder executivo.
O poder lexislativo estaba en mans do Parlamento, que votaba as leis e controlaba o goberno. A cámara dos Comúns elixíase por sufraxio censatario.
O poder xudicial era independente. -
Ilustración
Movemento intelectual que critica as bases do Antigo Réxime e defende o uso da razón e un sistema político baseado na liberdade e na igualdade.
Algúns monarcas adoptaron estas ideas e, sen deixar de ser monarcas absolutos, levaron a cabo experiencias reformistas (despotismo ilustrado). "Todo para o pobo pero sen o pobo". -
Emprego do carbón de coque
A necesidade de ferro para a maquinaria, construción de pontes e produción de armamento, estimularon a industria siderúrxica. Abraham Darby ideou un método que utilizaba o carbón de coque para lograr a temperatura necesaria para fundir o ferro. -
Tratado de Utrecht
Supuxo a fin da Guerra de Sucesión á Coroa española, cun declive do seu imperio e o reinado da monarquía borbónica, e a remodelación do mapa Europeo.
Obtiveron beneficios territoriais Rusia e Prusia, que xunto con Francia e Austria se afirmaron como grandes potencias; o Ducado de Savoia e as Provincias Unidas.
Gran Bretaña foi o que obtivo maior proveito, pois conseguiu o monopolio do tráfico de escravos con América e se consolidou, xunto con Holanda, como a gran potencia marítima e comercial. -
Sistema Norfolk
Rotación cuadrienal de cultivos que combinaba a semente de cereais, que empobrecen a terra, coa de plantas forraxeiras que a enriquecen porque axudan a fixar nitróxeno no solo.
Permitiu suprimir o barbeito e ampliar a superficie cultivada. O crecemento da produción de forraxe fixo que aumentara a cabana gandeira, cuxo esterco contribuíu a mellorar a fertilidade da terra. -
Lanzadeira voante
Con ela iniciouse a mecanización do tecido, que aumentou a velocidade do tecido e permitiu darlles maior ancho ás pezas.
Posteriormente apareceron as fiadoras Jenny que funcionaban a vapor e aumentaron a productividade do fiado.
En 1786 apareceu o primeiro tear mecánico movido pola forza do vapor.
O incremento da produción de tecidos (industria algodoeira) estimulou a industria química, pois requería blanqueadores e tinturas. -
Enclosure Acts
Leis de cerramento apobadas polo Parlamento inglés entre 1760 e 1840 para legalizar o proceso que acababa cos openfields.
Estas leis beneficiaron aos grandes propietarios que se apoderaron das terras comunais e melloraron a productividade ao aumentar, agrupar e cercar os seus terreos. -
Period: to
A NOVA ERA INDUSTRIAL
- As novas técnicas de cultivo impulsaron o aumento da produción agrícola que supuxo o crecemento da poboación.
- As novas fontes de enerxía permitiron a mecanización e o xurdimento de novos medios de transporte.
- A industrialización implicou o crecemento urbano e unha nova sociedade de clases: a burguesía, o proletariado e a clase media
-
Máquina de vapor
Foi patentada por James Watt e accionada mediante a combustión de carbón. Permitiu poñer en marcha todo tipo de máquinas industriais e agrícolas ademáis de medios de trasporte como o barco de vapor -
Period: to
Etapa liberal burguesa
-
A convocatoria dos Estados Xerais
Ante a proposta dunha reforma fiscal(que os privilexiados pagasen impostos), a nobreza rebelouse e esixiu a convocatoria dos Estados Xerais.
O Terceiro Estado esixía o voto por cabeza e non por estamento pero ante a negativa do rei Luis XVI e dos privilexiados, constituíronse en Asamblea Nacional xunto con algúns nobres e clérigos, reclamando unha Constitución en Francia. O 27 de xuño os Estados Xerais transformáronse en Asamblea nacional Constituínte. -
A Toma da Bastilla
Ante a ameaza dunha reacción dos privilexiados e do exército real, surxiu unha revolta popular que significou a irrupción do pobo raso na revolución. O 14 de xullo, o pobo de París asaltou a Bastilla, prisión e símbolo do absolutismo. -
Constitución
Despois de ser abolidos os privilexios e os dereitos feudais de nobreza e clero, e aprobarse a Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán; a Asamblea Nacional Constituínte elaborou unha Constitución, en 1791.
O monarca tiña o poder executivo; o Parlamento, o lexislativo e os xuíces eran independentes(poder xudicial).
Estableceuse o sufraxio censatario e a aprobación da Constitución supuxo en Francia unha monarquía constitucional e deu paso a unha nova Asamblea Lexislativa. -
Period: to
Etapa republicana
-
O Asalto ás Tullerías
Os sans-culottes, apoiados por xacobinos e xirondinos ademáis de polos batallóns de provincias que acudiron a defender a capital, foron protagonistas dunha insurreción. O 10 de agosto de 1792, asaltaron o Palacio das Tullerías e detiveron o monarca, Luis XVI, a súa dona, María Antonieta, e o resto da familia, esixindo a fin da monarquía.
A Convención Nacional, elixida por sufraxio universal, proclamou a República. -
-
Constitución
Tras a caída de Robespierre(líder xacobino), a Convención pasou a estar controlada de novo polos sectores burgueses. En 1795 aprobouse a Constitución que restableceu o sufraxio censatario, creou o Directorio e elaborou un corpo lexislativo formado polo Consello dos Cincocentos e o Consello dos Anciáns. -
Period: to
República burguesa e bonapartismo
-
Golpe de Estado de Napoleón Bonaparte
Napoleón Bonaparte, membro do Directorio, tiña éxito na política exterior e as clases acomodadas pensaron que podía garantir a revolución liberal e evitar os excesos democráticos dos sectores populares. Co apoio da burguesía e do exército, deu un golpe de Estado e concentrou todo o poder nas súas mans. -
Period: to
As orixes do movemento obreiro
-
-
Congreso de Viena
Os vencedores de Napoleón quixeron restaurar as monarquías tradicionais e impedir a expansión das ideas liberais. Reuníronse no Congreso de Viena(1815), onde se restruturou o mapa de Europa en beneficio das grandes potencias co obxectivo de dominar os territorios que podían ser orixe de movementos revolucionarios. -
Locomotora
Máquina de vapor capaz de transladarse sobre raís. Gracias a ela foi posible o ferrocarril, a verdadeira revolución no transporte. Achegou maior rapidez e capacidade de carga, menor custo por unidade transportada e máis seguridade para pasaxeiros e mercadorías.Por conseguinte foise creando una rede ferroviaria en Gran Bretaña e no resto de Europa. -
Period: to
As primeiras organizacións obreiras
-
Period: to
Época vitoriana (GB)
-
Manifesto do Partido Comunista
Tratábase da primeira formulación do marxismo, publicada por Marx e Engels, unha corrente socialista que tería un impacto profundo no obreirismo e na cultura mundial.
O marxismo defendía a necesidade de destruír a orde liberal e o sistema económico capitalista para crear unha nova sociedade máis igualitaria. Crían que a fin do capitalismo conseguiríase mediante a revolución do proletariado, organizado politicamente, para así lograr unha orde social sen clases. -
Segundo Imperio
En Francia, tras a represión de xuño de 1848, a burguesía apoiou o goberno autoritario de Luís Napoleón Bonaparte, que, en 1851, proclamou o Segundo Imperio e consolidou un modelo de liberalismo moderado. -
Period: to
Guerra de Secesión (EUA)
Entre os Estados do norte e do sur existía unha división. Os do sur optaban por un modelo máis agrario e escravista e defendían un poder case total dos Estados. Os do norte querían a implantación do capitalismo industrial, a abolición da escravitude e unha maior autoridade do poder federal.
Estas divisións levaron a unha cruenta e longa guerra civil, a Gerra de Secesión da que saíu vitorioso o norte. Impúxose o seu modelo de sociedade sen escravos, industrialista e profundamente capitalista. -
-
Dupla monarquía de Austria-Hungría
A partir de 1867, o emperador Francisco Xosé converteuse tamén en rei de Hungría(en Austria érao dende 1848) reinando sobre unha dupla monarquía.
O emperador nomeaba, para o conxunto do Imperio, os ministros de Asuntos exteriores, de Guerra e de Finanzas, mentres que cada un dos reinos tiña un goberno e mais un parlamento propios e unha lei electoral propia e encargábase dos asuntos internos. -
III República francesa
-
Period: to
A DOMINACIÓN EUROPEA DO MUNDO
-
Period: to
Rivalidade entre rusos e británicos
O avance ruso polo Cáucaso e Asia central supuxo unha ameaza para os intereses do Imperio británico na zona da India. Afganistán, Persia e o Tíbet estiveron sometidos á influencia de ambos os dous imperios, que se disputaron o seu control ata o acordo anglo-ruso de 1907, que definiu as respectivas zonas de influencia. -
Period: to
AS GRANDES POTENCIAS
-
A Comuna de París
O pobo de París negouse á capitulación e protagonizou unha insurrección popular: a Comuna de París, que intentou poñer en marcha moitos dos ideais do pensamento socialista e democrático, pero o seu carácter espontáneo, á marxe da propia AIT, e a súa falta de conexión co resto do proletariado francés e europeo, conduciron ao seu fracaso, e foi reprimida polas tropas alemás e francesas unidas contra os seus principios. -
Constitución Alemaña de Bismarch
A Alemaña do II Reich forxouse baixo a impronta do chanceler Bismarch e do kaiser Guillerme II (1871-1888). O réxime político asentado coa Constitución de 1871 amosaba un forte compoñente autoritario. Existía sufraxio universal masculino pero só para a elección do Reistag. Prusia posuía máis deputados ca os outros no Bundestang, cámara elixida por sufraxio censatario e que propuña as leis. O káiser nomeaba aos ministros sen contar co parlamento e eles eran responsables ante o emperador. -
Partido Socialdemócrata Alemán
Foi o primeiro e o máis importante dos partidos políticos obreiros socialistas. Fundouse en 1875 baixo principios marxistas pero legalizouse en 1890.
Combinaba o obxectivo revolucionario do socialismo e a loita para conseguir reformas inmediatas: sufraxio universal masculino e feminino, xornada de 8 horas, impostos progresivos sobre a renda, ensinanza laica, prohibición do traballo infantil, etc. -
O Teléfono
Foi patentado por Bell en 1876 e a súa expansión permitiu a difusión instantánea de información fronte ao antigo correo postal. -
A Lámpada eléctrica con filamento
Foi creada por Edison e a fonte de enerxía era a electricidade, que ademáis de empregarse para a iluminación, serviu para a industria, as telecomunicacións, o ocio e o transporte.
Xunto co petróleo, a aparición desta fonte de enerxía destronou o carbón. -
O Taylorismo
Consistía en aumentar a produtividade mediante a especialización do traballo, deste xeito abaratar custos de produción e prezos.
Este deulle paso ao fordismo, un sistema que combinaba a produción en serie cos incentivos salariais aos traballadores. -
Tripla Alianza
Entre Alemaña, o Imperio austrohúngaro e Italia.
Os obxectivos principais eran consolidar a hexemonía alemá na política continental europea e, en particular, o illamento de Francia para evitar un posible revanchismo pola perda das rexións de Alsacia e Lorena tras a derrota en 1870. -
O Vehículo con motor de gasolina
Foi creado por Daimler-Benz e xunto con outros novos medios de transporte, reduciron o custo e a duración das viaxes. O petróleo e os seus derivados tiveron a súa principal aplicación como combustibles do motor de explosión nos primeiros automóbiles, nos barcos e na aviación. -
-
Guerra chinés-xaponesa
O Xapón e a China entraron en guerra tras anos de rivalidade polo control de Corea. Xapón inflixiulle unha gran derrota ao Imperio chinés e afianzouse como potencia emerxente. Corea deixou de ser un Estado vasalo chinés e convertiuse nun protectorado xaponés en 1905. -
Crise de Fachoda (Sudán 1898)
Os intereses de Francia e de Gran Bretaña en África bateron en Fachoda cando ambos os dous quixeron ocupar unha zona estratéxica do alto Nilo. A superioridade militar dos ingleses obrigou aos franceses a retirarse. -
Guerra entre Estados Unidos e España
Estados Unidos declaroulle a guerra a España, en abril de 1898, coa excusa do afundimento do seu acoirazado Maine no porto da Habana, e en maio ambas as dúas forzas navais enfrontáronse na baía de Manila. España sufriu unha rápida derrota militar e na Paz de París renunciou a Cuba, Porto Rico, Filipinas e Guam. -
Partido Obreiro Social-Demócrata Ruso
O desenvolvemento do proletariado supuxo a difusión do marxismo e,en 1898, fundouse o Partido Obreiro Social-Demócrata Ruso. -
Bolxeviques e menxeviques
En 1904, o POSDR dividiuse en bolxeviques, liderados por Lenin e menxeviques. Os segundos constituían un partido de masas que seguía as directrices da II Internacional, mentres que os primeiros propugnaban un novo tipo de partido máis minoritario, cunha organización ríxida e centralizada e integrado por unha elite de revolucionarios disciplinados dispostos a tomar o poder pola forza. -
Period: to
Crises marroquís
Enfrontaron Alemaña e Francia ante a pretensión francesa de establecer un protectorado en Marrocos. A Conferencia de Alxeciras estableceu un protectorado franco-español co apoio de Gran Bretaña. -
Guerra ruso-xaponesa
Os xaponeses, co apoio dos británicos, detiveron o expansionismo ruso por Manchuria e o norte de Corea. O Imperio xaponés, que xa ocupaba as illas Kuriles e Formosa (Taiwán), anexionou Corea en 1910. -
-
Triplo Acordo
Francia e Rusia, que se sentían ameazadas por Alemaña, asinaron un acordo en 1892. Asemade, Francia asinou con Gran Bretaña, que temía a rivalidade de Alemaña no comercio marítimo, o Acordo Cordial en 1904. Estas alianzas para conter Alemaña desembocaron na creación dun Triplo Acordo en 1907. -
Anexión de Bosnia-Hercegovina
A anexión de Bosnia-Hercegovina por parte do Imperio austrohúngaro provocou a indignación de Rusia e foi a orixe das dúas guerras balcánicas que se sucederon. -
-
Period: to
A Primeira Guerra Mundial
-
Asasinato en Saraxevo
O detonante da guerra foi o asasinato en Saraxevo, capital de Bosnia, do herdeiro da coroa austríaca, o arquiduque Francisco Fernando.
Animada por Alemaña, Austria declaroulle a guerra a Serbia, acusada de organizar o atentado.
A partir dese momento púxose en marcha o xogo de alianzas, e nunha semana toda Europa entrou en guerra. -
Period: to
A guerra de trincheiras
-
Regreso de Lenin
O goberno provisional permitiu o regreso a Rusia dos exiliados políticos do tsarismo, entre eles chegou a Petrogrado Lenin, dirixente bolxevique. Este defendía que a revolución que acababa de producirse debía superar a fase liberal-burguesa que representaba o goberno provisional e converterse nunha revolución proletaria, que acabase co capitalismo e a burguesía e lles outorgase o poder aos obreiros e aos campesiños (ditadura do proletariado). -
A Revolución de febreiro de 1917
-
O Tratado de Brest-Litovsk
Asinado en marzo de 1918 entre Rusia,pois decidiu abandonar a guerra polo triunfo dunha revolución, e Alemaña. -
Execución de Nicolao II
No medio do clima de violencia da guerra civil e ante o temor de que o tsar puidese ser rescatado polo Exército Branco, en xullo de a918 Nicolao II e a súa familia foron executados polos bolxeviques en Ekaterinburgo, onde se achaban prisioneiros. -
Period: to
A guerra civil
-
O armisticio
Na fronte balcánica, británicos, franceses e italianos derrotaron, respectivamente a turcos, búlgaros e austríacos. O 3 de novembro, o Imperio austrohúngaro rendeuse e o seu emperador abdicou.
Na fronte occidental, os aliados gañaron na zona do Marne e o exército alemán retirouse. A partir de setembro, o Reich empezou a afundirse: a mariña amotinouse e estalou unha revolución inspirada no modelo ruso. O 9 de novembro, o káiser abdicou, proclamouse unha república e asinouse o armisticio o día 11 -
Conferencia de París
En 1919, os países vencedores reuníronse en París para preparar uns tratados de paz que remodelasen Europa.
O presidente dos EUA propuxo un programa de 14 puntos para negociar a paz.
Establecéronse cinco tratados, un dirixido a cada país vencido, e todos eles tiveron que pagar reparacións de guerra e ceder territorios aos vencedores.
O máis importante foi o de Versalles, que obrigaba a Alemaña a recoñecer a súa responsabilidade na guerra e que lle impoñía condicións moi severas. -
A Sociedade de Nacións
Foi unha proposta do presidente estadounidense Wilson e tratábase dunha organización internacional que debía garantir a paz no futuro e fomentar a colaboración e a cooperación entre Estados. -
-
Period: to
Os Felices Anos 20
-
Partido Nacional Fascista
En novembro de 1921 Mussolini fundou o PNF que alcanzou rapidamente os 7000000 afiliados. Dotou o partido dun programa populista no social, pero defensor da propiedade privada e fortemente nacionalista e militarista. Tamén adoptou unha simboloxía propia: a camisa negra como uniforme e o saúdo á romana co brazo en alto, e o fascio como emblema. -
Creación da URSS
Finalizada a guerra civil, en 1922 creouse a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas, que abranguía distintas repúblicas autónomas e federadas. -
Mussolini xefe de goberno
En outubro de 1922 os fascistas inciaron a denominada marcha sobre roma, un golpe de estado encuberto no que o rei Victor Manuel III, presionado, nomeou a Mussolini xefe de goberno aínda que este mantivo a monarquía como forma de Estado. -
A Constitución soviética de 1923
Estableceu un novo modelo de Estado baseado nos sóviets, que negaba as eleccións libres e o parlamentarismo.
Estes principios marcaron a estrutura política do Estado soviético, que foi reafirmada por Stalin e se mantivo con moi poucos cambios ata a fin da URSS. -
Ditadura fascista
En 1925 Mussolini iniciou a instauración da ditadura fascista que se caracterizou pola supresión da democracia, a concentración de todos os poderes, creación dun Estado corporativo, establecemento das relacións co Vaticano, inicio dunha política exterior expansionista e aprobación de leis raciais. -
Ascenso do partido nazi
Ao saír de prisión, o liderado de Hitler dentro do partido reforzárase. Era coñecido como Fürer e en 1925 creou a súa propia milicia, a SS.
Hitler elaborou unha estratexia para chegar a o poder por vía parlamentariae converteu o partido nunha organización de masas que rápido obtivo seguidores. -
A febre bolsista
A economía estadounidense veuse afectada pola sobreprodución, deste xeito, chegou un momento no que a demanda medraba máis amodo que os beneficios e a xente empezou a comprar accións na Bolsa. A alza do valor das accións foi xerando unha burbulla especulativa, na que o prezo das accións aumentou sen ter relación co valor real da empresa. -
Stalin no poder
Na loita pola sucesión de Lenin, Stalin conseguiu facerse co poder, encarcerar a Troski e mandalo ao exilio, pois manexaba os resortes internos do partido.
O resultado foi o establecemento dun poder autoritario, o reforzamento do partido e dos seus métodos centralistas de decisión e a imposibilidade de calquera vía de participación democrática. -
Stalinismo
-
-
O New Deal de Roosevelt
O New Deal foi unha nova política que puxo en práctica o presidente dos Estados Unidos Roosevelt para superar a crise económica e paliar os seus efectos sociais. O seu programa defendía a intervención pública, considerada necesaria para saír da depresión.
Promulgáronse axudas para o pagamento de hipotecas, a Lei de Axuste Agrario, a lei de relacións laborais ou un seguro de desemprego, entre outros. -
Hitler chanceler
Tras a crise de 1929 e o fracaso da República de Weimar, o Partido Nacionalsocialista adquiriu unha forza imparable, pois pensaban que só Hitler lles podería proporcionar a cada cidadán e a Alemaña un futuro de grandeza e prosperidade.
Tras o nomeamento como chanceler, Hitler procedeu a establecer, moi rapidamente, un réxime totalitario en Alemaña. -
Leis de Nuremberg
Leis de caracter racista e antisemita que formaron parte da lexislación racial da Alemaña nazi. -
A proposta keynesiana
Tamén chamada multiplicador keynesiano, foi unha proposta que defendía o investimento do Estado aumentando o gasto público. Aínda que iso crease déficit, este gasto aumentaría o emprego e con el o consumo e a demanda nunha proporción maior ao importe. -
Constitución URSS
A Constitución de 1936 definía a URSS como un Estado socialista de obreiros e de campesiños que se fundamentaba na representatividade dos sóviets.
Formalmente era un Estado federal e democrático, que recoñecía as diversas nacionalidades, o sufraxio universal, a división de poderes e os dereitos dos cidadáns.
En realidade, os dereitos e as liberdades eran inexistentes e o control de todas as institucións do Estado por parte do PCUS era absoluto. -
URSS terceira economía mundial
En 1939, a URSS experimentara un gran crecemento económico que a convertera na terceira economía mundial, tan só por detrás dos Estados Unidos e de Alemaña.